Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Estas son as medidas particulares que se aplican durante as festas do Nadal (23 ao 25 de decembro) en toda Galicia.
A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE), coa colaboración do Concello de Rianxo, facilita a posibilidade de que as crianzas de Rianxo poidan falar cos Reis Magos este Nadal desde as súas casas.

Para que os Reis Magos poidan chamarte, só deberás rexistrar a túa data e as súas maxestades poranse en contacto por videochamada o día e hora reservado.

Vídeo promocional: https://youtu.be/wVV51_EKKd4
https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/videochamadas-cos-reis-magos
O goberno municipal traslada ao Sergas o seu malestar pola non cobertura do servizo de pediatría no Centro de Saúde de Rianxo. Estase obrigando á veciñanza a desprazarse a municipios limítrofes para unha atención que debera darse na localidade. Demándase a cobertura correcta en Rianxo en caso de substitucións, ausencias ou outros dereitos dos profesionais, mais en ningún caso pode supoñer un recorte nos das familias do concello.
E empresa Monbus vén de publicar os novos horarios, tarifas e bonos das novas rutas de autobús que entraron en vigor o pasado 23 de decembro nun formato amigable.

Podes descargalos aquí: http://www.monbus.es/es/descargas/download/618/
https://concelloderianxo.gal/anuncios/-/blogs/horarios-e-rutas-de-autobuses
A Xunta volve relaxar as medidas de confinamento para a fin de ano coa fin de facilitar a xuntanza das familias. Con todo, cómpre estremar as precaucións ante o incremento na incidencia da covid-19 que o noso concello vén experimentando nestas datas.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/54320/sanidade-actualiza-medidas-para-fin-ano-logo-analizar-situacion-epidemioloxica
Volta a Rianxo das SS.MM. os Reis Magos.

As SSMM os Reis Magos realizarán unha volta ao Concello de Rianxo, saíndo ás 16.30 horas do Seisiñal de Isorna, para continuar por Leiro, Rianxo, Asados, Araño, Taragoña, e remataran cunha recepción, sen público, no Auditorio de Rianxo, sobre ás 19.30, hora prevista.

Tanto o percorrido como a recepción serán retransmitidos en directo na canle de youtube do Concello de Rianxo.
Recoméndase seguir aos Reis dende as propias casa ou achegarse a un lugar seguro onde se poidan cumprir as medidas de seguridade.
A partir das 4 da tarde, poderas seguir en directo a volta ao Concello de Rianxo da cabalgata dos Reis Magos. A comitiva percorrerá as parroquias polas estradas principais para que as crianzas se acheguen a saudalos desde as beirarrúas, ventás e balcóns. A emisión en directo permitiravos saber cando van pasando por cada lugar.

Recordade manter as distancias de seguridade co resto do publico.

A volta empezará en Isorna, e tras percorrer Leiro, A Martela, Asados, Burés, O Araño, Taragoña (volta na Burata), O Pazo, Rinlo, Tanxil, Paseo de Ribeira e a Praza Castelao, rematará no Auditorio de Rianxo cunha recepción privada, sen público.
A Xunta de Galicia anuncia a aplicación do nivel de restricións medio-alto a todos os municipios galegos a partir do venres. Rianxo seguirá en nivel máximo de alerta. Aplícanse novas restricións á mobilidade e ás xuntanzas entre persoas non conviventes.
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/54596/feijoo-pide-aos-galegos-maxima-prevencion-anuncia-que-toda-galicia-estara-desde