CIG BBVA
54 subscribers
396 photos
26 videos
10 files
323 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
Non á OPA do BBVA

Hoxe, na #Coruña, berrando contra OPA/absorción do BBVA ao Sabadell e en contra da especulación dos fondos de investimento, o monopolio e pola defensa dos postos de traballo amáis da clientela.

www.cigbbva.gal/2025/06/NON-a-OPA-doBBVA.html

#NonÁOPAdoBBVA
28 de xuño, Fronte a unha Lei e uns acordos que só lavan a cara dás empresas: MOBILÍZATE!

Ante a conmemoración do 28 de xuño, Día do Orgullo LGBTi+, denunciamos a falta de medidas efectivas para avanzar na igualdade, a Lei 4/2023 quedou reducida a simples cláusulas declarativas e á negociación dun protocolo de acoso. O que a súa vez se traduciu en acordos baleiros de contidos a nivel sectorial asinados coa AEB.

www.cigbbva.gal/2025/06/Mobilizate-Fronte-a-unha-Lei-e-uns-acordos-que-so-lavan-a-cara-das-empresas.html


🏳️‍🌈#DíaDoOrgullo #LGBTi 🏳️‍⚧️
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Horario reducido Semana Grande A Coruña e Vigo

A finais de xullo, o Banco enviou correos con instrucións ás DCBC da cidade da Coruña e de Vigo relativas ao horario reducido do persoal na Semana Grande das Festas Maiores da cidade.

Neses correos, a empresa indicaba que a Semana Grande nestas localidades pasaría a ser de 4 días de xornada reducida, dende o martes 5 até o venres 8. Basean a súa decisión nun criterio de AEB que interpreta o art. 26.6 do actual presente Convenio Colectivo.

A Semana Grande tanto na cidade da Coruña, como na de Vigo, vén disfrutándose na primeira semana completa despois do primeiro domingo de agosto, dende sempre.

Dende a Sección Sindical de CIG, ante esta decisión unilateral da empresa, contactamos telefonicamente co responsable de relacións laborais da AEB para preguntar por este criterio indicado polo BBVA, e a resposta foi que non existe ningún criterio máis alá do artigo do Convenio Colectivo. Tampouco existe ningunha acta da Comisión Paritaria.

Por tanto, dende esta Sección Sindical enviamos un escrito a RRLL do BBVA manifestando o noso rexeitamento ante esta decisión que entendemos unilateral, inxustificada e inxustificábel. Tamén en conversa telefónica, manifestámoslles que de non mudar as instrucións, tomariamos as accións legais ao noso alcance para recuperar un dereito disfrutado pola totalidade do cadro de persoal destas dúas cidades dende hai moitas máis décadas que antigüidade temos a maioría das persoas traballadoras nas mesmas.

O BBVA pretende ampararse nun criterio inexistente, xa que a AEB en ningún caso vai dirimir en cada praza na que exista entidade bancaria, nin cando se celebra a semana grande, nin durante cantos días corresponde realizar xornada reducida.

Queremos lembrarvos que xa en 2020 a empresa tentou quitarnos as xornadas reducidas de Nadal e, a consecuencia dun conflito colectivo da CIG, que se gañou tanto no TSXG como no Tribunal Supremo, conseguimos recuperar o que era uso e costume, sendo agora un dereito incuestionable. Tanto é así, que a propia empresa propuxo a extensión do dereito ao resto do persoal dentro do Plan de Igualdade.

A finais de agosto, dende a CIG xa interpuxemos conflitos colectivos na Coruña e en Vigo para que se clarifique esta decisión arbitraria, abusiva e totalmente inxustificada, e nos devolvan os nosos dereitos.


www.cigbbva.gal/2025/09/horario-reducido-semana-grande.html

#xornada #horario #SemanaGrande #FestasLocais #ConvenioColectivo
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
Paros e concentracións
15 de outubro

En solidariedade con Palestina


🚨 Cun Netanyahu advertindo de que «a operación aínda non rematou» e co pano de fondo da teatralización dun alegado acordo no que os países que apoiaron ou toleraron o xenocidio pretenden arrogarse o papel de «paladíns da paz» o pobo palestino precisa, máis que nunca, do noso apoio.

👉 Porque agora que a mobilización solidaria mundial, no noso caso a exercida desde a #Galiza, empezou a erosionar a narrativa imperialista e a negación da limpeza étnica, debemos alzar a voz ante a tentativa de establecer un punto final nas mobilizacións e reivindicarmos ante os gobernos a ruptura total, o boicote e un proceso penal ao sionismo criminal.

🇵🇸 #Palestina15O


A CIG convoca a todo o cadro de persoal nos centros de traballo, tanto públicos como privados, a paros de 4 horas por quenda, nas seguintes franxas horarias:

• Das 22h do día 14 de outubro ás 2h do día 15 , na quenda de noite.
• Das 10h ás 14h, na quenda de mañá.
• Das 18h ás 22h, na quenda de tarde.

Secundando esta folga en solidariedade co pobo palestino, se traballas na quenda de mañá, pararías ás 10 horas até as 14 horas.
Non tes que avisar que secundas o paro, simplemente levantas do teu posto de traballo, fichando unha saída como habitualmente, e retomarías o traballo, fichando a entrada, catro horas despois.

Na quenda matinal hai convocadas as seguintes concentracións:

• A Coruña: na Praza de Vigo ás 11h
• A Estrada: na Praza do Novo Mercado ás 12h
• A Guarda: na Praza Avelino Vicente ás 11:30h
• Carballo: na Praza do Concello ás 12h
• Compostela: na Praza Roxa ás 12h
• Ferrol: na Praza do Concello ás 12h
• Lugo: no Edificio Sindical ás 12h
• Monforte: na Praza de España ás 12h
• Ourense: na Subdelegación do Goberno ás 11:30h
• Pontevedra: na Ferrería ás 12h
• Ribadeo: no Cantón ás 12h
• Ribeira: na Porta do Sol ás 12h
• Verín: na Praza do Concello ás 12h
• Vigo: no Cruce de Vía Norte ás 11:30h
• Vilagarcía: na Praza Ravella ás 12h


Polo serán a «Coordinadora Galega de Solidariedade» xa convocou pola súa banda, mobilizacións ás 20 horas, dentro do paro para a quenda da tarde, das 18 ás 22h

www.i.gal/ConvMobilizacions15O
👍2
Non hai OPA
Non hai fusión



A CIG mantivo desde o primeiro momento unha posición firme e coherente en contra da OPA hostil e de calquera intento de fusión entre o BBVA e o Sabadell, advertindo do impacto laboral, económico e social que unha operación destas características tería sobre o persoal, o emprego en Galiza e os servizos á cidadanía.

Fixemos pública a nosa oposición mediante comunicados, mobilizacións e accións reivindicativas, alertando dos riscos de destrución de postos de traballo e peche de oficinas, nun sector bancario galego xa moi afectado por anteriores reestruturacións.
Presentamos unha iniciativa no Congreso rexeitando a OPA.
Estivemos presentes en encontros sindicais, roldas de prensa e actos de denuncia para facer visible a nosa postura e reclamar medidas en defensa das traballadoras e traballadores.
A fusión ou absorción só traería consecuencias negativas para as traballadoras e traballadores do BBVA e Sabadell (despedimentos, aínda maior incremento de presións e carga de traballo, modificacións das nosas condicións laborais: mobilidades, xornadas...) e a CIG contribuíu a esa fronte en contra da OPA desde o primeiro momento.

Seguiremos, como sempre, defendendo os nosos dereitos laborais, a transparencia e a estabilidade no emprego, así como o mantemento dun servizo financeiro próximo e de calidade.

É hora de que as persoas que provocaron que os cadros de persoal estivesen saturados, presionados ata límites insospeitables, cunhas esixencias de obxectivos salvaxes durante todo este proceso, asuman a súa responsabilidade e deixen de xogar co futuro e as vidas dos e das excelentes profesionais que teñen baixo o seu mando. Queremos traballar e queremos traballar sen enfermar polas condicións dos nosos traballos.

Porque o noso compromiso é coas persoas e co país


www.cigbbva.gal/2025/10/non-hai-opa-non-hai-fusion.html


#NonÁOPAdoBBVA
👍3
Xuntanza CESS
Un día para lembrar. Adeus BBVA-PSICO

Durante o día de onte, mércores 22 de outubro, tivo lugar unha sesión histórica do CESS (Comité Estatal de Seguridade e Saúde) do BBVA.

Despois de moitos, moitos anos, nos que reclamamos un sistema de avaliación de riscos psicosociais que considerásemos válido en canto a metodoloxía e resultados, o banco finalmente anunciou que, a partir de agora, o método que vai a empregar para este fin será o método FPSICO. Un método validado polo INSST (Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo), considerado unha ferramenta neutral con recoñecido prestixio institucional. O banco indicou que van a facer unha enquisa a todo o cadro de persoal para evitar demoras indebidas. Previamente, teremos unha xuntanza monográfica relativa a metodoloxía. E non haberá que agardar moito.

Deixaremos atrás un sistema fabricado ad hoc para BBVA, no que durante a súa existencia, tivo a maior logro ter acreditado CERO resultados en riscos psicosociais no cadro de persoal.

Dende o seu nacemento e posta en marcha, este sindicato e outros, estivemos de acordo en que ese método non servía porque non medía o que tiña que medir. Criticamos e reclamamos permanentemente que se mudase, que se actualizase, que se adoitase outra metodoloxía… E finalmente, ese día chegou.

E temos que parabenizarnos por iso.

Os riscos psicosociais son o grande elefante agochado na habitación que as empresas do sector financeiro empéñanse en meter debaixo da alfombra de xeito histórico. Ter unha ferramenta que expoña a verdadeira situación do persoal permitirá, a lo menos un chisco, facer verdade esa frase de que somos un banco de persoas para as persoas.

Por iso, dirixímonos a todos e todas vós para recomendarvos encarecidamente que, no momento de cubrir estas enquisas, o fagades con toda a sinceridade e expoñendo todo aquilo que vos estea a acontecer.

Só deste xeito conseguiremos que se poidan mudar as cousas, á vista dos resultados, coa implantación de medidas efectivas que, por suposto, esixiremos.

Queremos tamén defender e validar a importancia do bo funcionamento dun foro como é o CESS onde sempre debemos caber todas as voces e aportar todas e todos. Así si.
ɴᴏɴ ᴀᴏ ᴘᴇᴄʜᴇ ᴅᴇ ᴏꜰɪᴄɪɴᴀs ɴᴏ ʙʙᴠᴀ!

O modelo de negocio que o BBVA está implantando a marchas forzadas, apoiándose na dixitalización forzosa da clientela e nunha atención remota (centros CSE), vai en contra do que publicamente defende en relación co servizo e atención aos colectivos vulnerábeis. Este modelo ten como consecuencias: peches de oficinas, amortización de postos de traballo, incremento da carga de traballo, dificultades de conciliación para as persoas traballadoras e deterioro na atención á clientela. Desde a sección sindical da CIG, entendemos que é hora de denunciar publicamente estas actuacións do banco e por iso comezamos o pasado martes 11 de novembro (en Compostela), unha campaña de mobilizacións que terá continuación nas vindeiras semanas.

ᴘᴇᴄʜᴀɴ ᴏꜰɪᴄɪɴᴀs
ᴅᴇɪxᴀɴ ᴀ ᴄʟɪᴇɴᴛᴇʟᴀ sᴇɴ sᴇʀᴠɪᴢᴏ
ʀᴇᴅᴜᴄᴇɴ ᴘᴇʀsᴏᴀʟ
ᴇsᴘʀᴇᴍᴇɴ ᴀᴏ ǫᴜᴇ ǫᴜᴇᴅᴀ
ᴀᴜᴍᴇɴᴛᴀɴ ᴏs ʙᴇɴᴇꜰɪᴄɪᴏs ᴅᴏ ʙᴀɴᴄᴏ
sᴜʙᴇɴ ᴏs sᴀʟᴀʀɪᴏs ᴅᴏ ᴄᴏɴsᴇʟʟᴏ ᴅᴇ ᴀᴅᴍɪɴɪsᴛʀᴀᴄɪóɴ

Continuaremos coas nosas mobilizacións para frear esta ofensiva do banco. Xa estivemos en Compostela, e o próximo 18 de novembro estaremos en Ourense.

Pola defensa dos nosos postos de traballo e da nosa saúde


www.cigbbva.gal/2025/11/Non-ao-peche-de-oficinas-no-BBVA.html
👍1
Retroceder en dereitos incrementa a violencia

Por todo isto EXIXIMOS:

1.0 cesamento inmediato de calquera cargo público relacionado cun caso de violencia machista.

2. A recuperación da Secretaría Xeral de Igualdade, así como do Servizo Galego de Igualdade, con orzamentos e persoal efectivos.

3. Un sistema público galego de atención ás persoas, con dotación dabondo que atenda as necesidades das persoas usuarias e os dereitos laborais do persoal.

4. Os Centros de Crise 24 horas, así como os Centros de Información ás Mulleres, deben ser recursos públicos, xestionados directamente pola Administración, con persoal competente e que dean cobertura a todo o territorio, tendo en conta a dispersión xeográfica do país.

5. A aplicación do Convenio 190 da OIT, garantindo unha protección real contra todo tipo de violencia e acoso no traballo.

6. Rexistrar só os plans de igualdade e os convenios colectivos que conteñan medidas efectivas para eliminar a fenda salarial.

7. Atención da saúde integral con perspectiva de xénero que pase pola investigación de enfermidades relacionadas coa saúde das mulleres.

8. Revalorizar economicamente as carreiras e profesións vinculadas ao coidado das persoas destinando os fondos que sexan necesarios.

9. Realización de informes de investigación onde se recollan os datos e se analicen os erros detectados no sistema de denuncia e na atención ás vítimas de violencia machista e que acheguen solucións efectivas para garantir a súa protección.

10. Para que todo isto sexa unha realidade, instamos o Goberno da Xunta a aprobar un

PLAN GALEGO POLA IGUALDADE.
👍1
BBVA… O mellor banco para traballar mollarse


No Banco dos 8.000 millóns de beneficios, o seu persoal ten que convivir con teitos que caen, cheiros insalubres, riscos eléctricos, ratos e cascudas e, por riba de todo, cun absoluto desprezo polo seu benestar e a prevención de riscos. E isto non é unha excepción.

Dende a sección sindical da CIG, levamos anos traballando a prol do cumprimento da lei de prevención de riscos laborais, velando pola saúde do cadro de persoal. Ademais de soportar a brutal presión comercial do banco, o persoal ten que soportar situacións dantescas como as descritas.

O BBVA ten oficinas con risco por amianto, con inundacións por augas limpas ou sucias, con cheiros permanentes a excrementos, e convivencia con ratos e/ou cascudas. Temos unha longa lista de exemplos. Xa temos denunciado por: risco de aspergillus, amianto, colapso de estrutura (que levou a un peche da oficina), calidade do aire pésima na pandemia (que obrigou a facer informe en todas as oficinas). É unha barbaridade ter que reclamar ano tras ano melloras en sucursais onde entras pola porta e o cheiro 􀆟ra para atrás, ou soportar que os arranxos se fagan traballando na oficina (unha prác􀆟ca que soamente BBVA persiste en manter).

Este mes denunciamos ante Inspección de Traballo, a situación catastrófica que se viviu nunha oficina da provincia de Pontevedra: inundación da oficina, auga caendo do teito a través dunha maraña de cables durante máis dunha semana; augas fecais que se recollen nunha cubeta que se baleira unha vez por semana (única solución adoptada); tubaxe de amianto con buracos (feitos probablemente por ratos) e, coa grave sospeita de que no local do lado (co que se comparte tubaxe e deterioro), mudáronse todas as tubaxes sen as medidas de seguridade axeitadas, nin para as persoas traballadoras nin para a clientela. Mentres acontecía todo iso, a oficina permaneceu aberta cada día, co seu persoal facendo o seu traballo como mellor podía, coa preocupación no corpo. O inspector, despois de xirar a visita, fixo un requirimento á empresa dándolle un mes para corrixir as deficiencias detectadas. O banco foi coñecedor desde o primeiro momento por nós da situación da oficina, pero non actuou coa dilixencia debida. A información dada a esta Sección Sindical foi, resumida, a seguinte:

Informe de calidad del aire, óptimo para la salud de la plantilla

. Non daba ese valor o purificador posto polo propio banco, que indicaba o contrario.
Tras visita al local colindante, no se observó ningún peligro ni zona de posible conexión con la oficina.

Información totalmente contraria á manexada por esta Sección Sindical.

Dende a CIG demandamos que o banco arranxe a oficina xa e que o seu persoal non teña que soportar, a maiores, as moles􀆟as dos arranxos. Hai moitas maneiras de facer obras e manter certo grao de servizo sen ter que pasar sempre polo lombo do persoal da oficina. Facemos extensiva esta pe􀆟ción para o resto de sucursais nesta ou similar situación.

Requirimos de BBVA que nos faga traslado do «Protocolo de peche de oficinas» e deixe de facer recaer a responsabilidade úl􀆟ma desa toma de decisión ás direccións das oficinas que, por veces vénse entre a espada e a parede. Dende a CIG estaremos pendentes da evolución deste asunto para comprobar que se cumpre o requirimento da inspección.

Se precisas asesoramento tes preto de ti a un delegado ou delegada da CIG


www.cigbbva.gal/2025/12/bbva-o-mellor-banco-para-traballar.html

#Saúde@cigbbva