Esquerda Unida
172 subscribers
1.58K photos
63 videos
22 files
1.61K links
Canle de información de Esquerda Unida.
Download Telegram
🌳A reforma forestal aprobada en Portugal provocaría que a maior empresa pasteira do país veciño, The Navigator Company, antiga Portucel, se instale en Galicia, onde prevé reforzar a súa presenza. É por isto que cómpre poñer en marcha políticas que impidan o lucro co eucalipto, unha árbore que aparece como acelerante na maior parte dos lumes que se rexistran no monte galego. Ler en: http://www.europapress.es/galicia/agro-00246/noticia-eu-denuncia-ausencia-plan-riguroso-contra-fuego-pone-peligro-ecosistema-gallego-20170810184521.html
Este sábado 12 temos unha cita en #Pontevedra ás 20h. para esixir a abolición das touradas, basta XA! #TouradasNon ✊️Imos!
Forwarded from Eva Solla Fernández
Onte cumpriuse un mes dende que a veciñanza de Rianxo decidiu pecharse no seu concello reclamando un centro de día para a vila, prometido fai xa unha década.
Moito antes, mobilizacións, protestas e un traballo que apoiamos dende o inicio.
Fai un par de meses pediamos na Comisión de Sanidade e Políticas Sociais do Parlamento de Galicia a construción de ese centro, máis o PP votaba en contra.
Así defendín o dereito de veciñas e veciños:
https://m.youtube.com/watch?v=XwyG9pHpHiw

Hoxe, eses homes e sobretodo mulleres, continúan un peche de dignidade que debera facer que o Conselleiro de Políticas Sociais se dignase a atender esta demanda.
Esta semana, a concelleira de Economía e Facenda de Santiago de Compostela, María Rozas fixo balance da política de persoal e contratación e dos esforzos para recuperarse despois do "ERE encuberto" no mandato do PP e as enormes limitacións da Lei Montoro. Máis info en: https://goo.gl/5VvDNk

👉O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, xunto coa concelleira de Benestar Social, Saínza Ruíz, presentaron esta semana a Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo público de axuda no fogar e asistencia domiciliaria. Ler en: https://goo.gl/YQNqRM

📋Deixámosvos aquí as emendas da Marea de Vigo ás #Ordenanzas2018, ver en: http://www.mareadevigonoconcello.gal/outros-documentos/emendas-da-marea-de-vigo-proposta-de-modificacion-de-ordenanzas-fiscais-para-o-2018/
Mañá venres estaremos en Boiro onde a nosa coordinadora nacional participa na homenaxe organizada por BoiroNovo a Antonio Seoane, republicano asasinado polo franquismo. #FacendoMemoria
Toda a nosa solidariedade co pobo catalán e coas vítimas do atentado de Barcelona. Frente ao terror e ao odio, nin un paso atrás
Forwarded from Eva Solla Fernández
Lamentablemente, en solidaridade coas familias das vítimas do atentado, suspendemos o acto do día da Galiza mártir na honra de Seoane que Boiro Novo tiña organizado para hoxe.
Agardamos poder entre todas atopar unha data para retomalo.
Gracias ás compañeiras e compañeiros que traballaron
para organizalo.
Mañá mércores, estaremos unha vez máis na rúa e sumámonos ao chamado dos colectivos feministas tras o asasinato machista que tivo lugar na Coruña. #QuerémonosVivas
#NinUnhaMenos
Forwarded from Canal de Yolanda Díaz
‼️Presentamos en rolda de prensa as iniciativas de En Marea no Congreso para esixir que o Estado participe, a través da SEPI na propiedade e xestión da rede de distribución de enerxía. O control en mans públicas é clave para o proceso de transición enerxética, entendido como a transformación do modelo enerxético actual, un novo modelo enerxético que se apoie principalmente nas enerxías renovables e na eficiencia enerxética. A enerxía é un ben público, un dereito de todas e todos, que debe deixar de ser propiedade de catro grandes empresas privadas que ademáis sirven de portas xiratorias aos dirixentes do PP.
Forwarded from Canal de Yolanda Díaz
🏛Hoxe comparece a Ministra de Emprego para explicar as razòns polas que non prórroga o Plan Prepara e ás previsiòns a este respecto.
As persoas en desemprego sufriron recortes nas prestaciòns absolutamente indecentes. Elxs pagaron o rescate á Banca.
Estes recortes non atopan xustificaciòn nestes intres nos que os voceiros do PP sinalan que a economía crece a ao ritmo de antes da chamada "crise".
Se o seu discurso da recuperaciòn é certo, por qué manteñen os recortes en protecciòn social?
A protección en desemprego caeu 26 puntos e agora, por razòns inxustificadas, a Ministra aínda non prorrogou o Plan Prepara.
Dende @EnMarea instamos á pròrroga deste Plan que é un único recurso co que contan centos de miles de persoas que se atopan en situaciòn de desemprego .
Hoxe intervén Mariano Rajoy para "dar explicacións" no congreso sobre o seu coñecemento e participación na trama que financia ao partido máis corrupto de Europa, o Partido Popular.
Máis de 860 millóns de euros, que de seguro serán máis xa que aínda están pendentes de pechar 3 autos. Este é o partido que goberna no estado, o mesmo que di traballar para a cidadanía... #GÜRTELisComing
Aquí podedes ver a intervención en directo: https://www.youtube.com/watch?v=Lb6CA4WeByI
🎥 Esta mañá estivemos xunto á coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, acompañando á cidadanía de #Rianxo, que reclamaba na porta do Parlamento de Galicia a construción dun necesario centro de día. Ver en: https://goo.gl/cwsNso

O Goberno de Ferrol ven de presentar +Rural, un programa de acción e atención específica á zona rural co fin de dar resposta ás demandas de todas as parroquias do municipio, cun calendario de traballo que vai de setembro ata a primavera do 2018. Ler en: https://goo.gl/XNsNQg
📢 Esquerda Unida denuncia que o aumento das execucións hipotecarias amosa que a recuperación económica non chega ao peto das galegas e galegos. Ler en: https://goo.gl/k368Sf

🌊 En Marea inicia a redacción da Proposición de Lei sobre Igualdade Retributiva entre homes e mulleres. A voceira de En Marea, Yolanda Díaz, afirma que “será unha lei ambiciosa pero realista”. Ler en: https://goo.gl/TUv9eh

O Concello de Coruña pon en marcha a liña de axudas para libros de texto e material escolar dos e das cativas de familias en situación de vulnerabilidade. A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, explicou que o orzamento destinado é de 847.000 euros. Ler en: https://goo.gl/yWix5G