Deputación Pontevedra 📣
338 subscribers
2 photos
2 files
171 links
Canle oficial da Deputación de Pontevedra en Telegram
🌐 http://www.depo.gal
Download Telegram
🎙 O martes 29 de marzo presentamos no Salón de Plenos da Deputación o libro 'As #MulleresQueOpinan son perigosas. Catro anos e unha pandemia despois', que recolle os relatorios do 1º encontro de mulleres xornalistas e as súas reflexións na actualidade despois deste tempo. O prólogo é de Ana Pardo de Vera e as ilustracións de Emma Gascó. Acompáñanos! E temos notición: este ano será presencial!!! 🤩🤩🤩
👉 Máis info
🎥 Este sábado comezan as proxeccións do #CicloMestreMateo que organizamos en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual! Proxectaremos durante 8 meses as cintas candidatas e gañadoras dos Mestre Mateo 2022 en Cambados, Forcarei, Poio, Ponteareas e Redondela. Comezamos co documental 'O Gran Camiño'
👉 Máis info
E moitas grazas a todas e todos pola vosa resposta ás nosas actividades culturais: esgotamos as prazas para asistir como público ás 2 funcións de mañá para celebrar o Día do Teatro 🎭 e ás xornadas de Memoria Histórica 'Individuas de dudosa moral' sobre a represión á sexualidade das mulleres no franquismo! 👏👏👏
🏰 HOXE ÁS 9:00 H ABRIMOS AS RESERVAS para asistir ás xornadas de portas abertas do #CastelodeSobroso
📬 reservas.castelodesobroso@depo.gal
🗓 9, 10, 14, 15 e 16 de abril
Ás 11:00, 12:00, 13:00, 16:00, 17:00 e 18:00 h
👥 15 persoas por quenda
👉 Máis info

📬 Tamén estás a tempo de confirmar a túa asistencia para esta tarde na sede de Vigo. Abrimos 'Materia tatuada', unha exposición que recompila o traballo de Soledad Penalta sobre metal. Comisaria: Rosario Sarmiento. Ás 19:00 h con actuación de Sara Casas
👉 Máis info

👃 E o xoves abrimos no #MuseoPontevedra unha exposición que recompila máis de 200 obxectos relacionados cos perfumes das grandes casas francesas. Temos algúns frascos que son... unha delicia! 🤩 Inauguración ás 19:00 h e poderase visitar ata o 12 de xuño no Edificio Castelao
👉 Máis info
📚 Celebramos o #DíadoLibro por partida dobre na nosa sede de Vigo!

🗓 O venres ás 19:00 h inauguramos a exposición 'Contos e países', unha revisión crítica á historia da literatura infantil. Inclúe contacontos a cargo de Bea Campos
👉 Info

🗓 O sábado ás 12:00 h presentamos o novo libro 'Tes cinco minutos', cunha escolma de textos elaborados polo alumnado da Escola de letras da Deputación e Galaxia. Inclúe actuación musical de Patricia Rey
👉 Info
Queres asistir? Confirma en 📬 participa.cultura@depo.gal!
📢 Hoxe traémosvos un monográfico de actividades de memoria historica

📚 Esta tarde presentamos na biblioteca de Marín o libro ‘Galegos no exército de Euzkadi 1936-.1937’, do autor Sergio Balchada. Está editada pola Deputación en colaboración coa Asociación de Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMHM)
👉 Info

📬 Confirmación de asistencia en memoriahistorica@depo.gal
Este sábado celebraremos o centenario de Xosé Velo coa estrea do documental ‘Xosé Velo. O libertador ibérico’ e o libro ‘Xosé Velo. Textos escollidos’. Será ás 11:30 h no Salón de Plenos do Pazo provincial
👉 Info

📬 Confirmación de asistencia en memoriahistorica@depo.gal
🏫 Ademais, os días 29 e 30 de marzo organizamos as xornadas 'A (des) memoria nas aulas' para crear un lugar de encontro no que o profesorado poida coñecer recursos, ideas e proxectos sobre como abordar a guerra civil e a ditadura nos centros de ensino
👉 Info e inscricións
🎬 Nova xornada de cinema mañá no #CicloMestreMateo da Deputación e a Academia Galega do Audiovisual! Será a quenda de 'A virxe roxa', como sempre en Cambados, Forcarei, Poio, Ponteareas e Redondela
👉 Info

🎬 E falando de audiovisual, a primeira xornada da #EscolaMaríaVinyals de 2022 centrarase este mércores na decisión que teñen que tomar algunhas mulleres entre ser directoras ou produtoras executivas. Ou é en realidade unha necesidade? Aínda quedan prazas!
👉 Info
👟 Xa están abertas as inscricións para participar na primeira #DepoAndainas do ano!
🗓 Será o 7 de xuño 📍 en Meis e ofrecemos 🎫 200 prazas de balde
🌐 https://www.depo.gal/web/edepo/-/depo_andainas

🌲 Tamén estreamos as inscricións para participar en #BosquesTerapéuticos en xuño! As visitas á illa de Tambo xa están esgotadas pero temos moitas outras propostas igual de interesantes!
🌐 https://www.depo.gal/web/edepo/-/bosques-terapeuticos
Ola, plans culturais pola provincia! 👋

Propoñemos 5⃣ roteiros literarios para coñecer a provincia a través da literatura: Vigo, A Estrada, Bueu, Pontevedra e Cuntis
👉 Info e inscricións

🖼 Nova exposición na sala Maruja Mallo, na nosa sede de Vigo. 'Un bel di vedremo', de Pilar Alonso, abre este venres ás 19:00 h cun solo de danza de Rut Balvís
📬 Se queres asistir, confirma en participa.cultura@depo.gal
👉 Info

🎶 A primeira fin de semana de xuño (a que vén! Xa está aquí!) chega o PortAmérica a Portas e Caldas! Iniciamos o circuíto de #RíasBaixasFest 2022 por todo o alto 😍

E outra cousa...
👩‍🍳👨‍🍳 Estás tardando en darlle amor ao reel que subimos hoxe a 📷 Instagram: un resumo dos petiscos que degustamos co programa Degusta Europa no mercado de Pontevedra para celebrar o Día de Europa con pratos de inspiración europea e sabor local. Elaborounos o alumnado do Carlos Oroza, ao que lle damos de novo os parabéns polo traballazo. Podes velo aquí e de paso seguir a nosa canle! 🔔
🗞 Volven as #MulleresQueOpinan! Mamen Mendizabal, Mercedes Milá, Ana Pardo de Vera, Marta García-Aller, Estefanía Molina... Un cartel de luxo! Será o 10 e 11 de xuño no Museo de Pontevedra. As persoas que se inscriban para asistir presencialmente recibirán un exemplar do libro 'Catro anos e unha pandemia despois'
👉 https://www.depo.gal/-/as-mulleres-que-opinan-son-perigosas

🤡 E este domingo tamén no Museo celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente cun festival clown a cargo dos Cartoons de Josito Porto e Víctor Mosqueira. A entrada é libre ata completar capacidade!
👉 https://www.depo.gal/web/edepo/-/noticia-o-museo-acolle-un-espectaculo-de-clowns-para-crianzas-sobre-reciclaxe-e-conciencia-ecoloxica-para-celebrar-o-dia-do-medio-ambiente

🎶 Mañá na sede de Vigo acollemos unha mesa redonda do programa Descúbreas na que Patricia Hermida, Rebeca Rods e Salomé Limón abordarán as posibilidades laborais para as mulleres na música. Non a perdas!
👉 https://descubreas.com/gl/descubreas-organiza-o-3-de-xuno-unha-xornada-sobre-as-posibilidades-laborais-da-musica/
👋 Ola! Toma nota de todas as propostas de lecer que traemos hoxe 👇

🚣‍♀️🚣‍♂️ Apetéceche facer caiac polo río Miño? Aínda temos prazas na 1ª quenda de #DepoAuga o 26 de xuño nas Neves! De 10:00 a 11:15 h
👉 https://www.depo.gal/web/edepo/-/depo_auga

🐦 Es máis de observar aves? Tamén temos propostas para ti. #VoandoNasRíasBaixas chega ás Brañas de Xestoso, en Forcarei e Silleda, o 19 de xuño e aínda temos prazas dispoñibles
👉 https://www.depo.gal/web/edepo/-/voando-nas-rias-baixas

🏖 Pero antes de todo iso, este mesmo sábado, estaremos recollendo #basuraleza na praia do Muíño, na Guarda, no marco do programa estatal #ProyectoLIBERA de SEO/Birdlife e Ecoembes. Buscamos voluntariado!
👉 https://www.depo.gal/-/proxecto-libera
📍 Tamén o sábado organizamos un 'Vieiro polo Museo con Florencio Delgado', homenaxeado nas Letras Galegas 2022, a cargo de Polo Correo do Vento. Ás 12:30 h con entrada libre
👉 https://www.depo.gal/-/noticia-vieiro-polo-museo-con-florencio-delgado
Apúntate ao café networking SmartPeme que organizamos este luns con Yaiza Canosa, emprendedora fundadora e CEO da empresa de loxística GOI. Será o luns ás 11:00 h na nova sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo (rúa do Areal)
👉 Aquí tes toda a info

🎶 A música foi obxecto dunha gran represión por parte do franquismo. O sábado 2 de xullo celebraremos a vida e traxectoria desas persoas cunha Foliada da Memoria en Moneixas, Lalín. Será un día grande conducido por Xurxo Souto cunha morea de actividades. As inscricións están abertas ata o 20 de xuño e en función da orixe das persoas estableceranse puntos de traslado en autobús
👉 Infórmate e inscríbete aquí

🎥 Acabamos de presentar o Encontro Luso-Galaico de Festivais Audiovisuais, 2 xornadas en colaboración coa coordinadora Proxecta nas que afondaremos en todos os axentes implicados na súa viabilidade. Clausurá o evento o director do Festival de Sitges! Pénsalo perder? O 17 e 18 de xuño no Pazo provincial
👉 Preme aquí para enterarte de todo

📚 Mañá ás 20:00 h presentamos no Eirado do Ferreiro, en Moaña, o catálogo 'Máis alá da paisaxe' de Lino Portela, editado polo noso servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. A asistencia é de balde ata completar capacidade

E se queres un anticipo de todas as actividades culturais que imos organizador de aquí a finais de ano, bótalle un ollo á programación de
#ConFiandoCultura

👋 Ata a próxima!
🔴 Estamos en directo! Comeza o V Encontro de Mulleres Xornalistas #MulleresQueOpinan desde o Museo de Pontevedra
📡 Non podes achegarte? Síguenos por streaming!
👉 Accede aquí a todas as quendas de emisión: venres mañá, venres tarde, sábado mañá e sábado tarde. Contamos contigo!
👋 Ola! Que tal vai iso? Listas e listos para a noite de San Xoán? 😍 Mentres ides estirando para saltar ben as fogueiras, traémosvos algunha que outra proposta que cremos que vos vai gustar. Apuntade, apuntade!

🏰 #TrasAsAmeas, 14 actividades culturais no Castelo de Soutomaior e o Castelo de Sobroso. Estreamos temporada o 30 de xuño en Sobroso cun concerto nocturno a cargo de Faia Díaz & Benxa Otero. Queres asistir? Envíanos o formulario cos teus datos!

🎻 Outro programa cultural que volve este verán é #MúsicaNoAr! 13 concertos de música de cámara en 13 elementos de alto valor patrimonial. O martes estreamos no patio de armas do Castelo de Soutomaior e, se queres asistir, debes 📬 confirmar en participa.cultura@depo.gal

👩‍🎓👨‍🎓 A #FacultadeÁgora segue movéndose pola provincia e este xoves é a quenda de descubrir a transformación do espazo público no concello de Tomiño nun novo obradoiro no que contaremos coa colaboración de Marius Porto

🎨 A sede de Vigo acolle desde o mércores unha nova exposición, 'Ilustrando Rías Baixas', que recolle a visión de 8 artistas sobre recursos da nosa provincia: a natureza, as cidades, o patrimonio... Visítaa na sala Rosalía de Castro e bótalle un ollo aos 2 obradoiros que organizamos

Que teñades unha moi boa noite! 😊
👋 Bos días! Tomade boa nota das propostas desta semana

🏰 Este xoves continuamos #TrasAsAmeas do Castelo de Soutomaior co contacontos musical 'Elas pintando moito' de Migallas Teatro. A actividade comeza ás 19:00 h e as prazas xa están esgotadas, pero hai moitas máis! Consulta o calendario na nosa web. Por certo, tamén tedes entradas para asistir ás visitas caracterizadas todos os venres de xullo e os martes e venres de agosto

💃 Este venres é a quenda da estrea de #BailandoATerra, o noso programa de danza en espazos naturais. Comezamos con Trébede na Carballeira de Caldas ás 20:30 h. A entrada é libre! Infórmate aquí

🎶 Os grandes concertos de música galega na provincia levan a marca do #Musigal. Esta fin de semana é a quenda de Baiuca en Poio (o venres), Dakidarría en Vilaboa, os Heredeiros na Guarda (ambos o sábado) e Budiño en Meis como parte da programación da súa Festa dos Callos (o domingo)

👟 Ademais xa está aberto o prazo para participar na nova #DepoAndainas, na que percorreremos a ruta do Mosteiro de Meis o domingo 31 de xullo. Temos 200 prazas e xa hai unhas 60 persoas anotadas!

🚲 Mañá estreamos 'E-Bike Rio Minho', o novo servizo de préstamo de bicicletas eléctricas transfronteirizas para moverse libremente polas eurocidades Tui-Valença, Salvaterra-Monçao e Tomiño-Cerveira! 🙌

📍 E tamén mañá inauguramos na farola de Urzáiz, a carón do MARCO, a exposición sobre os 50 anos da Casa de Rosalía. O acto de apertura será ás 19:00 h e a continuación trasladarémonos á sede da Deputación en Vigo para asistir a unha conferencia a cargo de Anxo Angueira e un concerto de Su Garrido, con entrada libre até esgotar capacidade

Saúdos! 😊😊
Somos a provincia da cultura 🥰

🎶 O #Musigal chega esta fin de semana a Gondomar (Xisco Feijóo, hoxe venres ás 22:30), Lalín (Xisco Feijóo, mañá sábado ás 22:00), Bueu (Guadi Galego, o domingo ás 22:00) e Salceda (Sés, o domingo ás 23:00). Pero non remata aí a música: hoxe pechamos nas Ruínas de San Domingos as noites de música antiga do Museo cun concerto de Musicantes ás 21:00 h

🎻 O ciclo de música de cámara #MúsicaNoAr estará este domingo na Casa Reitoral de Santa Mariña de Covelo co cuarteto de saxofóns Dextrum Ensemble. A entrada é libre!

🏰 A semana que vén temos novas actividades do ciclo #TrasAsAmeas nos castelos: o martes, o espectáculo de maxia do Mago Noel no Castelo de Sobroso (prazas esgotadas) e, o xoves, o espectáculo KOUN(T)ERPOINT no Castelo de Soutomaior: inscricións aquí

📍 Mañá sábado ás 11:30 h sae do edificio Castelao do Museo de Pontevedra un roteiro de Carlos Callón por mor do seu novo libro, 'O libro negro da lingua galega'. Se queres, podes aproveitar para asistir antes (ou á volta) á exposición de arte prehistórica do Museo Arqueológico Nacional que acabamos de inaugurar. Por certo, a semana que vén o Museo acolle unhas novas xornadas de exiptoloxía, os días 20 e 21

🎶💜 E para rematar por hoxe, un planazo para o mércores 20: ás 20:30 h celebramos diante do Pazo provincial a gala de peche da 2ª edición de Descúbreas! Estrearemos as 8 cancións das rapazas que participaron no programa de mentorías e teremos moitas sorpresas como a actuación do coro de góspel de Rebeca Rods, unha das asesoras
📬 Confirma asistencia en protocolo@depo.gal

Poderíamos seguir, pero... Xa volo iremos contando outros días, para que non vos estoupe a cabeza 🤭 Grazas por seguirnos! Ata a próxima! 👋
👋 Bo día, #PontevedraProvincia! Tomade nota das propostas de lecer e cultura que vos traemos hoxe, e estade atentas e atentos ás redes sociais da Deputación e Turismo Rías Baixas porque ides atopar moitísimas máis actividades interesantes polo noso territorio

💃🕺 #BailandoATerra, ciclo de danza en espazos naturais
🗓 Este venres, Nova Galega de Danza no edificio de usos náuticos da Illa de Arousa
🗓 Este sábado, Galicia en Danza no xardín da capela da Virxe de Renda, Poio
Entrada libre. Todos os detalles na nosa web

🏞 A praia fluvial de Vilarello ou a lagoa da mina Mercedes, en Valga, son algúns dos escenarios polos que transcorrerá a #DepoAndainas que organizamos o domingo 4 de setembro. As inscricións están abertas e aínda temos prazas!

🧭 Tamén temos aínda prazas para participar na actividade de orientación do programa #DepoOrienta o próximo 21 de agosto. As inscricións pechan o 16 de agosto, estás a tempo!

🏛 Queres saber máis sobre o Museo de Pontevedra? Apunta os horarios das visitas guiadas do verán para coñecer os edificios Castelao e Sarmiento e as ruínas de San Domingos

🖼 'Cuestión de tiempo' é a nova exposición de Román Corbato na sede de Vigo. Podes visitala ata o 19 de setembro na sala Maruja Mallo, en agosto en horario de luns a venres de 9:00 a 14:30 h. Nela, o artista relaciona o espazo e o tempo, a orde e a medida a través de esculturas, instalacións e fotografías

Ata a próxima!
Ola, ola! Alguén por aquí? 😊

Sabiades que hoxe se escolleu a nova mascota dos campamentos #DepoAventura A Lanzada? 🏕
Corre ao noso Twitter ou ás nosas historias de Instagram para descubrir cal é. Unha pista: 🐈🙊🤭

🗓 Hoxe tamén anunciamos unha nova actividade: a xornada 'Axenda 2030. Emprendemento feminino e innovación' da #EscolaMariaVinyals, o 20 de setembro no Castelo de Soutomaior. Inscricións abertas! 📝

📢 Tamén aprobamos axudas para combater a seca e anunciamos os avances da rexeneración ambiental da Xunqueira de Alba, que suporá o traslado temporal do Parque de Maquinaria ao centro Príncipe Felipe

🔙 Ademais, recomendámosvos a publicación no perfil de Instagram do Museo con publicacións do seu arquivo con motivo da coroación da raíña Isabel II de Inglaterra

Saúdos e feliz fin de semana! 👋👋👋
Ola! Xa é venres! 💖❤️‍🔥🙌

🎬 Convidámosvos a participar na gala dos premios #MulleresNoFoco, un evento cinematográfico no que homenaxearemos as mulleres do audiovisual galego. Arantxa Treus e Mónica Sueiro conducen un evento no que non faltarán a música (a cargo de Sés), o humor nin a fantasía
📍 Venres 30 de setembro no Teatro Afundación de Pontevedra ás 20:00 h
📬 Confirma a túa asistencia en mulleresnofoco@depo.gal

Lembrámosche ademais que esta fin de semana estaremos no Canteira Fest cunha morea de actividades no noso Espazo Memoria, entre elas unha performance moi especial dos Quinquilláns con familiares de persoas represaliadas polo franquismo

Boa finde! 👋
Ola! Non imos mentir: vimos para pedirvos un favor
❤️ Necesitamos a vosa axuda para que o audiovisual #LoveRíasBaixas sume un novo recoñecemento
🗳 Votade nos premios do circuíto internacional de festivais CIFFT para alzarnos co título a mellor vídeo do mundo no voto popular!
Aquí 👉 http://cifft.com/cast-your-vote/
💡 1 voto ao día ata o 20 de outubro. Compartide! 🤗

E falando de premios.... o programa Descúbreas de Regalamúsica apoiado pola Deputación gañou o Martín Códax da Música a mellor espazo de comunicación. 💜🥰 Estamos moi felices!
Aquí tes unhas fotos da gala, onte no Pazo da Cultura de Pontevedra

🔜 E unha proposta cultural para rematar: mañá ás 17:30 h inauguramos na nosa sede de Vigo unha exposición sobre a escritora María do Carme Kruckenberg, comisariada por Mercedes Queixas Zas e cos fondos custodiados pola Fundación Penzol
📬 Para asistir envía os teus datos a participa.cultura@depo.gal

Seguimos en contacto! 👋👋👋
Ola! 👋👋 Fai un chisco que non pasamos por aquí 🙈 pero vimos con moitas propostas de lecer para estes días

🎄 Por suposto, temos que recomendarvos que veñades visitar a decoración de Nadal da Deputación, tanto no Pazo provincial como no Castelo de Soutomaior. Non sabedes o que estades perdendo! 😍

🔔 Lembra: o luns abre o prazo de inscrición das actividades de Nadal do #MuseoPontevedra!

🎥 Días de cine: este sábado proxectamos 'Jacinto' en Forcarei no marco do #CicloMestreMateo, ás 18:00 h no multiúsos de Soutelo. O luns, achegámonos ao auditorio de Mondariz para proxectar o documental '20 anos de dignidade' sobre o afundimento do Prestige, ás 16:15 e ás 20:30 h

🎭 Se es máis de teatro, hoxe podes achegarte a Salvaterra para gozar da función 'Laranxus 7' da compañía Ártika Cía (17:00 h no salón de actos da Casa da Cultura) ou a Agolada para asistir a 'Comando Comadres', de Matrioshka Teatro (20:00 h no auditorio municipal). O sábado e o domingo tamén hai funcións de #TornarÁsTáboas en Vilaboa, Baiona, Moraña, Caldas e Arbo. Consulta o calendario na web

🎁 Aínda estás pensando os agasallos para as máis cativas e cativos? Lembra escoller xoguetes e xogos non sexistas e non violentos. Na nosa campaña #GrazasXoguetes amosamos como os xoguetes nos axudan a descubrir talentos que transcenden os estereotipos de xénero

👩‍🌾 Ademais, lembrámosvos que #ElasSonAForzaDoNadal. Porque grazas a elas, as mulleres de toda a cadea do sector primario (desde a produción ata a comercialización), as mesas de Nadal brillan con luz propia grazas aos nosos produtos de proximidade

🗞 Outras noticias de interese
👉 Presentamos os #CalendariosCompetenciais de 2023
👉 A #FincaMouriscade xa está entre as 12 mellores do Estado
👉 As Audiencias Provinciais de toda España reunirense en Pontevedra en xuño
👉 En Santa Clara atopáronse 2 balas: unha do S. XIX e outra da Guerra Civil

Lémonos! 😉