CineclubePF
47 subscribers
551 photos
20 videos
4 files
310 links
Canle de difusión das actividades do cineclube Pai Feijoo de Ourense
www.cineclubepf.eu
Download Telegram
CineclubePF
Photo
Cineclube Padre Feijoo
IX Marxes fílmicas (2021): Perú

A pesar de celebrar en varios anos consecutivos, un período de gran crecemento económico, (nos 90, chegou a ser comparado cos tigres de Asia) Perú sigue a sufrir a desigualdade e a inxustiza social.

Desde a segunda metade dos 90, podemos distinguir no cinema peruano, cinco campos: o primeiro dedicado a fórmulas comerciais que atraian ao público masivo; o segundo, que tamén busca a difusión pública pero sen pretensións de audiencia masiva e con temáticas ligadas ao cinema de autor; o terceiro, formado por cintas autoxestionadas que se estrean en espazos alternativos; o cuarto, relacionado co xénero documental e o quinto formado polas curtametraxes realizadas en universidades e institutos.

A selección realizada, busca un híbrido representativo sobre os diferentes campos mencionados, con autoras emerxentes e consagradas/os. É posible identificar unha tendencia para presentar personaxes que como consecuencia da expansión dunha economía neoliberal, vense obrigados a lidar coa cultura de transgresión que se fortaleceu no país durante os últimos vinte e cinco anos e que non atopan un lugar no sistema. Nos filmes seleccionados, existe unha énfase na informalidade e na constante violación ás normas que ten lugar no país e se condicen coas propostas académicas que indican que no Perú estendeuse unha cultura de transgresión pola ausencia dun Estado que impoña a lei. Pódese sinalar que contrapóñense ao discurso que indica que o ingreso do Perú ao mundo globalizado, realizado a través da implantación do modelo neoliberal, está a brindarlle oportunidades a todos os sectores sociais. Hai unha evidencia que diferentes segmentos da sociedade non se están a beneficiar do progreso que prometía o libre mercado. Pola contra, a tendencia é a sinalar que o modelo está a xerar individuos máis que cidadáns debido a que a cultura de transgresión empuxa ás persoas ao individualismo (evidentemente, isto sucede en máis países). Finalmente, en base á selección destas catro cintas poderíase dicir que o cinema peruano de autor está a manter a tradición de poñer en evidencia os problemas da sociedade e non se encola ao discurso do mercado.

Os filmes proxéctanse na segunda e terceira semana do mes de xullo, os luns e mércores, os días 5, 7, 12 e 14 de xullo do 2021 nunha única sesión, ás 22:00 h. en VOE e acceso de balde.
https://1.bp.blogspot.com/-OvoQPVs3SWk/YNRpxp2crAI/AAAAAAAALrU/MwSu0vTWY3Y0xtyU1NQEybmWYfjQi135ACLcBGAsYHQ/s2048/Cartaz%2BMarxes%2B-%2B150%2Bppi.png «Marxes Fílmicas 2021» realizado por Gael Carballo (cineclupePF)
Coma sempre antes do teatro da MIT, agardamos veros no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia

De seguido o detalle da programación:


Ler máis »
CineclubePF
Photo
Cineclube Padre Feijoo
Cine de verán 2021

Lamentamos comunicar que, ante da contestación da administración municipal esixindo o pago de taxas para a realización do Cinema de Verán (unha actividade pública e gratuíta), o Cineclube Padre Feijoo tomou a decisión de suspender a súa programación para os vindeiros mércores de agosto na Praza da República, entre o Arquivo e a Biblioteca Pública Nós.

Entendemos que non existe sequera unha mínima dilixencia en favorecer a programación de actividades culturais: non estamos a referirnos ás inexistentes da propia institución municipal, senón ás dos propios colectivos culturais e sociais da capital.

Nesta situación resúltanos imposible, cos déficits que supón manter unha programación estable con capacidade reducida e ante os custos que xera, asumir o pagamento dunha taxa pola utilización de uso público para unha entidade que non vai ter ningún tipo de lucro (a diferencia doutros sectores que si foron exentos de pagala neste ano e no seguinte).

A reivindicación dunha exención de taxas para os colectivos culturais e a modificación da ordenanza fiscal que as regula tratouse desde vai anos en distintos plenos do Concello e no inoperante Consello Municipal da Cultura. Malia o paso do tempo e as boas palabras, nunca se acadaou unha solución.

O Cineclube Padre Feijoo quere expresar a súa repulsa á falta de políticas culturais na cidade: a propia institución municipal discrimina á terceira cidade de Galicia mentres que noutras vilas, aldeas e cidades se programan e realizan actos culturais coas oportunas cautelas normativas ante a COVID e con total normalidade.
https://1.bp.blogspot.com/-uN2lt1xLJ9Y/YQmDgN-X9mI/AAAAAAAALxU/hg05dP6ZtUkO2uIk_LC5RezUzsDL1TSUgCLcBGAsYHQ/w400-h193/CINEDEVERAN2021.png
Diante da terrible situación de abandono que nos últimos anos a cultura vén padecendo no noso concello existe un berro colectivo que podes apoiar e compartir #EmerxenciaCulturalOurense
Sent by @TheFeedReaderBot
Os compañeiros e compañeiras do Cineclube de Donostia chegan aos 50 anos de existencia cun pequeno proxecto que podes apoiar aquí:
https://es.goteo.org/project/kz50

Moitos pparabéns aos compañeiros e compañeiras!

> Cada aportación é dobrada pola Deputación foral de Guipúscoa!
CineclubePF
Photo
Cineclube Padre Feijoo
Sesións dos mércores de outubro a decembro de 2021

Proxéctanse os mércores de outubro a decembro de 2021, no salón de actos da Casa da cultura de Ourense, onde estaba a Biblioteca (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:
Ler máis »
CineclubePF
Photo
Cineclube Padre Feijoo
Programación de outubro a decembro de 2021

Filmoteca de Galicia

Sesións dos mércores

Ciclo de outono en Ribadavia

Festival AMAL en ruta
Máis unha vez de novo cara ao final dun ano, no que aparentan ser días tristemente negros para a educación (#nonaopechedaUPO) e a cultura (#EmerxenciaCulturalOurense), no que por desgraza baixamos a toda velocidade cara a barranca, mentres os reloxos avanzan cara o futuro, no que indubidablemente antes chegarán outros á contemporaneidade por obra de paxaros (ou Ave´s) con pequenos apeadoiros, de paso para outros lugares e instancias. Por certo da estancia municipal sen asomo de axudas e sen que se iniciarán os trámites para resolver o asunto das taxas pola ocupación da vía pública (ao mesmo tempo que con descaro se lle exoneraba a unha entidade dependente dun banco) e que impediron e impedirán desenvolver unha actividade gratuíta sen ánimo de lucro na cidade.

Na nova normalidade obrigada pola evolución da pandemia, simplificamos os horarios habituais para fornecer un espazo seguro e ventilado, limitamos o aforo ao 50% (a pesar de que a norma o estende ao 90%). Queremos así garantir como até agora, unha seguridade e confianza que pouco a pouco, consonte a evolución e as normas de protección fronte ao COVID, modificaremos ou non. Segue vixente o noso protocolo de protección fronte ao COVID, así como o funcionamento paralelo do Clube de cine Nós en compañia da nosa benequerida Biblioteca pública. Tamén seguen "on-line" as follas de sala que sirven de contexto e información de cada filme; de momento as seguiremos colgando na sala de máquinas do cineclube. A única variación consitirá na entrada, horarios e asentos dispoñibles.

En canto á programación, aparte da habituais sesións dos luns de filmoteca (grazas ao convenio de colaboración co AGADIC para proxección da programación descentralizada do CGAI) e de ciclo dos mércores que de seguido detallamos máis abaixo, contamos en anunciar en breve a programación do Ciclo de outono en Ribadavia, que realizaremos co Museo etnolóxico de Ribadavia, os sábados de novembro (nesta ocasión especialmente adicado a Ourense). Remataremos en ruta, de novo coa programación do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, grazas á colaboración da Fundación Araguaney e da Deputación de Ourense.
https://1.bp.blogspot.com/-WVsSzVr4UKk/YWhQTOFz1EI/AAAAAAAAL1w/YReNhwA9uIADufsB6pDIzHg3PPKxwp-OQCLcBGAsYHQ/s1209/OUTUBRO-DECEMBRO-2021_CCPF_CINECLUBEPF.png

«outubro-decembro 2021»· cartel realizado por Leo Sousa (cineclupePF)
Coma sempre, na canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] deste ciclo, seguido dos filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa axuda á difusión da programación, así como da participación e comentarios.
Ler máis »
CineclubePF
Photo
Cineclube Padre Feijoo
Programación de outubro a decembro de 2021 da filmoteca de Galicia

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada da Filmoteca de Galicia (CGAI), proxectamos para remate do ano no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, o filmes que seguen…
(Atención aos horarios únicos destes meses e ao aforo limitado)
Ler máis »
ℹ️ Telegram comezou a integrar mensaxes de publicidade nos canles públicos, como é o caso de Cineclube Padre Feijoo. As mensaxes publicitarias aparecen coa lenda de «patrocinado»

Subliñar que non dependen de nós, nin decidimos o seu contido nin percibimos ningunha contraprestación por eles.
CineclubePF
Photo
Cineclube Padre Feijoo
Sesións de filmoteca de xaneiro e febreiro de 2022

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante xaneiro e febreiro de 2022, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]
Ler máis »