Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O domingo 22 de decembro, a partir das 19.00 horas, terá lugar o Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-de-nadal-da-asociacion-fogo-fatuo-1
O grupo de teatro Airiños organiza no Centro Social da Atalaia un ciclo de Veladas de Inverno. Desenvolveranse entre o venres 13 e o domingo 22 de decembro.
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/veladas-de-inverno-en-asados
Carpa de Nadal na Praza Castelao, do 24 ao 31 de decembro, con propostas familiares. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/carpa-de-nadal-na-praza-castelao
Do 20 de decembro ao 1 de febreiro, terá lugar na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a apertura da exposición de gravados Sempre en Galiza. Homenaxe Artistas Galegos cedida polo Museo do Gravado á Estampa Dixital. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/exposicion-sempre-en-galiza-homenaxe-artistas-galegos-
CAMBIO DA XORNADA DO SUBTEL DO LUNS 23 PARA O XOVES 2 DE XANEIRO ÁS 10.30 h​​​​​​​

A Deputación da Coruña organiza, a través do programa PEL-Concellos dixitais, unha xornada formativa na plataforma SUBTEL. https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/xornada-formativa-na-plataforma-subtel-para-asociacions
Ven pasar o fin de ano a carpa da Praza Castelao en Rianxo, unha proposta organizada pola Asociación Festival Rock in Rian. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/fin-de-ano-en-rianxo-organizado-pola-asociacion-rock-in-rian
Campaña de concienciación viaria para o Nadal da Policía Local de Rianxo
"Ti decides"
https://www.facebook.com/PoliciaLocalRianxo/videos/1460778840739167/
Este Nadal, merca no comercio local. Gañamos tod@s
Campaña de concienciación viaria para o Nadal da Policía Local de Rianxo
"Ti decides"

Se non o podes ver no Facebook, tamén en YouTube: https://youtu.be/EmHbchgxJ4o
https://youtu.be/EmHbchgxJ4o
Vén pasar o fin de ano a carpa da Praza Castelao en Rianxo, unha proposta organizada pola Asociación Festival Rock in Rian. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/fin-de-ano-en-rianxo-organizado-pola-asociacion-rock-in-rian
O sábado 28 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o derradeiro concerto do ano 2019 a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo. https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-de-fin-de-ano-da-banda-da-escola-de-musica-de-rianxo
Achégase a noite máis máxica do ano, a noite de reis, en Rianxo chegarán ao Porto sobre as seis e cuarto da tarde.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/cabalgata-de-reis-en-rianxo-1
A chegada dos Reis a Rianxo vai ser transmitida en directo polo YouTube. Poderedes seguila en directo, ou volvela ver máis tarde. Permanecede atentas, avisaremos polas redes sociais da URL da emisión.
A cabalgata, en directo!
A Fegamp acaba de asinar coa Amtega un Convenio Marco de colaboración para a posta en marcha de actuacións encamiñadas a mellorar a cobertura de comunicacións móbiles no rural de Galicia.

O Concello de Rianxo, como socio da Fegamp, poñerá a disposición da Amtega as parcelas municipais necesarias para a instalación de antenas destinadas a cubrir as deficiencias nas zonas indicadas, especialmente nos núcleos rurais.

O concello pon a disposición da veciñanza unha enquisa para recoller información sobre as zonas con cobertura móbil deficiente.

https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/enquisa-de-zonas-de-deficiencia-na-cobertura-de-redes-mobiles

https://concelloderianxo.gal/novastecnoloxias/-/blogs/enquisa-de-zonas-de-deficiencia-na-cobertura-de-redes-mobiles
Grazas ás vosas achegas, xa coñecemos varios puntos con cobertura deficiente, como Campelo, Foxacos, Brión ou Lustres. Seguide enviándonos información que será enviada á Amtega para a súa comprobación técnica. Tedes ata o día 17. Neste formulario: https://concelloderianxo.gal/web/forms/shared/-/form/1805275
Outro ano máis, o Concello de Rianxo, organiza os Actos Castelao en homenaxe ao ilustre rianxeiro.

As propostas xa comezaron o pasado 20 de decembro, coa apertura da exposición Sempre en Galiza: homenaxe de artistas galegos e continuarán do 24 de xaneiro ao sábado 1 de febreiro.