En Marea
481 members
1.53K photos
32 videos
26 files
2.83K links
Canle de difusión de En Marea
Download Telegram
to view and join the conversation
🔈Boa Tarde aquí podedes ler a axenda de En Marea para mañá. Tamén o cartaz coas principais actividades da Folga polo Clima que terá lugar en toda Galicia
🗣🔈Paula Verao defendeu esta mañá no Debate do Estado da Nación propostas de resolución de En Marea, centradas nas emerxencias climática, feminista e social.

🛎En Marea propón un Pacto Social Galego contra o Cambio Climático, unha transición enerxética e de modelo industrial que xere postos de traballo dignos.

🔑"Galicia pode ser líder nas renovables; cun modelo que revirta nas comunidades locais e non destrúa espazos naturais e patrimonio”.

🗳“Hai unha feminización da pobreza, con peores empregos e peores taxas de pobreza e exclusión, alén de máis carga de coidados: as mulleres son maioría nas solicitudes de RISGA.
Hai tendencias regresivas que buscan frear as conquistas feministas, pero a nova ola do feminismo é imparable, nada tememos a “esas serpes e cans que nos queren calar”.
📺Aquí o vídeo completo da intervención de Paula Verao: https://www.youtube.com/watch?v=iB2YN4HOf3c&feature=youtu.be

👉Aquí están as 40 propostas de resolución de En Marea: https://www.dropbox.com/s/2ifesamf03gbz04/Propostas%20En%20Marea.pdf?dl=0

🐥Podedes ler tamén o fío de twitter 👇
https://twitter.com/En_Marea/status/1177544579794571266
🏭A central de As Pontes vai pechar despois dunha década de mentiras por parte de PSOE e PP, estás son as medidas que propoñemos para evitar outra década de enganos

💶O goberno central debe recuperar os 56 millóns do Plan Miner suspendidos por Rajoy en 2012 e destinalos ás primeiras actividades da posta en marcha do Mapa de transición sostible de Galicia

🔌Desenvolver dous proxectos piloto para Ferrolterra, As Pontes, Eume, Ortegal por unha bada e para Cerceda, Ordes, Terras de Melide, Arzúa pola outra, relacionadas coas enerxías renovables e coas tecnoloxías propias da enerxía limpa

🔌Instar a Endesa e Naturgy que desenvolvan proxectos económicos nas contornas de AS Pontes e Cerceda para o mantemento dos postos de traballo das centrais tendo en conta os beneficios obtidos na explotación dos recursos deses concellos

📰 Máis información na web de En Marea
https://i.gal/BK0vY
📨Comunicado

En Marea priorizará a candidatura única galega e descarta unha alianza con Más País


Santiago, 29 de setembro de 2019.- En Marea centrará os seus esforzos para as vindeiras eleccións xerais en promover a candidatura galega única ampla e que represente os intereses de Galicia en clave progresista. O consello da mareas decidiu priorizar esta candidatura diante da incompatibilidade que as formacións que poderían conformar esta candidatura única teñen para formar alianzas máis alá do espazo galego e tamén pola dificultades encontradas para que Más País asumira unha auténtica axenda galega e un marco verdadeiramente confederal no funcionamento da alianza.

O consello das mareas optou por impulsar decididamente unha candidatura única de forzas progresistas galegas tal e como propuxo no seu chamamento hai unha semana, chamamento que tivo eco nas propostas realizadas por Anova e Compromiso por Galicia. Desde En Marea emprazamos ás demais forzas progresistas galegas a sumarse a esta candidatura única co obxectivo de conseguir unha axenda política propia no Congreso e, ao tempo, desenvolver unha axenda social e democrática que atenda as emerxencias que vive o noso país, climática, feminista e social.
🗣🔈Luís Villares defende o inicio da planificación da transición ecolóxica de Galicia e o control dos residuos das explotacións gandeiras intensivas na comarca da Limia.

🔑"Queremos mandar unha mensaxe clara: As actividades gandeiras e a protección da natureza son perfectamente compatibles e é necesario que así o sexan".

🗳Sobre Povisa: "Defendemos a desmercantilización total do noso sistema sanitario. Non se pode facer negocio coa vida da xente e por iso propoñemos a adquisición pública do hospital e ter así un servizo 100% público.

📺Tendes aquí a comparecencia completa de Luís Villares:
https://youtu.be/6bdCWYTIM04

🐥Podedes ler tamén o fío de twitter sobre o debate aquí 👇
https://twitter.com/En_Marea/status/1178994116102955014
🗣🔈Luís Villares: “A única fábrica que funciona ben na Galicia de Feijóo é a fábrica do paro”.

🔑Galicia (2’06%) sufre un incremento na súa taxa de desemprego máis de catro veces superior á taxa estatal (0’45%). En total, Galicia conta con 3165 parados máis.

🗳“Como denunciamos no Debate do Estado da Nación, desde que Feijóo goberna deixaron de executarse 945 millóns de euros en políticas de emprego. O primeiro que solicitamos é se execute o orzamentado e, o segundo, é que na previsión dos orzamentos do ano que vén haxa un cambio na política de emprego da Xunta de Galicia para evitar a continua destrución e a perda de oportunidades, especialmente para a xente moza do noso país”.

🐥Máis información aquí👇
https://enmarea.gal/luis-villares-a-unica-fabrica-que-funciona-ben-na-galicia-de-feijoo-e-a-fabrica-do-paro/
🗣🔈O informe da valedora do pobo reafirma o discurso de En Marea no Parlamento Galego. Sanidade, vivenda e loita contra os lumes concentran a maior parte das críticas, amosando unha realidade totalmente contraria á da que tanto presume o goberno de da Xunta de Galicia,

🔑Luís Villares e Davide Rodríguez compareceron esta mañá para falar das coincidencias entre o informe e a axenda de En Marea : “Houbo unha serie de cuestións que nós denunciamos, ás que propuxemos alternativas e que sistematicamente foron censuradas polo Partido Popular dicindo que caiamos nun alarmismo inxustificado”.

📺Tendes aquí a comparecencia completa de Luís Villares e Davide Rodríguez:
https://www.youtube.com/watch?v=nEYCePV2qS4

🗳Documento completo que amosa as coincidencias:
https://enmarea.gal/web2017/wp-content/uploads/2019/10/Valoracio%CC%81n-informe-Valedora-2019.pdf

🐥Podedes ler tamén o fío de twitter aquí 👇
https://twitter.com/En_Marea/status/1180040554199048193
🗣🔈Pancho Casal: “O último informe do CES é unha emenda á totalidade ás políticas económicas e sociais da Xunta de Galicia. Comparen os datos aportados por este organismo independente e plural coa Galicia de ciencia ficción que en cada pleno presenta o presidente Feijóo”.

🔑O deputado de En Marea compareceu para falar das coincidencias entre o informe do CES e as medidas que leva En Marea solicitando ao longo desta lexislatura: “Parece que sen un Sánchez ao que votar a culpa de todos os males da economía galega o Goberno da Xunta quedaría sen discurso”.

👉Galicia perdeu un total de 71.300 persoas nos últimos 10 anos, con especial incidencia entre a mocidade. Isto supón un ritmo de perda de poboación activa (-5,4%) que quintuplica o descenso medio do Estado (1,1%).

📺Tendes aquí a comparecencia completa de Pancho Casal:
https://www.youtube.com/watch?v=S6Nck5FfTHM&feature=youtu.be

🗳Información completa da comparecencia: https://enmarea.gal/pancho-casal-o-ultimo-informe-do-ces-e-unha-emenda-a-totalidade-as-politicas-economicas-e-sociais-da-xunta-de-galicia/

🐥Podedes ler tamén o fío de twitter aquí 👇
https://twitter.com/panchocasal/status/1181158993995190273
🗣🔈Davide Rodríguez: “A Xunta é a responsable da situación dos ríos galegos que están nunha situación lamentable, non temos máis que achegarnos á Baixa Limia para ver en que estado está o encoro das Conchas”.

🔑A lei de auga é necesaria, pero non esta lei que presenta a Xunta de Galicia que non atende a ningunha das necesidades do coidado e o uso das augas. Esta lei só atende á privatización e en ningún caso á conservación.

📺Tendes aquí a intervención completa de Davide Rodríguez:
https://www.youtube.com/watch?v=HwoMBks_Zew&feature=youtu.be

🐥Podedes ler tamén o fío de twitter aquí 👇
https://twitter.com/En_Marea/status/1181513415384326145
🗣🔈Pancho Casal: “Solicitamos que a Xunta de Galicia actúe do mesmo xeito que a maioría de rexións Europeas afectadas pola transición enerxética, creando emprego de calidade. Aínda hai tempo para facelo e orzamentos europeos e estatais cos que poder favorecela .

👉"Veñen aquí a mentirlle ás veciñas e aos veciños das Pontes, por un puñado de votos, no lugar de traballar no que de verdade podería garantir o futuro das hipercomarca de Ferrolterra-As Pontes-Eume-Ortegal e Cerceda-Ordes-Terras de Melide-Arzúa"

🐥Podedes ler tamén o fío de twitter aquí 👇
https://twitter.com/En_Marea/status/1181615930608148482
🗣🔈Luís Villares afirma no debate sobre o teito de gasto que a austeridade provocou máis sufrimento e menos crecemento económico.

🔑"Galicia atópase nunha emerxencia industrial-ambiental, nunha emerxencia feminista e nunha emerxencia social, e a Xunta non só non fixo nada por atender a tales emerxencias, senón que é culpable, a través dunha xestión económica delirante e autodestructiva (tan so hai que ver o mapa da desindustrialización galega) de fomentar e afondar estas emerxencias ".

📺Tendes aquí a comparecencia completa de Luís Villares:
https://www.youtube.com/watch?v=bkBqjBE-pkc

🐥Podedes ler tamén o fío de twitter sobre o debate aquí 👇
https://twitter.com/En_Marea/status/1181924928888741888
🔊🗞Bo día! aquí podedes ler o artigo do noso deputado, Francisco Casal, sobre a situación de Isowat e por que a Xunta non quere considerar nas empresas o seu carácter estratéxico


https://praza.gal/opinion/e-isowat-unha-empresa-estratexica-para-galicia
🔊🔊 SENTENZA DO PROCÉS
Os tribunais non poden arranxar un conflito político. A sentenza do Procés non solucionará unha situación que debe ser desbloqueada desde o diálogo e desde o coñecemento do que quere a cidadanía catalana. Aquí podedes ler o noso comunicado.

https://i.gal/cCM9s
🗣🛎🔈TRES EMERXENCIAS QUE PADECE GALICIA: CLIMÁTICA, FEMINISTA E SOCIAL

➡️No vindeiro pleno faremos que o Parlamento aborde as tres emerxencias nas que vive Galicia

➡️Queremos que as comarcas de As Pontes e Cerceda sexan espazos pilotos para a posta en marcha da transición enérxetica sustentable

➡️Preguntamos ao goberno que fai para corrixir a falta de igualdade que padecen as mulleres no rural galego no Día internacional da muller rural

➡️Pedimos un cambio no regulamento do Parlamento de Galicia para conseguir un trato igualitario desta institución para todas as persoas independentemente da súa diversidade funcional

Podedes ver aquí o vídeo da intervención de Luís Villares
https://youtu.be/2982GOt2mik
Este venres, na Sala F do Parlamento ás 17:00h conversaremos sobre o dereito a un final de vida digno, nunha xornada en defensa da despenalización da eutanasia e do suicidio asistido.

A xornada será, como non podía ser doutro xeito, aberta ao publico e retransmitida en directo no noso facebook. Se nos remitides ao mail info@enmarea.gal o voso nome completo e DI, a vosa entrada no Parlamento será moito máis áxil.
🗣🔈Pancho Casal defendeu hoxe a recuperación das concesións hidroeléctricas caducadas ou con caducidade a curto prazo para a explotación por parte das comunidades enerxéticas locais.

👉"O tema clave é a falta de políticas na reversión de saltos. É necesario o deseño dunha política xeral de ámbito territorial en relación cos beneficios que xera un ben de dominio público como é a auga".

👉"Os destinatarios dos beneficios deben ser os cidadáns. Deben contemplarse fins de utilidade pública ou con interese social que melloren o benestar en todos os ámbitos: social, cultural e de economía sustentable, que axuden a recuperar os territorios afectados".

🐥Podedes ler tamén o fío de twitter aquí 👇
https://twitter.com/En_Marea/status/1184402032301608960
🔉Este venres defenderemos un dereito que debería ser elemental, o dereito a un final de vida digno.

👉Farémolo cunha conversa pública no Parlamento Galego na que participarán a presidenta de Dereito a Morrer Dignamente Galicia, Ascensión Cambrón, coa médica do Servizo Galego de Saúde, Isabel Blanco, e co activista Xosé Lois Vilar.

🔑Se queredes facer máis áxil a vosa asistencia enviade os vosos datos (nome e D.I) a info@enmarea.gal.