CIG BBVA
54 subscribers
396 photos
26 videos
10 files
323 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
📢  B E R R A M O S    N O N

🗓 15  de Decembro
⏱️  Ás  12 h.
📍 En  Compostela

🔥 Convocámoste xunto ca Plataforma en Defensa da Ría de Arousa a berrar con nós da Alameda cara o Obradoiro:

A Xunta non poderá calar a todo un país


🇦 🇱 🇹 🇷 🇮   🇳 🇴 🇳


Estábalo agardando
Difunde e espállao 💚 🙌

♻️ 🚍 Anótate no local da CIG da túa comarca para vir en Bus a Compostela
🌐 i.gal/altri15Dbuses


🪧 Cartaz  [ᴘᴀʀᴀ ɪᴍᴘʀɪᴍɪʀ]

#AltriNON
#ManiObradoiro15D #NonImosCalar #Manifestación #SantiagoDeCompostela
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
MANIFESTACIÓN HISTÓRICA

Máis de 100.000 persoas ateigaron #Compostela para amosarlle a Rueda que «A Xunta non pode calar a todo un País».
O berro de «Altri Non» foi un clamor que se espallou por toda a capital de Galiza contra o proxecto de macrocelulosa.

A todos/as moitas grazas pola vosa participación e apoio.

#AltriNON
#ManiObradoiro15D #NonImosCalar #Manifestación #SantiagoDeCompostela

📸 Imaxes
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Non máis abusos das Mutuas, queremos sanidade pública

O lesivo acordo para a reforma das pensións pactado polo Goberno español no diálogo social con CC.OO, UGT e a patronal estatal, alén de non garantir o acceso a unha xubilación digna para toda a clase traballadora, aposta por darlle máis poder ás mutuas e que estas axencias privadas poidan xestionar as baixas por doenzas músculo-esqueléticas.

Dende o primeiro momento, a CIG manifestou a súa oposición frontal porque se afonda na privatización da sanidade pública, desviando os recursos a estas entidades, e porque as mutuas xa son, a día de hoxe, un instrumento de abuso enorme a prol dos interese da patronal.

#SanidadePública
#NonAosAbusosMutuas
Via Galega e Galiza Cultura conmemoran, o 20 de decembro, o 117 aniversario da estrea do Himno Galego.

#HimnoGalego #himno #Aniversario117 #Galiza


Que din os rumorosos na costa verndecente, ó raio trasparente do prácido luar…?
Que din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado, monótono fungar…?

Do teu verdor cinxido e de benignos astros, contin dos verdes castros e valeroso clan,
non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo entenden o noso rouco son,
máis sós os ignorantes e férridos e duros, imbéciles e escuros non os entenden, non.

Os tempos son chegados dos bardos das edades, que as vosas vaguedades cumprido tin terán;
pois donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán.
Novo Himno Galego - Os Pinos
Eduardo Pontal
Para conmemorar está efeméride e reclamar a restauración do texto do himno, consonte ao texto orixinal creado por Eduardo Pondal, convidámoste a participar nos actos que vanse desenvolver este venres, 20 de decembro ás 20 h*, en...

A Coruña:
Teatro de Rosalía de Castro
Compostela:
Teatro Principal
Ferrol:
Centro Cultural Torrente Ballester
Lugo:
Deputación *ás 12 h
Ourense:
EdF. de Ferro, Facultade Educación
Pontevedra:
Biblioteca Pública
Vigo:
Auditorio Mar de Vigo


#HimnoGalego #Aniversario117 #Galiza
🗓 Calendario Laboral 2025

Festas locais e nacionais, de carácter obrigatorio e non recuperábel

www.cigbbva.gal/2024/12/calendario-laboral-2025.html


#CalendarioLaboral
Seguimos a perder salario

Aínda que grazas á túa mobilización recuperamos algo de salario, porén seguimos a perder un 9,40 % vía convenio.

No período 2010—2023 o IPC subiu un 27 % e os salarios por Convenio un 16,25 %

O certo é que no ano 2024, despois dunha folga de sector convocada pola CIG en Galiza (que non foi secundada polos sindicatos estatais) e dunha folga posterior en todo o Estado (que si foi apoiada pola CIG), ambas con amplo seguimento no noso territorio, os salarios subiron por convenio un 4,25 % e o IPC pechou nun 2,8 %, polo que a recuperación salarial para ese ano foi cativa, dun 1,45 %. 
[...]
O persoal, secundando as mobilizacións iniciadas pola CIG no sector, demos a batalla e cambiamos por primeira vez o discorrer da negociación, malia que outros, coma sempre, claudicaron á primeira de cambio, renunciando a recuperar máis salarios e avanzar en dereitos.

www.cigbbva.gal/2025/01/seguimos-a-perder-salario.html
ʟɪɴɢᴜᴀ ᴠɪᴛᴀʟ xᴀ!
Manifestación

🪧 Difunde! ✈️ TG #galego

A plataforma de defensa da nosa lingua «Queremos Galego» anima a cidadanía a transformar a emerxencia lingüística en forza reparadora, o día de Rosalía, reclamando Lingua vital xa! 

♻️ 🚍 Consulta na seguinte ligazón os horarios e autobuses dispoñíbeis

www.queremosgalego.gal/autobus-2


✍️ ASINA O MANIFESTO! 
  MOBILÍZATE POLO #GALEGO

📆 Domingo 23 de febreiro  ás 12h  dende a Alameda de #Compostela

#galego@cigbbva #QueremosGalego
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Compañeira/o,

Ao Comité de Empresa Provincial de Lugo de BBVA foille facilitada información e documentación (Informe da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo) en relación a denuncia por acoso laboral acontecida nesta provincia, que consideramos de relevancia e trasladamos.

A este respecto a Inspección de Traballo informou que
Una vez recaba toda la información posible, de lo constatado en la visita, comparecencia y documentación aportada, por parte de la actuante se entiende que no hay suficientes pruebas de peso e importancia para considerar que el comportamiento del responsable y director de la oficina del BBVA pueda calificarse como «acoso laboral». No obstante, se ha podido constatar y se ha advertido a la empresa de las siguientes irregularidades:

1.— Se ha requerido a la empresa para que actualice su evaluación de riesgos psicosociales del centro de trabajo
2.— La empresa tiene un trabajador, que, sin intención de perjudicarlo por parte de la actuante, debe de cambiar su conducta y actitud hacia los trabajadores, ya que se
ha podido constatar a través de varias declaraciones, que siempre ha sido un trabajador con responsabilidad que trabaja de forma «dura al decir las cosas», de «trato malo», con «forma de comportarse no adecuada» y «no trata bien a los trabajadores».
3.— Se ha constatado que la empresa ha atendido a la denuncia de una trabajadora mediante la activación del protocolo de acoso laboral de forma tardía y dilatando el procedimiento, debido a que la trabajadora puso en conocimiento su denuncia en fecha 20 de marzo de 2024, y la empresa hasta el 4 de junio de 2024, no inicia la instrucción del expediente de investigación.


Este Comité é igualmente coñecedor de diversas manifestacións feitas polo superior do denunciado (DCBC) en datas posteriores á remisión do Informe da Inspección de Traballo, tales como «la inspección salió bien» o «fue sobreseido», coas que está en absoluto desacordo este Comité, tanto na forma (feitas en distintas reunións de negocio con colaboradores) como no fondo. Considera este Comité que, se non malintencionadas, cando menos non se adecúan á realidade.
Infórmase tamén ao Comité de que, ante os feitos ocorridos e o dano que estes lle causaron e aínda lle causan, a compañeira denunciante presentou demanda ante os Tribunais de Xustiza, á espera de celebración de xuízo.

Por último, sinalar de xeito nítido que este Comité considera intolerábel calquera forma de acoso ou maltrato no ámbito laboral e que ninguén ten porque sufrilos. Así como calquera actuación encamiñada a eliminar ou reducir a importancia dos mesmos, sexa mesmo da propia empresa ou doutros/as traballadores/as (superiores…).
E que o Banco debe tomar medidas contundentes e exemplarizantes contra os/as acosadores/as e maltratadores/as laborais e quen amparan ou incluso incentivan eses comportamentos.

Este Comité amosa un apoio firme a quen dá o necesario paso de denuncialos. De sufrires acoso ou maltrato laboral non o cales, asesórate e denúnciao.

No BBVA, tolerancia cero fronte o acoso e o maltrato laboral.

Comité de Empresa Provincial de Lugo no BBVA.

#NonAoAcosoLaboral #NonAoAcosoNoBBVA@CIGBBVA #Lugo
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
Compañeira/o,

Como sabes, o 21 de marzo celebrarase a Xunta Xeral de Accionistas do BBVA. Novamente interviremos para trasladar ao presidente, conselleiro delegado e demais membros do consello e accionistas o sentir real e as demandas de todas e todos nós. E para iso a delegación dos votos é fundamental.

Envía a túa papeleta de delegación asinada a favor de María Carmen García González  (DNI 34893441-H )  á oficina 2200 (O Cantón, A Coruña), entrégalla a calquera outr@ delegad@, ou realiza a delegación a través dos medios electrónicos disponíbeis (App ou Web).

Para que se escoite nitidamente a túa voz na #XXA, sen censuras nin intermediarios, delega o teu voto na CIG

#XXAABBVA #DelegaNaCIG

DNI [_]  preme enrriba para velo
👍1
ᴛʀᴀʙᴀʟʟᴏ, ɪɢᴜᴀʟᴅᴀᴅᴇ, sᴀʟᴀʀɪᴏs ᴅɪɢɴᴏs
ɢᴀʟɪᴢᴀ ᴄᴏɴ ᴅᴇʀᴇɪᴛᴏs


Este sábado 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, participa nas mobilizacións convocadas pola CIG e polo Movemento Feminista Galego


www.cigbbva.gal/2025/03/traballo-igualdade-e-salarios-dignos.html


#TraballoIgualdadeESalariosDignos #GalizaConDereitos #EnMarchaParaTransformarAVidaDasMulleres #CIG #Marzo08 #DíaInternacionalDaMullerTraballadora
👍2
10ᴍ: ᴛʀᴀʙᴀʟʟᴏ, ɪɢᴜᴀʟᴅᴀᴅᴇ ᴇ sᴀʟᴀʀɪᴏs ᴅɪɢɴᴏs ɴᴜɴʜᴀ ɢᴀʟɪᴢᴀ ᴄᴏɴ ᴅᴇʀᴇɪᴛᴏs

No Día da Clase Obreira Galega, convocamos mobilizacións nos principais concellos para reivindicar, con 12 medidas, traballo, igualdade e salarios dignos nunha #Galiza con dereitos.

Este 10 de Marzo mobilízate coa CIG

www.cigbbva.gal/2025/03/10M-Dia-da-Clase-Obreira-Galega.html

Son tempos de loita!

#DíaDaClaseObreiraGalega #Marzo10 #MobilízateCoaCIG

📸 Imaxes Avantar
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
👌1
Intervención da CIG
Xunta xeral de accionistas 2025


Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2025

www.cigbbva.gal/2025/03/intervencion-da-CIG--xunta-xeral-de-accionistas-BBVA.html

#XXAABBVA
👥

Solicitamos o cambio de nivel ás contratacións realizadas no 2024

Compañeira/o,

Informarte de que na reunión mantida o pasado 10 de marzo en Madrid por representantes desta Sección Sindical da CIG con membros da Dirección de BBVA (Peio Belausteguigoitia, Paul García Tobin e Yolanda Martínez Bajo), perante que as novas contratacións realizadas neste ano estanse a realizar con nivel XI de convenio (salario anual de 27.768,28 €), solicitamos que as realizadas o ano pasado deberían ter cando menos ese nivel e non o de Acceso (salario anual de 21.379,21 €).
Que se proceda canto antes a, cando menos, pasar a nivel XI a todo o persoal que está actualmente con Nivel de Acceso e se lle abonen as diferencias salariais desde o inicio das contratacións.

Na reciente Xunta Xeral de Accionistas do 21 de marzo, voltamos a demandar ao presidente, conselleiro delegado e demáis membros do consello tal circunstancia; porque non facelo suporía continuar a discrimininar ás contratacións anteriores con respecto ás actuais de 2025.

Cómpre lembrar que bancos como o BBVA realizaron durante anos anteriores (e poden seguir a realizar) contratacións con Nivel de Acceso porque ese novo nivel, que precarizou aínda máis as condicións salariais e laborais das novas contratacións, foi introducido no Convenio Colectivo 2019—2023 asinado por CC.OO e UGT (non estaba nos anteriores convenios).
E foi un dos motivos polos que a CIG non asinamos ese convenio, que supuña empeorar aínda máis as condicións laborais (salario, periodo de proba...) das novas contratacións no sector.

Agardando que a Dirección de BBVA atenda as nosas reiteradas demandas neste asunto, lembrámosvos que para calquera cuestión laboral (consulta, problema...) as delegadas e delegados da CIG estamos á túa disposición, ou podes contactar connosco por medio desta canle e/ou correo electrónico.

ᴇsᴛᴀᴍᴏs ᴘᴀʀᴀ ᴀxᴜᴅᴀʀᴛᴇ

Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Campaña Renda 2024

Se es afiliado ou afiliada da CIG, podes utilizar a Oficina Virtual para recibir o asesoramento que a central sindical pon a túa disposición

#Renda #CIG
👥


Compañeira/o,

Como te informamos nesta mesma canle (e por correo electrónico), o pasado 24 de marzo, despois de termos coñecemento de que as contratacións realizadas este ano estaban sendo con nivel 11, a CIG solicitou á Dirección do banco (xuntanza do pasado 10 de marzo) e na pasada Xunta Xeral de Accionistas, o cambio a ese nivel ou superior das contratacións anteriores que aínda continuabades con Nivel de Acceso.

Hoxe congratulámonos de que as reiteradas peticións da CIG fosen aceptadas. De que, con efectos desde o 1 de xaneiro deste ano, teñas xa recoñecido o nivel 11.
Na nómina deste mes de abril, ademáis do correspondente incremento salarial mensual, deberán figurar os atrasos dos 3 meses anteriores.
Agardamos, e así o temos tamén solicitado tamén, que o teu salario anual pase a ser de 26.768,28 € salario anual das novas contratacións realizadas neste ano, superior ao de nivel 11 establecido no convenio ( 25.391,43 € ).

As delegadas e delegados da CIG estamos a túa disposición para atender calquera consulta, problema… que poidas ter.

Contacta con calquera de nós, ben por medio do correo electrónico ou nesta mesma canle.
É imprescindíbel para asegurar a nosa forza (sindical), contar coa túa afiliación, contigo…

xᴜɴᴛᴀs/ᴏs sᴏᴍᴏs ᴍáɪs ꜰᴏʀᴛᴇs!

Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
📢 Mobilízate coa CIG

Este #1deMaio revindicamos #traballo, #dereitos e #soberanía

🪖 Paremos o rearme imperialista: #GalizaContraAsGuerras

Erguémonos contra a crise,
✂️ os recortes, a pobreza e a desigualdade

🛑 Nin un paso atrás na defensa dos salarios, pensións, sanidade, educación, vivenda, coidados e servizos públicos dignos e de calidade!

📣 A CIG convoca 17 mobilizacións no Día Internacional da Clase Obreira

🐩 i.gal/1maio25

Espalla a convocatoria !!!

📷 i.gal/1m25it
i.gal/1m25tt
✖️  i.gal/1m25x
🔵  i.gal/1m25fb
🎬 i.gal/1m25yt
🦋  i.gal/1m25bs


www.cigbbva.gal/2025/04/1-maio-Traballo-Dereitos-Soberania-Galiza-contra-as-guerras.html
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM