Dende a Área de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización do Concello de Rianxo vémonos na obriga de aprazar as actividades programadas no Entroido Rianxeiro: as previstas para o domingo de entroido e para o mércores de entroido, mudando a data para o domingo 10 de marzo.
Esta decisión tómase tendo en conta as predicións meteorolóxicas adversas previstas, consultadas en diferentes fontes, para a tarde do domingo 3 de marzo así como tamén polas propias propostas previstas: o certame de carrozas, o sorteo de agasallos e o enterro do Toribiño; para as carrozas o vento e a chuvia non son bos elementos.
As actividades previstas para o sábado e martes de entroido mantéñense na Carpa da Praza Castelao.

Debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para o día de mañá, MARTES DE ENTROIDO, as actividades previstas trasládanse para o Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.
- De 17.00 a 20.00 horas
OBRADOIROS E XOGOS
ESPECTÁCULO DE ANIMACIÓN: Abordaxe pirata por Barafunda Animación
http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/martes-de-entroido-traslado-das-activdades-para-o-auditorio-de-rianxo

Programa das actividades do Entroido que se aprazaron para o vindeiro domingo.
Do 8 ao 11 de marzo, podes consultar os teus datos censuais para as vindeiras eleccións xerais.
Podes facelo nas oficinas do concello de 9.00 a 14.00 h ou de forma telemática na sede electrónica do INE.
Asemade, podes solicitar que os teus datos censuais non sexan entregados ás candidaturas políticas para o envío de propaganda electoral por correo postal.
http://concelloderianxo.gal/bandos/-/blogs/consulta-do-censo-electoral-para-as-eleccions-xerais-do-28-de-abril