CIG BBVA
54 subscribers
396 photos
26 videos
10 files
323 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
AEB lonxe de acadar melloras reais de convenio

AEB fixo unha nova proposta salarial, mantendo a súa argumentación inicial; é dicir, apoiándose no Acordo Estatal de Negociación Colectiva (AENC) subscrito entre CC.OO, UGT e a patronal CEOE.
E novamente, sen contemplar cláusula de garantía salarial para a vixencia do convenio, e sen ter en conta a perda de poder adquisitivo dos últimos anos.

www.cigbbva.gal/2024/03/xuntanza-07-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
Intervención da CIG
Xunta xeral de accionistas 2024


Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2024

www.cigbbva.gal/2024/03/intervencion-da-CIG--xunta-xeral-de-accionistas-BBVA.html

#XXAABBVA
Na reunión do martes 19, a patronal non concretou ningunha proposta. Pero comprometeuse a presentar unha oferta o próximo xoves que inclúa elevar a proposta salarial, buscar unha fórmula de preservar nalgunha medida as repercusións do IPC, e estudar unha variación na aplicación da cláusula de compensación para algún colectivo; en definitiva, un esquema similar ao acordado en CECA a semana pasada

Ou negocian ou convocaremos novas xornadas de Folga

Loitamos por un convenio xusto, para recuperar e manter o poder adquisitivo, para acabar coa presión e acoso comercial e para reducir a carga de traballo

www.cigbbva.gal/2024/03/xuntanza-08-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
Hoxe (xoves 21/03) a patronal AEB presentouse na mesa de convenio cunha nova proposta de mínimos. Falando dunha suba salarial en catro anos do 10 %. E cunha cláusula de garantía salarial referenciada ao IPC para aplicar ao final da vixencia do convenio, e topada no 2 %. Sen valorar outras materias de convenio.

A Patronal INCUMPRE a súa palabra

Ante este pulso da patronal, ás portas dunha xornada de folga, ás traballadoras e traballadores de sector non nos queda outra que responder a este envite. Dixémolo desde un principio, a CIG estaremos en todas as mobilizacións que se convoquen para defender os dereitos das traballadoras e traballadores do sector, tamén na folga do 22 de marzo.

Loitamos por un convenio xusto, para recuperar e manter o poder adquisitivo, para acabar coa presión e acoso comercial e para reducir a carga de traballo.

www.cigbbva.gal/2024/03/xuntanza-09-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
22 de marzo: seguimento masivo da FOLGA nos Bancos AEB en Galiza

Unha vez máis as traballadoras e traballadores dos bancos en Galiza demos unha lección de dignidade secundando masivamente a xornada de folga en defensa dun convenio xusto, sendo un dos territorios do Estado (xunto con Euskadi e Levante), nos que a FOLGA foi secundada por máis dun 80 % do persoal.

Loitamos por un convenio xusto, para recuperar e manter o poder adquisitivo, para acabar coa presión e acoso comercial e para reducir a carga de traballo

www.cigbbva.gal/2024/03/folga-na-banca-en-galiza-22mar.html

#Folga #22MAR #AgoraOuNunca
A loita por un CONVENIO XUSTO continúa!!

O conxunto das traballadoras e traballadores dos bancos fomos quen de amosar que a nosa disposición á loita para mellorar as nosas condicións de traballo é inequívoca. O éxito das folgas dos días 26 e 29 de febreiro e da folga do 22 de marzo, dan testemuño desa determinación.


www.cigbbva.gal/2024/04/a-loita-por-un-convenio-xusto-continua.html
Campaña Renda 2023

Se es afiliado ou afiliada da CIG, podes utilizar a Oficina Virtual para recibir o asesoramento que a central sindical pon a túa disposición

#Renda #CIG
Con 26.335 millóns de beneficios queren seguir recortando salarios

Nova proposta salarial da CIG sobre a mesa de negociación do XXV convenio colectivo da banca

www.cigbbva.gal/2024/04/nova-proposta-salarial-da-CIG-na-negociacion-XXV-convenio-banca.html
1° de Maio (ás 11:30, 12 e 18 h)
Día Internacional da Clase Obreira
ᴛʀᴀʙᴀʟʟᴏ  ᴅɪɢɴᴏ

📣 Mobilízate coa CIG
i.gal/1maioCIG24


🕦 Ás 11:30 h.

📍Ourense - desde a Praza Maior
📍Pontevedra - desde a Praza da Ferrería
📍Vilagarcía - desde a Casa do Mar


🕛 Ás 12 h.

📍A Coruña - desde a Praza de Vigo
📍Cee - Praza de Otero Lastres
📍Ferrol - desde o Local Sindical
📍As Pontes - Praza do Carme
📍Ribeira - Praza do Peixe
📍Santiago de Compostela - desde a Praza Roxa
📍Lugo - desde o Edificio Sindical
📍RibadeoEdificio Sindical
📍O Barco de Valdeorras - diante do Concello
📍Verín - Praza do Concello
📍A Estrada - Praza do Mercado
📍Vigo - desde A Dobrada


🕕 Ás 18 h.

📍Cangas - Praza do Concello


#ACoruña #Cee #Ferrol #AsPontes #Ribeira #Santiago #Compostela #Lugo #Ribadeo #Ourense #OBarco #Valdeorras #Verín #Pontevedra #Cangas #AEstrada #Vigo #Vilagarcía #1Maio #CIG #DíaInternacional #ClaseObreira #Mobilización
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
10º Xuntanza da mesa de negociación do convenio colectivo de banca
Sen mobilización non hai solución
Paremos para avanzar!

www.cigbbva.gal/2024/04/xuntanza-10-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
Axeitado é lembrar o noso comunicado de fai case 4 anos, ao fío da noticia coñecida hoxe martes, 30 de abril...

www.cigbbva.gal/2020/11/posicion-CIG-ante-a-fusion-BBVA-SabadellGallego.html

#CIG #BBVA #Sabadell #SabadellGallego
Organízate para loitar
Loita para avanzar

Afíliate á 🇨 🇮 🇬
Confederación Intersindical Galega

A 1ª forza sindical na Galiza

Na CIG centramos a nosa acción tanto na defensa dos dereitos laborais da clase traballadora como na loita pola transformación social desde Galiza.

A nosa fortaleza provén do modelo do sindicalismo nacionalista galego, baseado na solidariedade de clase, a democracia participativa, a combatividade, o autofinanciamento e a total independencia organizativa.


Primeira forza sindical da Galiza


A CIG é hoxe o maior sindicato de Galiza, con máis de 80.000 afiliad@s, o que constitúe preto dun 11,5% da poboación asalariada do noso país.

Con máis 5100 delegad@s, somos a primeira forza en representación sindical, encabezando a maioría dos sectores.

Non nos limitamos aos centros de traballo, senón que a través da mobilización social nos implicamos en multitude de loitas laborais e sociais.

Gozamos da condición legal de «sindicato máis representativo» a nivel de todo o Estado español, xunto a CC.OO, UGT e ao sindicato vasco ELA. Esta condición que só a temos este catro sindicatos, e permite a nosa participación nos organismos oficiais tripartitos estatais e galegos.

Loitamos para combater este capitalismo depredador que acumula os beneficios nunha minoría privilexiada mentres se apropia cada día con maior impunidade da riqueza que xeramos co noso traballo.

Rexeitamos as políticas de recortes, precarización laboral e empobrecemento practicadas polos diferentes gobernos.

Reivindicamos unha Galiza soberana e sen explotación, orgullosa da súa identidade cultural e lingua propias, en pé de igualdade fraternal cos restantes pobos e nacións do mundo, conforme a nosa concepción antiimperialista.

Loitamos desde a nosa convicción feminista contra o machismo, a violencia de xénero e a discriminación das mulleres, e promovemos a igualdade, a diversidade, a coeducación e a corresponsabilidade.

Apostamos pola mobilización social como o motor do cambio e pola defensa das posicións de clase e nacionais como a única forma de dar solucións ás crises concatenadas que vivimos.


Autofinanciamento


A CIG aitofinánciase mediante a achega económica dos nosos afiliados e afiliadas en preto dun 100% dos nosos ingresos.

Ese sustento que achega a afiliación permite que manteñamos a nosa independencia económica como base da nosa independencia organizativa.


Instrumentos cos que contamos


Caixa de resistencia. É unha ferramenta exclusiva da CIG que busca compensar parte dos custos que os traballadores e traballadoras teñen que afrontar ante as convocatorias de folga. Este acto de solidariedade económica da nosa
afiliación serviulles a moitos afiliados e afiliadas para resistir e acadar unha maior efectividade nas folgas, contribuíndo deste xeito a conseguir gañar os conflitos fronte á patronal.

Departamento xurídico. Encárgase da acción xudicial e do asesoramento e defensa da nosa afiliación en casos de despedimentos, reclamacións de cantidades, vacacións, xornada
laboral, pensións, prestacións por desemprego ...etc. É unha ferramenta imprescindíbel para facer valer os teus dereitos fronte ás arbitrariedades da patronal e como apoio á acción sindical.

Departamentos de asesoramento económico, laboral e de igualdade. Ocúpanse de proporcionar todo tipo de asesoramento técnico e informes sobre ERE, descolgues de convenios, economía social, plans e políticas de igualdade e conciliación, informes sobre normativas ...etc. Realizan estudos e análises sobre a situación socioeconómica e laboral de Galiza e dos diferentes sectores produtivos.
Plan de Axuda Alimentar Solidario da CIG. Que se mantén coas achegas da nosa afiliación, para dar apoio á afiliación con dificultades para poder cubrir as necesidades
máis básicas de sustento. Este plan consiste na entrega mensual de alimentos non perecedoiros.
Accións formativas. A través de diversos plans e
proxectos de formación, cooperación e investiga-
ción, co fin de ofertar e desenvolver uns servizos
de calidade, axeitados ás necesidades actuais e
futuras da clase traballadora galega.