Concello de Rianxo
145 subscribers
1.52K photos
10 videos
6 files
876 links
Canle de telegram do Concello de Rianxo. Subscríbete para recibir a información que publicamos no noso web directamente no teu Telegram.
Download Telegram
Imos lanzar un reto para empezar o #RXtreaming

Esta noite do 18 de marzo, atréveste a gravarte cantando "A Rianxeira" dende a túa ventá ou balcón? Pois tes que, ademais, conseguir que algún veciño ou veciña che acompañe de forma espontánea dende a súa ventá.

Grávate e etiquétao con #RXtreaming ou envíanolo!
Novo vídeo do #RXtreaming desta vez cun cantar popular de Rianxo interpretado por Bernal ao saxofón e Aldara ao clarinete.

Cando veño da lusada,
cando vou para o axexo,
cando veño da lusada,
quérote ver, rianxeira,
sempre na ribeira
no peirao sentada!

Corre, rianxeira, vente, mariñeira, que van a chegare
os nosos mociños que veñen do mare;
que veñen do mare, que veñen do mare, veñen pola ría,
mira como veñencheos de sardiña!

Coñecedes máis coplas deste cantar?
https://youtu.be/UXgw7te8WXw
O Concello de Rianxo ofrece un servizo de información sobre as medidas económicas que está levando a cabo o Goberno de España para combater a situación de alarma provocada polo COVID-19.

Este servizo está destinado a traballadores ou traballadoras que poidan sufrir un ERTE, familias con hipotecas ou persoas autónomas afectadas pola situación. As persoas que o desexen poden contactar co Concello a través de:

Teléfono: 604 022 090

Correo electrónico: marcos.alejandro@concelloderianxo.gal

O horario de atención será de luns a venres de 09:00 a 13:00 horas.
http://concelloderianxo.gal/emprego/-/blogs/servizo-de-informacion-sobre-as-medidas-economicas-que-esta-levando-a-cabo-o-goberno-debido-a-situacion-de-alarma-1
Lembra que na web do concello podes atopar información actualizada sobre os trámites e medidas relacionadas coa pandemia da doenza COVID-19: prestación por cese de actividade, modificacións no funcionamento dos servizos (emprego, axuda no fogar...), xestión de resíduos, prazos administrativos...
http://concelloderianxo.gal/
AMIGO PROPIETARIO,
fai que a volta sexa un pouco máis sinxela.
NEGOCIA O ALUGUER durante o estado de alarma.

#euquedonacasa #imossairdesta #todoiraben

Concello de Rianxo, Asociación Rianxeira de Empresarios, Centro Comercial Aberto
👍
A Xunta aboará os menús dos comedores escolares xestionados pola Administración.

As familias que durante o curso escolar pagan 0 ou 1 € polo comedor, poden solicitar unha compensación do custo diario do menú. Información no telf.: 881 866 861.
https://concelloderianxo.gal/servizossociais/-/blogs/a-xunta-aboar-os-men-s-dos-comedores-escolares-xestionados-pola-administraci-n-s-familias
Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, diríxese á veciñanza pola crise do coronavirus https://youtu.be/u2Py57V1VqM
O Bono Social é un desconto aplicado a determinados colectivos considerados consumidores vulnerables. Este desconto varía segundo a situación de cada aboado, o desconto aplicado é dun 25% ata un 40% sobre a factura total.
Esta porcentaxe, dependendo de diversas situacións máis como o risco de exclusión social, pode ser aínda maior. Por motivos do Covid-19 o Goberno realizará unha prórroga da devandita subvención como medida dentro do Plan de Actuación.
-Hai que ser titular da subministración eléctrica contratada na residencia habitual.
-Ter contratado o PVPC, é dicir, o Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor.
-Ser considerado consumidor vulnerables ou vulnerable severo (familia numerosa ou monoparental, pensionista, vítima do terrorismo ou da violencia de xénero, un membro da unidade familiar con discapacidade igual ou maior ao 33%, etc).
-Non superar o consumo máximo de 345 kWh mensual e o 4.140 kWh anual.
Máis información https://www.bonosocial.gob.es/#inicio
Os portavoces das forzas políticas do Concello decidimos colocar desde hoxe as bandeiras do concello a media hasta na memoria e solidariedade coas vítimas rianxeiras do Coronavirus e as súas familias e por extensión con todas as que se están a producir nestes tempos de dificultades que tocaron vivir máis coa esperanza de xuntos, como colectividade, saír adiante.
Modificouse o calendario fiscal para o exercicio 2020 para aprazar o pagamento dos tributos de lixo e vehículos. https://concelloderianxo.gal/recadacion/-/blogs/modificaci-n-do-calendario-fiscal-2020-aprazamento