CIG BBVA
54 subscribers
396 photos
26 videos
10 files
323 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
16ª Xuntanza mesa negociación do convenio colectivo de Banca


AEB tira de previsións do Banco de España para xustificar a súa oferta de suba salarial


Na última xuntanza AEB afirma que unha suba do 11 % para os tres anos de convenio é moi xenerosa. Para xustificar esa afirmación, saca a relucir as previsións de IPC do Banco de España para os próximos tres anos. Desde a CIG lembrámoslle a patronal que as previsións de IPC do Banco de España para o anterior trienio non se cumpriron, superáronse amplamente, e ben que estamos sufrindo todas e todos as consecuencias dunha inflación desbocada nos últimos catro anos.
En Galiza o IPC de maio foi do 4 %

A loita é o único camiño!!!

www.cigbbva.gal/2024/07/xuntanza-16-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
📣 CIG INFORMA
Preacordo no Convenio de Banca

👉 Hoxe, 23 de xullo, na mesa negociadora do convenio, a plataforma conxunta (CC.OO, UGT e FINE) chegou a un preacordo salarial coa AEB, por baixo do asinado en aforro 🤬 coas seguintes condicións:

Suba do 11% para os tres anos, repartida nun 4,25% para 2024, un 4% para 2025 e un 2,75% para 2026.
Garantía de suba salarial para os tres anos:
70 % en 2024, 70 % en 2025 e 50 % en 2026
Revalorización segundo táboas de todos os conceptos de convenio, agás a antigüidade.


A antigüidade xeral revalorizarase como segue:

480 euros para 2024 (1,87 %)
490 euros para 2025 (2,08 %)
500 euros para 2026 (2,04 %)

😡 En total unha suba do 5,99 % (moi por debaixo da suba en táboas)
A antigüidade de técnic@s revalorizarase na mesma proporcion.

Un día adicional de vacacións para cada un dos anos deste convenio.
E unha cláusula de revisión salarial topada o 2 %, para aplicar, se fose necesario, ao finalizar o convenio.

🔥 Consúmase unha NOVA TRAIZÓN ao persoal dun sector que recibe migallas como recompensa ao seu esforzo 🔥
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
😢2
17ª Xuntanza mesa negociación do convenio colectivo de Banca

Asinado preacordo (salarial).
AEB conseguiuno unha vez máis


A CIG non asinou o preacordo salarial porque:

★ Non permite recuperar o poder adquisitivo perdido
★ Non asegura que a futuro non volvamos perder
★ Non garante o cobro do 100 % da suba para todo o persoal
★ Non revaloriza os trienios de antigüidade na mesma proporción que o resto de conceptos de convenio

www.cigbbva.gal/2024/07/xuntanza-17-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
Gallup – 2024
O compromiso de facer a enquisa

Outro ano máis temos diante unha nova enquisa de #Gallup.
Un cuestionario moi importante para a empresa porque valora a propia organización a través das respostas do seu cadro de persoal.

Compañeiras, compañeiros, é o momento da verdade. Non nos deixemos manipular, contestemos á enquisa con honestidade e de acordo coa realidade.

www.cigbbva.gal/2024/10/Enquisa-Gallup-o-noso-compromiso-de-facela.html
BBVA, intelixencia artificial e idiomas cooficiais

Neste momento no que o mundo laboral se transforma a pasos axigantados, os sindicatos que subscribimos este comunicado (SEC, CIG, ELA, Intersindical) sabemos da intención do BBVA de seguir introducindo a intelixencia artificial en todos os seus procesos, tamén nos referentes á selección de persoal.

Non podemos obviar a realidade á que nos enfrontamos desde que se desmantelou o anterior organigrama e modelo de TyC: nas últimas contratacións, as linguas cooficiais, euskera, galego e catalán, quedaron relegadas a un segundo plano. Esta omisión non é só un erro administrativo, senón unha falta de respecto cara á nosa identidade e ás nosas comunidades. En Euskal Herria, Galiza e Catalunya, isto tivo consecuencias tanxibles: o coñecemento dos nosos idiomas converteuse nun requisito invisible.

Facemos un chamamento á dirección do BBVA: reconsideren o seu enfoque nos procesos de selección e no desenvolvemento das súas ferramentas de interface «intelixente» coa clientela. Valoren a riqueza que aporta a diversidade lingüística á nosa organización. É un paso vital para que o BBVA non sexa só un banco, senón un verdadeiro reflexo da sociedade na que nos encontramos. Non deixemos que as nosas voces se apaguen no eco de decisións que nos afectan profundamente. O futuro do BBVA debe ser inclusivo e, sobre todo, auténtico. Estamos aquí, unidos e unidas, para defender os intereses dos e das traballadoras do BBVA e os da nosa clientela.


www.cigbbva.gal/2024/10/BBVA-intelixencia-artificial-e-idiomas-cooficiais.html

#IA #galego #IntelixenciaArtificial
Compañeiro/a,

Despois do infame preacordo de convenio do pasado 23 de xullo (AEBCC.OOUGTFINE) no que nin sequera se chega ao que asinaron eses mesmos sindicatos en Aforro (ex-caixas) e Rurais (con subas salariais para todos os conceptos de convenio, sen cláusula de compensación e absorción, paga adicional pola grande perda acumulada...), vimos de recibir convocatoria por parte da AEB de nova xuntanza da Mesa de Convenio para o próximo martes día 12 ás 17 h, na que indican que presentarán proposta de texto de Convenio.

Lembrar que o preacordo acadado unicamente está referido a aspectos salariais, quedando aspectos moi importantes do convenio aínda pendentes de negociar como son a kilometraxe (en Aforro a 35 cts/km) ou os importes de dietas e medias dietas (en Aforro máis do dobre que os actuais en Banca), entre outros.

Agardemos que despois de ser convocada a mesa con máis de 2 meses de atraso (compromiso da AEB de convocar a primeiros de setembro), os sindicatos asinantes do preacordo non se volvan deixar engatusar por unha Patronal absolutamente avara e volvan loitar por un convenio digno, o que merecemos.

Estamos a tempo!
📣  CIG INFORMA

ᴀsɪɴᴀᴅᴏ ᴏ xxᴠ ᴄᴏɴᴠᴇɴɪᴏ ᴅᴇ ʙᴀɴᴄᴀ (2024-2026)

🔥 Hoxe, 12 de novembro, asinouse por parte de CC.OO, UGT e FINE coa AEB, o XXV Convenio Colectivo de Banca para os anos 2024, 2025 e 2026, cunhas condicións económicas por o baixo do asinado en aforro 🤬 :

★ Suba do 11% para os tres anos, repartida nun 4,25% para 2024, un 4% para 2025 e un 2,75% para 2026.
★ Garantía de suba salarial para os tres anos: 📉
70% en 2024, 70% en 2025 e 50% en 2026.
★ Revalorización segundo táboas de todos os conceptos de convenio, salvo a antigüidade.

A antigüidade xeral revalorizarase como segue:
★ 480 euros para 2024 (1,87%)
★ 490 euros para 2025 (2,08%)
★ 500 euros para 2026 (2,04%)
😡 En total unha suba do 5,99% (moi por debaixo da suba en táboas)
A antigüidade de técnic@s revalorizarase na mesma proporcion.

Un día de libre disposición adicional, non consolidable, para os anos 2024, 2025 e 2026, (tendo de prazo para gozar o día adicional de 2024 ata 30/09/25).

E unha cláusula de revisión salarial topada o 2%, para aplicar, se fose necesario, ao finalizar o convenio.

🔥 Asinada definitivamente a NOVA TRAIZÓN ao persoal dun sector que recibe migallas como recompensa ao seu esforzo 🔥

👉 Farémosvos chegar unha análise polo miúdo nos vindeiros días

#Convenio@cigbbva #ConvenioBanca
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
👍1😢1🙏1
A grande oportunidade perdida
ᴇɴ ᴀɴᴏs ᴅᴇ ʙᴇɴᴇꜰɪᴄɪᴏs ʀéᴄᴏʀᴅ, ᴀsɪɴᴀɴ ᴄᴏɴᴠᴇɴɪᴏ ᴅᴇ ᴍíɴɪᴍᴏs

Coa sinatura do XXV convenio colectivo, nos termos establecidos por CC.OO, UGT, FINE e a patronal, as persoas traballadoras dos bancos AEB perdemos unha oportunidade histórica de recuperar os nosos salarios e mellorar significativamente as nosas condicións de traballo.

Nunca na historia da negociación deste convenio os bancos gañaron tanto e as persoas traballadoras recibimos tan pouco polo noso esforzo e compromiso.

Xa vimos que no preacordo salarial asinado en xullo, as nosas condicións salariais pactadas son moi inferiores ao asinado no Convenio de Aforro por estas mesmas organizacións, que non foron quen de defender os seus propios límites, botando a perder o esforzo do persoal que apoiamos decididamente a loita por mellorar as nosas condicións salariais e de traballo.

Os asinantes do convenio non foron quen de escoitar o berro do persoal que, consciente da transcendencia do momento, pedía seguir loitando polos seus dereitos dende a unidade sindical …ou non quixeron escoitar


#Convenio@cigbbva #ConvenioBanca

www.cigbbva.gal/2024/11/xuntanza-18-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
A Plataforma Queremos Galego anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a mobilizarse para un novo rumbo para a lingua cos seguintes puntos mínimos e medidas urxentes:


Puntos mínimos:

★ Vixencia dos obxectivos do Plan Xeral de Normalización da Lingua aprobado por unanimidade
★ Elaboración dun calendario de acción 2024-2027 para a aplicación e actualización de todas as medidas deste Plan, cos recursos necesarios para levalo a cabo
★ O calendario contemplará a avaliación dos resultados das medidas unha vez aplicadas e as correccións precisas


Medidas urxentes:

Ensino: Derrogación do decreto 79/2010 e aprobación dun novo decreto que asegure os máximos niveis de docencia en galego
Actividades comerciais e económicas: Asegurar o pleno dereito de uso do galego, coa atención e a oferta correspondente, en todo tipo de servizos
Cultura e lecer: Recuperar o papel normalizador da TVG, con ampla oferta para o público infantil e xuvenil
Administración e servizos públicos: oferta positiva en galego en todos os servizos da administración pública

✍️ ASINA O MANIFESTO!
MOBILÍZATE POLO #GALEGO

📆 Domingo 17 de novembro ás 12 h na Praza da Quintana de #Compostela

#galego@cigbbva #QueremosGalego
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
👍2
25N | Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Óllate no espello, rompe co machismo

O silencio fainos cómplices!
É imprescindíbel manifestar tolerancia cero contra as actitudes machistas


CONTROLAR é violencia.
HUMILLAR é violencia.
INSULTAR é violencia.
RIDICULIZAR é violencia.
ILLAR é violencia.
SOMETER é violencia.
MENOSPREZAR é violencia.
PRESIONAR é violencia.
CHANTAXEAR é violencia.
VIXIAR é violencia.
TOCAR O CORPO sen consentimento é violencia.
ENVIAR OU SOLICITAR IMAXES ou vídeos de contido sexual é violencia.
ACOSAR é violencia.

Participa na mobilización da túa comarca, no acto convocado polo movemento feminista galego durante a xornada do 25N

www.cigbbva.gal/2024/11/ollate-no-espello-Rompe-co-machismo.html
📢 B E R R A M O S N O N

🗓 15 de Decembro
⏱️ Ás 12 h.
📍 En Compostela

🔥 Convocámoste xunto ca Plataforma en Defensa da Ría de Arousa a berrar con nós da Alameda cara o Obradoiro:

🇦 🇱 🇹 🇷 🇮 🇳 🇴 🇳


Estábalo agardando
Difunde e espállao 💚 🙌


Cartaz [ᴘᴀʀᴀ ɪᴍᴘʀɪᴍɪʀ]

#AltriNon
#ManiObradoiro15D #NonImosCalar #Manifestación #SantiagoDeCompostela
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Comité Estatal de Seguridade e Saúde (ᴄᴇss)

O BBVA inclúe o control do RADON na súa prevención de riscos laborais a petición da CIG

A CIG vén reclamando, nas reunións do CESS, de forma recorrente dende hai anos a importancia deste tema, que afecta a practicamente todo o territorio galego


A publicación en xaneiro de 2024 do Plan Nacional Contra o Radon, concreta a obriga de medir en centros de traballo a partires de xuño deste ano

#CESS #Radon #SaúdeLaboral #PrevenciónRRLL

www.cigbbva.gal/2024/11/o-BBVA-inclue-o-control-do-radon-na-sua-PRRLL-solicitado-pola-CIG.html
📢  B E R R A M O S    N O N

🗓 15  de Decembro
⏱️  Ás  12 h.
📍 En  Compostela

🔥 Convocámoste xunto ca Plataforma en Defensa da Ría de Arousa a berrar con nós da Alameda cara o Obradoiro:

A Xunta non poderá calar a todo un país


🇦 🇱 🇹 🇷 🇮   🇳 🇴 🇳


Estábalo agardando
Difunde e espállao 💚 🙌

♻️ 🚍 Anótate no local da CIG da túa comarca para vir en Bus a Compostela
🌐 i.gal/altri15Dbuses


🪧 Cartaz  [ᴘᴀʀᴀ ɪᴍᴘʀɪᴍɪʀ]

#AltriNON
#ManiObradoiro15D #NonImosCalar #Manifestación #SantiagoDeCompostela
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
MANIFESTACIÓN HISTÓRICA

Máis de 100.000 persoas ateigaron #Compostela para amosarlle a Rueda que «A Xunta non pode calar a todo un País».
O berro de «Altri Non» foi un clamor que se espallou por toda a capital de Galiza contra o proxecto de macrocelulosa.

A todos/as moitas grazas pola vosa participación e apoio.

#AltriNON
#ManiObradoiro15D #NonImosCalar #Manifestación #SantiagoDeCompostela

📸 Imaxes
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Non máis abusos das Mutuas, queremos sanidade pública

O lesivo acordo para a reforma das pensións pactado polo Goberno español no diálogo social con CC.OO, UGT e a patronal estatal, alén de non garantir o acceso a unha xubilación digna para toda a clase traballadora, aposta por darlle máis poder ás mutuas e que estas axencias privadas poidan xestionar as baixas por doenzas músculo-esqueléticas.

Dende o primeiro momento, a CIG manifestou a súa oposición frontal porque se afonda na privatización da sanidade pública, desviando os recursos a estas entidades, e porque as mutuas xa son, a día de hoxe, un instrumento de abuso enorme a prol dos interese da patronal.

#SanidadePública
#NonAosAbusosMutuas
Via Galega e Galiza Cultura conmemoran, o 20 de decembro, o 117 aniversario da estrea do Himno Galego.

#HimnoGalego #himno #Aniversario117 #Galiza


Que din os rumorosos na costa verndecente, ó raio trasparente do prácido luar…?
Que din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado, monótono fungar…?

Do teu verdor cinxido e de benignos astros, contin dos verdes castros e valeroso clan,
non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo entenden o noso rouco son,
máis sós os ignorantes e férridos e duros, imbéciles e escuros non os entenden, non.

Os tempos son chegados dos bardos das edades, que as vosas vaguedades cumprido tin terán;
pois donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán.
Novo Himno Galego - Os Pinos
Eduardo Pontal
Para conmemorar está efeméride e reclamar a restauración do texto do himno, consonte ao texto orixinal creado por Eduardo Pondal, convidámoste a participar nos actos que vanse desenvolver este venres, 20 de decembro ás 20 h*, en...

A Coruña:
Teatro de Rosalía de Castro
Compostela:
Teatro Principal
Ferrol:
Centro Cultural Torrente Ballester
Lugo:
Deputación *ás 12 h
Ourense:
EdF. de Ferro, Facultade Educación
Pontevedra:
Biblioteca Pública
Vigo:
Auditorio Mar de Vigo


#HimnoGalego #Aniversario117 #Galiza