Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
No Auditorio de Rianxo desenvolverase, dentro do programa de concertos itinerantes da Sinfónica de Galicia, as actuacións do Coro Xove e do Coro Infantil.

O concerto será o vindeiro domingo 7 de abril ás 12.00 horas.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/concerto-do-coro-xove-e-do-coro-infantil-da-sinfonica-de
A aula de Rianxo da Uned Senior organiza a proxección do documental San Finx 1960 de Irene Pin, no acto contarase coa presenza da autora e tamén dun representante da Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins. Acompañarase dunha intervención musical a cargo de Barahunda e Orjais (BSO).

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/asdfa
Continúa o III Ciclo de Novos Intérpretes co concerto de Pedro Torres Diz ao trombón acompañado ao piano de Ricardo Blanco Rodríguez.

O concerto terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o venres 12 de abril ás 20.30 horas.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/iii-ciclo-de-novos-interpretes-concerto-do-cuarteto-de-trompas
O vindeiro sábado 13 de abril, ás 19.00 horas, a nova produción teatral, CARTOÓNS, de Excéntricas e Teatro do Adro estréase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/sfd
O vindeiro sábado 13 de abril, ás 20.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro Versos noctámbulos de Ricardo Seixo Fernández.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-de-ricardo-seixo-versos-noctambulos
Martes ás 12 h, diante do Concello, minuto de silencio polas vítimas do atentado de Sri Lanka e, en especial, dos dous veciños de Rianxo e Pontecesures, unha vez confirmada a súa identidade. Solidariedade coas familias e repulsa da violencia terrorista. E un saúdo fraterno ao Concello de Pontecesures nestes momentos de dor.
A xunta de portavoces do Concello de Rianxo vén de decretar tres días de loito oficial en recordo das dúas persoas asasinadas nos atentados de Sri Lanka, veciñas de Rianxo e Pontecesures. Ás 12 h, representantes da corporación e a veciñanza gardaron un minuto de silencio en resulta do acto terrorista e en memoria das persoas que nel faleceron.

http://concelloderianxo.gal/actualidade/-/blogs/decretados-tres-dias-de-loito-oficial-polos-atentados-de-sri-lanka
A Xunta de Galicia acaba de convocar o programa Acción de Verán 2019, unha ampla proposta que inclúe campamentos, campos de voluntariado e actividades para a mocidade neste verán 2019.

Os campamentos de verán están dirixidos á mocidade de entre 9 e 17 anos, e poderanse solicitar ata o 7 de maio.

http://concelloderianxo.gal/xuventude/-/blogs/accion-de-veran-2019
O 25 de abril no Cuartel Vello en Rianxo, ás 20.30 horas realizarase un acto para conmemorar a Revolución dos Caraveis de Portugal.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/25-de-abril-en-rianxo
O vindeiro venres 26 de abril, ás 21:00 horas no Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación de "Liñas Compartidas", libro realizado polas persoas participantes no Obradoiro de Escrita Creativa de Rianxo. Tamén se presentará o suplemento A Voz de Barbantia, número 144.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-linas-compartidas-
Festa do Bandullo Cheo no Araño o 1 de maio, organizada pola Asociación Cultural A Carballeira de Baia.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/festa-do-bandullo-cheo
O vindeiro mércores, Primeiro de maio, celébrase a homenaxe ás persoas falecidas no mar. Todos os anos homenaxéanse dúas das persoas falecidas, facendo a ofrenda familiares próximos en recordo dos seus.

http://concelloderianxo.gal/comercio/-/blogs/primeiro-de-maio-dia-da-xente-do-mar-homenaxe-as-persoas-de-rianxo-falecidas-no-mar
Orde do día da sesión extraordinaria do Pleno do 29 de abril: sorteo das mesas electorais para as eleccións locais e europeas.

http://concelloderianxo.gal/ordesdodia/-/blogs/orde-do-dia-da-sesion-extraordinaria-do-pleno-da-corporacion-do-29-de-abril-de-2019
O venres 3 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a presentación do libro Do Sar ao monte Louro. Memorial da represión 1936-1950 Xesús Costa Rodil (autor) e Xesús Santos Suárez (colaborador).

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-do
O vindeiro 4 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a representación teatral Despois das ondas a cargo de Butaca Zero.

A peza recibiu o XVIII Premio "Rafael Dieste" de Textos Teatrais 2017 da Deputación da Coruña.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-despois-das-ondas-a-cargo
O vindeiro venres 10 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro Conserveiras. De veleiro, Vicedo, Bares e Barqueiro (a xénese industrial) de Carlos Nuevo Cal e Vicente Míguez Salgueiro.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/presentacion-do-libro-conserveiras-d
Rianxo vai acoller un Curso de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Escola Galega de Adestradores e a Federación Galega de Fútbol, en colaboración do C.D. Unión e o Concello de Rianxo.

O curso é intensivo e celebrarase no Campo de Fútbol Municipal de Vilas (Asados) durante 3 semanas a partir do 3 de xuño, en horario de 19:30 a 22:30 de luns a venres e os sábados de 9 a 14 h.

http://concelloderianxo.gal/deportes/-/blogs/curso-de-monitor-de-futbol-base-en-rianxo
I edición da LIX Rianxo, a semana da Literatura Infantil e Xuvenil.

Do 13 ao 20 de maio teremos unha ampla oferta de actividades culturais da máxima calidade para escolas e familias: teatro, música, contacontos, obradoiros de escrita, cine-fórums, banda deseñada, encontros lectores, roteiros, exposicións de ilustración e a mostras dos traballos literarios e plásticos das nosas escolas.

http://lixrianxo.gal/
Esta fin de semana celebrase a festa do Patrocinio en Rianxiño, organizada pola asociacion Fogo Fatuo e a veciñanza de Rianxiño. O sabado 11 haberá xogos populares e serán, con chocolate con rosca e "papas de arrós". O domingo, misa e procesión e baile tradicional das agrupacións de Fogo Fatuo.

http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/o-patrocinio-en-rianxi-1