Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
O domingo 23 de xuño, ás 18.30 horas, no Centro Social do Liceo de Rianxo, o alumnado das materias da Uned Senior de Práctica instrumental e de Cultura musical ofrecerá un concerto de fin de curso, acompañado por Jose e Helena de Barahúnda.
A Asociación Cultural A Carballeira de Baia do Araño recupera as Festas de San Xoán da Ermida, que se celebrarán o 21 e 22 de xuño en Buía.
O sábado 22 de xuño, a partir das 20.00 horas, terá lugar no Campo de Arriba o Serán de Rianxo, organizado pola Asociación Vai de Roda.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/seran-de-rianxo-organizado-pola-asociacion-vai-de-roda
I xornada medioambiental organizada pola Asociación Ondiñas Mainas coa colaboración doutras entidades.
A escola Rosalía de Castro de Taragoña está de aniversario e cumpre 90 anos.
Celebración do Santísimo Sacramento coa tradicional confección das alfombras florais, procesión e verbena.
O sábado 29 de xuño, a partir das 9.00 da mañá, celébrase en Asados a tradicional romaría de San Pedro de Vilas, organizada pola asociación que leva o seu nome.

http://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/romaria-de-san-pedro-de-vilas
O sábado 29 de xuño, a Escola de Música de Rianxo celebra o seu Festival de Verán en dúas sesións, unha ás 12.00 horas e outra ás 20.00 horas.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festival-de-veran-da-escola-de-musica-de-rianxo
A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/mostra-escola-de-teatro-airinos-lendatarias
Programación das Festas do Carme de Rianxo, do 12 ao 15 de xullo. Incluirán, ademais da procesión por mar, o Mercado Celta e o festival de rúa RianClown.
O Concello de Rianxo organiza un roteiro guiado polo Rianxo do medievo, no que visitaremos dous dos edificios máis representativos da vila: O Castelo da Lúa e a igrexa de Santa Comba.

A visita realizarase o sábado 13 de xullo, a partir das 10:30. É preciso inscribirse previamente, na Casa Museo Manuel Antonio ou en Información turística (turismo@concelloderianxo.gal)
Do venres 12 ao luns 15 de xullo, a Asociación Virxe do Carme de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña, organiza Rianclown, un festival cómico de rúa en Rianxo.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/rianclown-festival-comico-de-rua-en-rianxo
O xoves 11 xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar, dentro do programa Noites de Cine 2019 do Verán Cultural 2019, a proxección do filme Linko.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/linko-nas-noites-de-cine-2019
Sés achégase coa súa banda á Praza Castelao de Rianxo para ofrecernos un concerto enmarcado no programa Música na noite no Verán Cultural 2019 que está a organizar o Concello de Rianxo.

A actuación realizarase no marco das Festas da Virxe do Carme 2019, o luns 15 de xullo ás 22.30 horas.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/ses-en-concerto-na-praza-castelao-de-rianxo
No caben nin nas festas nin na vida diaria as agresións sexuais, comportamentos nin as condutas machistas. Queremos un concello seguro para todas as mulleres.
Nestes intres hai un home detido por uns feitos e se está a identificar outra persoa implicada noutra. O noso rexeitamento absoluto e todo o apoio os corpos de seguridade e á Comisión de Festas do Carme. Tolerancia cero, estamos coas nosas mulleres, fillas, irmáns, mozas.