OPA hostil BBVA-Banco SABADELL
A Federación de Banca da CIG, mantivo o pasado 15 de maio, unha xuntanza co deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, na que participaron os secretarios das seccións sindicais da CIG nas dúas entidades, ademais da secretaria da federación, para trasladarlle a nosa firme posición contraria a esta operación e os nosos argumentos para rexeitala.
O deputado comprometeuse a presentar unha iniciativa no Congreso para abordar o impacto desta operación, despois da reunión coa CIG.
#OPA #OPABBVASabadell@cigbbva

www.cigbbva.gal/2025/05/opa-hostil-bbva-banco-sabadell.html#OPA #OPABBVASabadell@cigbbva
Non á OPA do BBVA
Hoxe, na #Coruña, berrando contra OPA/absorción do BBVA ao Sabadell e en contra da especulación dos fondos de investimento, o monopolio e pola defensa dos postos de traballo amáis da clientela.
#NonÁOPAdoBBVA

www.cigbbva.gal/2025/06/NON-a-OPA-doBBVA.html#NonÁOPAdoBBVA
28 de xuño, Fronte a unha Lei e uns acordos que só lavan a cara dás empresas: MOBILÍZATE!
Ante a conmemoración do 28 de xuño, Día do Orgullo LGBTi+, denunciamos a falta de medidas efectivas para avanzar na igualdade, a
🏳️🌈 #DíaDoOrgullo #LGBTi 🏳️⚧️
Ante a conmemoración do 28 de xuño, Día do Orgullo LGBTi+, denunciamos a falta de medidas efectivas para avanzar na igualdade, a
Lei 4/2023 quedou reducida a simples cláusulas declarativas e á negociación dun protocolo de acoso. O que a súa vez se traduciu en acordos baleiros de contidos a nivel sectorial asinados coa AEB.www.cigbbva.gal/2025/06/Mobilizate-Fronte-a-unha-Lei-e-uns-acordos-que-so-lavan-a-cara-das-empresas.htmlPlease open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Horario reducido Semana Grande A Coruña e Vigo
A finais de xullo, o Banco enviou correos con instrucións ás DCBC da cidade da Coruña e de Vigo relativas ao horario reducido do persoal na Semana Grande das Festas Maiores da cidade.
Neses correos, a empresa indicaba que a Semana Grande nestas localidades pasaría a ser de 4 días de xornada reducida, dende o martes 5 até o venres 8. Basean a súa decisión nun criterio de AEB que interpreta o art. 26.6 do actual presente Convenio Colectivo.
A Semana Grande tanto na cidade da Coruña, como na de Vigo, vén disfrutándose na primeira semana completa despois do primeiro domingo de agosto, dende sempre.
Dende a Sección Sindical de CIG, ante esta decisión unilateral da empresa, contactamos telefonicamente co responsable de relacións laborais da AEB para preguntar por este criterio indicado polo BBVA, e a resposta foi que non existe ningún criterio máis alá do artigo do Convenio Colectivo. Tampouco existe ningunha acta da Comisión Paritaria.
Por tanto, dende esta Sección Sindical enviamos un escrito a RRLL do BBVA manifestando o noso rexeitamento ante esta decisión que entendemos unilateral, inxustificada e inxustificábel. Tamén en conversa telefónica, manifestámoslles que de non mudar as instrucións, tomariamos as accións legais ao noso alcance para recuperar un dereito disfrutado pola totalidade do cadro de persoal destas dúas cidades dende hai moitas máis décadas que antigüidade temos a maioría das persoas traballadoras nas mesmas.
O BBVA pretende ampararse nun criterio inexistente, xa que a AEB en ningún caso vai dirimir en cada praza na que exista entidade bancaria, nin cando se celebra a semana grande, nin durante cantos días corresponde realizar xornada reducida.
Queremos lembrarvos que xa en 2020 a empresa tentou quitarnos as xornadas reducidas de Nadal e, a consecuencia dun conflito colectivo da CIG, que se gañou tanto no TSXG como no Tribunal Supremo, conseguimos recuperar o que era uso e costume, sendo agora un dereito incuestionable. Tanto é así, que a propia empresa propuxo a extensión do dereito ao resto do persoal dentro do Plan de Igualdade.
A finais de agosto, dende a CIG xa interpuxemos conflitos colectivos na Coruña e en Vigo para que se clarifique esta decisión arbitraria, abusiva e totalmente inxustificada, e nos devolvan os nosos dereitos.
#xornada #horario #SemanaGrande #FestasLocais #ConvenioColectivo

www.cigbbva.gal/2025/09/horario-reducido-semana-grande.html #xornada #horario #SemanaGrande #FestasLocais #ConvenioColectivo
www.cigbbva.gal
Horario reducido Semana Grande A Coruña e Vigo
Información sindical da CIG no BBVA
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
Paros e concentracións
15 de outubro
En solidariedade con Palestina
🚨 Cun Netanyahu advertindo de que «a operación aínda non rematou» e co pano de fondo da teatralización dun alegado acordo no que os países que apoiaron ou toleraron o xenocidio pretenden arrogarse o papel de «paladíns da paz» o pobo palestino precisa, máis que nunca, do noso apoio.
👉 Porque agora que a mobilización solidaria mundial, no noso caso a exercida desde a #Galiza, empezou a erosionar a narrativa imperialista e a negación da limpeza étnica, debemos alzar a voz ante a tentativa de establecer un punto final nas mobilizacións e reivindicarmos ante os gobernos a ruptura total, o boicote e un proceso penal ao sionismo criminal.
🇵🇸 #Palestina15O
A CIG convoca a todo o cadro de persoal nos centros de traballo, tanto públicos como privados, a paros de 4 horas por quenda, nas seguintes franxas horarias:
• Das
• Das
• Das
Secundando esta folga en solidariedade co pobo palestino, se traballas na quenda de mañá, pararías ás
Non tes que avisar que secundas o paro, simplemente levantas do teu posto de traballo, fichando unha saída como habitualmente, e retomarías o traballo, fichando a entrada, catro horas despois.
Na quenda matinal hai convocadas as seguintes concentracións:
Polo serán a «Coordinadora Galega de Solidariedade» xa convocou pola súa banda, mobilizacións ás 20 horas, dentro do paro para a quenda da tarde, das
15 de outubro
En solidariedade con Palestina
🚨 Cun Netanyahu advertindo de que «a operación aínda non rematou» e co pano de fondo da teatralización dun alegado acordo no que os países que apoiaron ou toleraron o xenocidio pretenden arrogarse o papel de «paladíns da paz» o pobo palestino precisa, máis que nunca, do noso apoio.
👉 Porque agora que a mobilización solidaria mundial, no noso caso a exercida desde a #Galiza, empezou a erosionar a narrativa imperialista e a negación da limpeza étnica, debemos alzar a voz ante a tentativa de establecer un punto final nas mobilizacións e reivindicarmos ante os gobernos a ruptura total, o boicote e un proceso penal ao sionismo criminal.
🇵🇸 #Palestina15O
A CIG convoca a todo o cadro de persoal nos centros de traballo, tanto públicos como privados, a paros de 4 horas por quenda, nas seguintes franxas horarias:
• Das
22h do día 14 de outubro ás 2h do día 15 , na quenda de noite.• Das
10h ás 14h, na quenda de mañá.• Das
18h ás 22h, na quenda de tarde.Secundando esta folga en solidariedade co pobo palestino, se traballas na quenda de mañá, pararías ás
10 horas até as 14 horas.Non tes que avisar que secundas o paro, simplemente levantas do teu posto de traballo, fichando unha saída como habitualmente, e retomarías o traballo, fichando a entrada, catro horas despois.
Na quenda matinal hai convocadas as seguintes concentracións:
• A Coruña: na Praza de Vigo ás11h
• A Estrada: na Praza do Novo Mercado ás12h
• A Guarda: na Praza Avelino Vicente ás11:30h
• Carballo: na Praza do Concello ás12h
• Compostela: na Praza Roxa ás12h
• Ferrol: na Praza do Concello ás12h
• Lugo: no Edificio Sindical ás12h
• Monforte: na Praza de España ás12h
• Ourense: na Subdelegación do Goberno ás11:30h
• Pontevedra: na Ferrería ás12h
• Ribadeo: no Cantón ás12h
• Ribeira: na Porta do Sol ás12h
• Verín: na Praza do Concello ás12h
• Vigo: no Cruce de Vía Norte ás11:30h
• Vilagarcía: na Praza Ravella ás12h
Polo serán a «Coordinadora Galega de Solidariedade» xa convocou pola súa banda, mobilizacións ás 20 horas, dentro do paro para a quenda da tarde, das
18 ás 22hwww.i.gal/ConvMobilizacions15O👍2
Non hai OPA
Non hai fusión
A CIG mantivo desde o primeiro momento unha posición firme e coherente en contra da OPA hostil e de calquera intento de fusión entre o BBVA e o Sabadell, advertindo do impacto laboral, económico e social que unha operación destas características tería sobre o persoal, o emprego en Galiza e os servizos á cidadanía.
Fixemos pública a nosa oposición mediante comunicados, mobilizacións e accións reivindicativas, alertando dos riscos de destrución de postos de traballo e peche de oficinas, nun sector bancario galego xa moi afectado por anteriores reestruturacións.
Presentamos unha iniciativa no Congreso rexeitando a OPA.
Estivemos presentes en encontros sindicais, roldas de prensa e actos de denuncia para facer visible a nosa postura e reclamar medidas en defensa das traballadoras e traballadores.
A fusión ou absorción só traería consecuencias negativas para as traballadoras e traballadores do BBVA e Sabadell (despedimentos, aínda maior incremento de presións e carga de traballo, modificacións das nosas condicións laborais: mobilidades, xornadas...) e a CIG contribuíu a esa fronte en contra da OPA desde o primeiro momento.
Seguiremos, como sempre, defendendo os nosos dereitos laborais, a transparencia e a estabilidade no emprego, así como o mantemento dun servizo financeiro próximo e de calidade.
É hora de que as persoas que provocaron que os cadros de persoal estivesen saturados, presionados ata límites insospeitables, cunhas esixencias de obxectivos salvaxes durante todo este proceso, asuman a súa responsabilidade e deixen de xogar co futuro e as vidas dos e das excelentes profesionais que teñen baixo o seu mando. Queremos traballar e queremos traballar sen enfermar polas condicións dos nosos traballos.
Porque o noso compromiso é coas persoas e co país

www.cigbbva.gal/2025/10/non-hai-opa-non-hai-fusion.html#NonÁOPAdoBBVA
👍3
Xuntanza CESS
Un día para lembrar. Adeus BBVA-PSICO
Durante o día de onte, mércores
Despois de moitos, moitos anos, nos que reclamamos un sistema de avaliación de riscos psicosociais que considerásemos válido en canto a metodoloxía e resultados, o banco finalmente anunciou que, a partir de agora, o método que vai a empregar para este fin será o método
Deixaremos atrás un sistema fabricado ad hoc para BBVA, no que durante a súa existencia, tivo a maior logro ter acreditado CERO resultados en riscos psicosociais no cadro de persoal.
Dende o seu nacemento e posta en marcha, este sindicato e outros, estivemos de acordo en que ese método non servía porque non medía o que tiña que medir. Criticamos e reclamamos permanentemente que se mudase, que se actualizase, que se adoitase outra metodoloxía… E finalmente, ese día chegou.
E temos que parabenizarnos por iso.
Os riscos psicosociais son o grande elefante agochado na habitación que as empresas do sector financeiro empéñanse en meter debaixo da alfombra de xeito histórico. Ter unha ferramenta que expoña a verdadeira situación do persoal permitirá, a lo menos un chisco, facer verdade esa frase de que somos un banco de persoas para as persoas.
Por iso, dirixímonos a todos e todas vós para recomendarvos encarecidamente que, no momento de cubrir estas enquisas, o fagades con toda a sinceridade e expoñendo todo aquilo que vos estea a acontecer.
Só deste xeito conseguiremos que se poidan mudar as cousas, á vista dos resultados, coa implantación de medidas efectivas que, por suposto, esixiremos.
Queremos tamén defender e validar a importancia do bo funcionamento dun foro como é o CESS onde sempre debemos caber todas as voces e aportar todas e todos. Así si.
Un día para lembrar. Adeus BBVA-PSICO
Durante o día de onte, mércores
22 de outubro, tivo lugar unha sesión histórica do CESS (Comité Estatal de Seguridade e Saúde) do BBVA.Despois de moitos, moitos anos, nos que reclamamos un sistema de avaliación de riscos psicosociais que considerásemos válido en canto a metodoloxía e resultados, o banco finalmente anunciou que, a partir de agora, o método que vai a empregar para este fin será o método
FPSICO. Un método validado polo INSST (Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo), considerado unha ferramenta neutral con recoñecido prestixio institucional. O banco indicou que van a facer unha enquisa a todo o cadro de persoal para evitar demoras indebidas. Previamente, teremos unha xuntanza monográfica relativa a metodoloxía. E non haberá que agardar moito.Deixaremos atrás un sistema fabricado ad hoc para BBVA, no que durante a súa existencia, tivo a maior logro ter acreditado CERO resultados en riscos psicosociais no cadro de persoal.
Dende o seu nacemento e posta en marcha, este sindicato e outros, estivemos de acordo en que ese método non servía porque non medía o que tiña que medir. Criticamos e reclamamos permanentemente que se mudase, que se actualizase, que se adoitase outra metodoloxía… E finalmente, ese día chegou.
E temos que parabenizarnos por iso.
Os riscos psicosociais son o grande elefante agochado na habitación que as empresas do sector financeiro empéñanse en meter debaixo da alfombra de xeito histórico. Ter unha ferramenta que expoña a verdadeira situación do persoal permitirá, a lo menos un chisco, facer verdade esa frase de que somos un banco de persoas para as persoas.
Por iso, dirixímonos a todos e todas vós para recomendarvos encarecidamente que, no momento de cubrir estas enquisas, o fagades con toda a sinceridade e expoñendo todo aquilo que vos estea a acontecer.
Só deste xeito conseguiremos que se poidan mudar as cousas, á vista dos resultados, coa implantación de medidas efectivas que, por suposto, esixiremos.
Queremos tamén defender e validar a importancia do bo funcionamento dun foro como é o CESS onde sempre debemos caber todas as voces e aportar todas e todos. Así si.
ɴᴏɴ ᴀᴏ ᴘᴇᴄʜᴇ ᴅᴇ ᴏꜰɪᴄɪɴᴀs ɴᴏ ʙʙᴠᴀ!
O modelo de negocio que o BBVA está implantando a marchas forzadas, apoiándose na dixitalización forzosa da clientela e nunha atención remota (centros CSE), vai en contra do que publicamente defende en relación co servizo e atención aos colectivos vulnerábeis. Este modelo ten como consecuencias: peches de oficinas, amortización de postos de traballo, incremento da carga de traballo, dificultades de conciliación para as persoas traballadoras e deterioro na atención á clientela. Desde a sección sindical da CIG, entendemos que é hora de denunciar publicamente estas actuacións do banco e por iso comezamos o pasado martes 11 de novembro (en Compostela), unha campaña de mobilizacións que terá continuación nas vindeiras semanas.
ᴘᴇᴄʜᴀɴ ᴏꜰɪᴄɪɴᴀs
ᴅᴇɪxᴀɴ ᴀ ᴄʟɪᴇɴᴛᴇʟᴀ sᴇɴ sᴇʀᴠɪᴢᴏ
ʀᴇᴅᴜᴄᴇɴ ᴘᴇʀsᴏᴀʟ
ᴇsᴘʀᴇᴍᴇɴ ᴀᴏ ǫᴜᴇ ǫᴜᴇᴅᴀ
ᴀᴜᴍᴇɴᴛᴀɴ ᴏs ʙᴇɴᴇꜰɪᴄɪᴏs ᴅᴏ ʙᴀɴᴄᴏ
sᴜʙᴇɴ ᴏs sᴀʟᴀʀɪᴏs ᴅᴏ ᴄᴏɴsᴇʟʟᴏ ᴅᴇ ᴀᴅᴍɪɴɪsᴛʀᴀᴄɪóɴ
Continuaremos coas nosas mobilizacións para frear esta ofensiva do banco. Xa estivemos en Compostela, e o próximo 18 de novembro estaremos en Ourense.
Pola defensa dos nosos postos de traballo e da nosa saúde

www.cigbbva.gal/2025/11/Non-ao-peche-de-oficinas-no-BBVA.html👍1