Axeitado é lembrar o noso comunicado de fai case 4 anos, ao fío da noticia coñecida hoxe martes, 30 de abril...
#CIG #BBVA #Sabadell #SabadellGallego
www.cigbbva.gal/2020/11/posicion-CIG-ante-a-fusion-BBVA-SabadellGallego.html#CIG #BBVA #Sabadell #SabadellGallego
Organízate para loitar
Loita para avanzar
Afíliate á 🇨 🇮 🇬
Confederación Intersindical Galega
A 1ª forza sindical na Galiza
Na CIG centramos a nosa acción tanto na defensa dos dereitos laborais da clase traballadora como na loita pola transformación social desde Galiza.
A nosa fortaleza provén do modelo do sindicalismo nacionalista galego, baseado na solidariedade de clase, a democracia participativa, a combatividade, o autofinanciamento e a total independencia organizativa.
Primeira forza sindical da Galiza
A CIG é hoxe o maior sindicato de Galiza, con máis de 80.000 afiliad@s, o que constitúe preto dun 11,5% da poboación asalariada do noso país.
Con máis 5100 delegad@s, somos a primeira forza en representación sindical, encabezando a maioría dos sectores.
Non nos limitamos aos centros de traballo, senón que a través da mobilización social nos implicamos en multitude de loitas laborais e sociais.
Gozamos da condición legal de «sindicato máis representativo» a nivel de todo o Estado español, xunto a CC.OO, UGT e ao sindicato vasco ELA. Esta condición que só a temos este catro sindicatos, e permite a nosa participación nos organismos oficiais tripartitos estatais e galegos.
Loitamos para combater este capitalismo depredador que acumula os beneficios nunha minoría privilexiada mentres se apropia cada día con maior impunidade da riqueza que xeramos co noso traballo.
Rexeitamos as políticas de recortes, precarización laboral e empobrecemento practicadas polos diferentes gobernos.
Reivindicamos unha Galiza soberana e sen explotación, orgullosa da súa identidade cultural e lingua propias, en pé de igualdade fraternal cos restantes pobos e nacións do mundo, conforme a nosa concepción antiimperialista.
Loitamos desde a nosa convicción feminista contra o machismo, a violencia de xénero e a discriminación das mulleres, e promovemos a igualdade, a diversidade, a coeducación e a corresponsabilidade.
Apostamos pola mobilización social como o motor do cambio e pola defensa das posicións de clase e nacionais como a única forma de dar solucións ás crises concatenadas que vivimos.
Autofinanciamento
A CIG aitofinánciase mediante a achega económica dos nosos afiliados e afiliadas en preto dun 100% dos nosos ingresos.
Ese sustento que achega a afiliación permite que manteñamos a nosa independencia económica como base da nosa independencia organizativa.
Instrumentos cos que contamos
Caixa de resistencia. É unha ferramenta exclusiva da CIG que busca compensar parte dos custos que os traballadores e traballadoras teñen que afrontar ante as convocatorias de folga. Este acto de solidariedade económica da nosa
afiliación serviulles a moitos afiliados e afiliadas para resistir e acadar unha maior efectividade nas folgas, contribuíndo deste xeito a conseguir gañar os conflitos fronte á patronal.
Departamento xurídico. Encárgase da acción xudicial e do asesoramento e defensa da nosa afiliación en casos de despedimentos, reclamacións de cantidades, vacacións, xornada
laboral, pensións, prestacións por desemprego ...etc. É unha ferramenta imprescindíbel para facer valer os teus dereitos fronte ás arbitrariedades da patronal e como apoio á acción sindical.
Departamentos de asesoramento económico, laboral e de igualdade. Ocúpanse de proporcionar todo tipo de asesoramento técnico e informes sobre ERE, descolgues de convenios, economía social, plans e políticas de igualdade e conciliación, informes sobre normativas ...etc. Realizan estudos e análises sobre a situación socioeconómica e laboral de Galiza e dos diferentes sectores produtivos.
Plan de Axuda Alimentar Solidario da CIG. Que se mantén coas achegas da nosa afiliación, para dar apoio á afiliación con dificultades para poder cubrir as necesidades
máis básicas de sustento. Este plan consiste na entrega mensual de alimentos non perecedoiros.
Accións formativas. A través de diversos plans e
proxectos de formación, cooperación e investiga-
ción, co fin de ofertar e desenvolver uns servizos
de calidade, axeitados ás necesidades actuais e
futuras da clase traballadora galega.

Fusión entre BBVA e Sabadell: destrución de emprego e perda de servizos financeiros
A CIG lembra que os procesos de concentración bancaria, supoñen peche de oficinas e sobrecarga de traballo para o persoal
#CIG #BBVA #Sabadell #SabadellGallego
A CIG lembra que os procesos de concentración bancaria, supoñen peche de oficinas e sobrecarga de traballo para o persoal
www.cig.gal/nova/fusion-entre-bbva-e-sabadell-destrucion-de-emprego-e-perda-de-servizos-financeiros.html#CIG #BBVA #Sabadell #SabadellGallego
Comunicado.jpeg
390 KB
Non á mal chamada fusión BBVA-Sabadell
A CIG está en contra da mal chamada fusión BBVA-Sabadell; denunciamos, unha vez máis, o nefasto modelo de sistema financeiro impulsado dende Bruxelas
#CIG #BBVA #Sabadell #SabadellGallego
A CIG está en contra da mal chamada fusión BBVA-Sabadell; denunciamos, unha vez máis, o nefasto modelo de sistema financeiro impulsado dende Bruxelas
www.cigbbva.gal/2024/05/Non-a-Fusion-BBVA-Sabadell-Gallego.html#CIG #BBVA #Sabadell #SabadellGallego
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
Galego vivo, Galiza viva 👅🩵
✍️ Asina o manifesto
🚍 Vén en autobús a Santiago!
📱 Axúdanos a difundir a manifestación
✊ Maniféstate esta sexta feira (venres) 17 de maio ás 12 h. na alameda de Compostela coa plataforma Queremos Galego!
#17maio #QueremosGalego #DíaDasLetrasGalegas
www.queremosgalego.gal/manifesto/🚍 Vén en autobús a Santiago!
www.queremosgalego.gal/autobus📱 Axúdanos a difundir a manifestación
www.queremosgalego.gal/difunde
✊ Maniféstate esta sexta feira (venres) 17 de maio ás 12 h. na alameda de Compostela coa plataforma Queremos Galego!
#17maio #QueremosGalego #DíaDasLetrasGalegas
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
AEB, escoita!!! Queremos recuperar salarios e non seguir perdendo
Na xuntanza de onte, 8 de maio (2024), AEB deixou claro que segue sen querer ver a realidade do sector, como amosa a súa proposta.
Propoñen un convenio a catro anos, cunha suba para o conxunto deses catro anos do 11 % (un 0,50 % máis que na anterior xuntanza), cunha revisión referenciada ao IPC de como máximo o 2 %, para aplicar ao final do convenio.
A CIG volveu a reiterar na mesa que os beneficios dos bancos AEB non nos permiten aceptar ningunha proposta que non garanta recuperar o poder adquisitivo perdido e, ao mesmo tempo, asegure que na vixencia do próximo convenio non perdamos como sucedeu no anterior convenio (2019—2023)

www.cigbbva.gal/2024/05/xuntanza-11-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html«En Defensa do Territorio»
Palas de Rei
★ A CIG chama á participación masiva na manifestación contra o proxecto de macrocelulosa que #Altri, co respaldo da Xunta do PP, pretende instalar na bisbarra da Ulloa.
✊ Desde a Ulloa até a ría. Terra, auga e aire son vida!
#AltriNonℹ️ Info e horario de Buses
https://i.gal/Altri#AltriNon #EnDefensaDoTerritorio #AUlloa #PalasDeRei #Manifestación #12Maio
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
👍1
Cando as árbores non deixan ver a fraga
Na xuntanza do día 20, a patronal fixo unha nova proposta salarial que se resume no seguinte:
3 anos de vixencia do convenio
10% de incremento salarial (pendente de determinar a súa distribución anual)
2% de revisión salarial a aplicar cando finalice a vixencia do convenio con ese tope como máximo.
Suba mínima de convenio durante o primeiro ano para quenes manteñen o salario pechado.
Ante esta proposta, dende a CIG recordamos na mesa que a patronal, e boa parte da representación sindical con presencia nela, xa se esqueceron da perda salarial dos últimos convenios e non contemplan a súa recuperación, nin sequera en parte. Así mesmo, salientamos os datos do IPC do mes de abril (un 3,3 % no Estado español e un 3,7 % en Galiza), co que a proposta salarial da patronal xa é claramente insuficiente de partida
..

www.cigbbva.gal/2024/05/xuntanza-12-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html.
www.cigbbva.gal
Cando as árbores non deixan ver a fraga
12ª xuntanza da mesa negociadora do convenio colectivo de banca
Delegadas e delegados da CIG nos bancos AEB mobilízanse en demanda dun convenio xusto
A marcha da negociación indica que este non será un convenio no que avancemos en dereitos. De igual forma tampouco permitirá a recuperación do poder adquisitivo perdido nos últimos convenios, e non vai garantir o seu mantemento a futuro. Sobran motivos para seguir na loita por un convenio xusto, por iso a CIG saíu onte á rúa na cidade da Coruña, previo a vindeira xuntanza de convenio do día 28 de maio, con mobilizacións diante das principais entidades bancarias.

www.cigbbva.gal/2024/05/Mobilizacion-da-CIG-por-un-convenio-xusto.html13ª Xuntanza mesa negociación do convenio colectivo de Banca
En anos de INXENTES beneficios os bancos seguirán recortando salarios
A patronal mantén no 10 % a súa oferta de suba salarial para un convenio de tres anos (2024, 2025 e 2026); contempla tamén unha revisión salarial ao final da vixencia do convenio referenciada ao IPC, topada no 2 %.
A CIG manifestou na mesa que para nós segue sendo irrenunciable a recuperación da capacidade adquisitiva perdida nos últimos convenios (nomeadamente no XXIV Convenio, 2019—2023), estando en disposición de acordar unha fórmula que permita esa recuperación de forma progresiva durante a vixencia do próximo.

www.cigbbva.gal/2024/05/xuntanza-13-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html14ª Xuntanza mesa negociación do convenio colectivo de Banca
AEB non quere mover ficha
Chegados a este punto, o conxunto da representación sindical debería someter a referendo das persoas traballadoras NOS BANCOS AEB os límites desta negociación. Son elas as que fixeron as folgas en defensa dunha suba salarial xusta e dunha mellora das condicións laborais; polo tanto, deben ser as que teñan a última palabra nas condicións do convenio que vai regular a súa relación laboral nos próximos tres anos.
Diciámolo ao principio da negociación:
É AGORA ou NUNCA!
En ano de BENEFICIOS, os Bancos RECORTAN SALARIOS

www.cigbbva.gal/2024/06/xuntanza-14-mesa-negociacion-convenio-de-banca.htmlPosición CIG OPA BBVA
As seccións sindicais da CIG no BBVA e no Banco Sabadell reuníronse hoxe (18/06/2024) para analizar a situación creada despois do falido intento de fusión e o anuncio de OPA do BBVA sobre o Banco Sabadell
www.cigbbva.gal/2024/06/Posicion-da-CIG-diante-da-OPA-do-BBVA-sobre-o-Banco-Sabadell.html#OPA #CIG #BBVA #Sabadell
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
«Arrodeemos a Xunta»
Santiago de Compostela
★ A CIG chama, unha vez máis, á participación da acción reivindicativa contra o proxecto de macrocelulosa que #Altri, co respaldo da Xunta do PP, pretende instalar na bisbarra da Ulloa.
👎 Rexeitamos o modelo de industria de enclave que representa, depredador dos nosos recursos naturais, con grave impacto ambiental, social e económico.
✊ Desde a Ulloa até a ría. Terra, auga e aire son vida!
#AltriNonℹ️ Info e buses
https://i.gal/Altri#AltriNon #Compostela #ArrodeemosAXunta #Manifestación #30Xuño
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
👍1
15ª Xuntanza mesa negociación do convenio colectivo de Banca
AEB e as súas esmolas
A patronal dirá que dan pasos adiante coas ofertas que vai facendo reunión tras reunión, como nesta ocasión na que presenta unha suba económica dun punto porcentual; poderíase pensar que se facemos vinte reunións máis, igual chegamos ao obxectivo.... pero xa sabemos que non vai ser así.
Non só a base de xuntanzas. Nesta altura, esíxense medidas máis contundentes, como as que dende a CIG, levamos propoñendo ao resto de organizacións presentes na mesa de negociación do convenio: camiñar cara unha nova folga! Nas mobilizacións anteriores, o persoal xa demostrou a súa capacidade de resposta ante a agresión dunha patronal sen límites de avaricia, nunhas entidades que, non nos cansaremos de repetilo, conseguiron esmagar os seus récords de beneficios.
En ano de beneficios os bancos recortan salarios e nós témolo claro
A loita é o único camiño!!!

www.cigbbva.gal/2024/06/xuntanza-15-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html16ª Xuntanza mesa negociación do convenio colectivo de Banca
AEB tira de previsións do Banco de España para xustificar a súa oferta de suba salarial
Na última xuntanza AEB afirma que unha suba do 11 % para os tres anos de convenio é moi xenerosa. Para xustificar esa afirmación, saca a relucir as previsións de IPC do Banco de España para os próximos tres anos. Desde a CIG lembrámoslle a patronal que as previsións de IPC do Banco de España para o anterior trienio non se cumpriron, superáronse amplamente, e ben que estamos sufrindo todas e todos as consecuencias dunha inflación desbocada nos últimos catro anos.
En Galiza o IPC de maio foi do 4 %

www.cigbbva.gal/2024/07/xuntanza-16-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html