Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O venres 19 de xullo terá lugar o segundo concerto do XV Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo.

Nesta ocasión a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira achégase a Rianxo e ofrecerá un concerto na Praza de Rafael Dieste ás 21.00 horas. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/banda-de-musica-recreativa-e-cultural-de-bandeira
O vindeiro sábado 20 de xullo, ás 20.30 horas, a Praza Castelao Roi Casal presenta un gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia Son galego, Son Cubano. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/son-galego-son-cubano-o-espectaculo-musical-de-roi-casal-en-rianxo
https://youtu.be/EFP6wNXhtFI

Sesión organizativa do Pleno do 18 de xullo de 2019, en directo
O Concello de Rianxo organiza o 27 e 28 de xullo unha Festa Gastronómica dos produtos do mar de Rianxo, cun amplo programa de actividades. http://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/festa-gastronomica-dos-produtos-do-mar-de-rianxo-o-27-e-28-de-xullo
Ruta histórica, literaria e paisaxística para familias con crianzas, o sábado, 27 de xullo ás 11:00. Punto de encontro: Lavadoiro da aldea do Pazo (preto do Castelo da Lúa). Idades recomendadas: persoas acompañadas con crianzas de 0 a 11 anos. http://concelloderianxo.gal/normalizacion/-/blogs/2-ruta-do-apego-de-rianxo-o-castelo-da-lua-e-os-grafitteiros-do-pasado
O vindeiro sábado 27 de xullo, ás 23:00 horas, a Praza de Castelao en Rianxo acollerá a Luar na Lubre que ofrecerá un concerto no que presentará o seu traballo Ribeira Sacra. Organizado polo Concello de Rianxo co patrocinio do grupo Cortizo .

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/luar-na-lubre-en-concerto
O 26 e 27 de xullo XII edición do Festival AntrosPinos no Campo Maneiro de Taragoña
http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xii-edicion-do-festival-antrospinos
A Asociación Filatélica e Numismática de Rianxo, organiza a XII Exposición de Selos e Moedas, será do 25 ao 27 de xullo nos baixos do Cuartel Vello da Praza de Castelao. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/xii-exposicion-de-selos-e-moedas
A compañía a Cova as Letras presenta a comedia musical A gata con zocos acompañada da Banda da Escola de Música de Rianxo.

O espectáculo terá lugar o mércores 24 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste en Rianxo. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/a-gata-con-zocos-comedia-musical
O mércores 31 de xullo, ás 22.30 horas, no Paseo da Ribeira (zona do busto de Castelao) terá lugar unha observación astronómica dentro do programa Rianxo Ciencia. http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/observacions-astronomicas-mercores-31-de-xullo-e-martes-6-de-agosto
Exposición NEW YORK JAZZ, pinturas de Delio Sánchez, no Auditorio de Rianxo do 29 de xullo ao 17 de agosto.
http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/noites-de-jazz-exposicion
O Concello de Rianxo organiza dúas excursións turísticas: o venres 9 de agosto á illa de Sálvora e o o sábado 17 á illa de Ons. É preciso reservar praza no teléfono 607 91 15 23
O sábado 3 e o domingo 4 de agosto celébrase en Rianxo a X Festa do Mexillón organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón e o Club de Remo de Rianxo.

Finalmente a carpa estará situada no Campo de Arriba de Rianxo.
Dentro da X Festa do Mexillón de Rianxo, o sábado 3 de agosto terá lugar no Campo de Arriba un concerto a cargo do grupo Os sobrados de Bergondo.