CIG BBVA
54 subscribers
396 photos
26 videos
10 files
323 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
Stop Precariedade.
Traballo digno e igualdade

Polo avance nos dereitos das traballadoras galegas, mobilízate coa CIG

www.cigbbva.gal/2024/03/stop-precariedade-traballo-digno-e-igualdade.html
Organízate para loitar.
Loita para avanzar

Afíliate á 𝗖𝗜𝗚
Confederación Intersindical Galega

A 1ª forza sindical na Galiza

Na CIG centramos a nosa acción tanto na defensa dos dereitos laborais da clase traballadora como na loita pola transformación social desde Galiza.

A nosa fortaleza provén do modelo do sindicalismo nacionalista galego, baseado na solidariedade de clase, a democracia participativa, a combatividade, o autofinanciamento e a total independencia organizativa
AEB lonxe de acadar melloras reais de convenio

AEB fixo unha nova proposta salarial, mantendo a súa argumentación inicial; é dicir, apoiándose no Acordo Estatal de Negociación Colectiva (AENC) subscrito entre CC.OO, UGT e a patronal CEOE.
E novamente, sen contemplar cláusula de garantía salarial para a vixencia do convenio, e sen ter en conta a perda de poder adquisitivo dos últimos anos.

www.cigbbva.gal/2024/03/xuntanza-07-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
Intervención da CIG
Xunta xeral de accionistas 2024


Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2024

www.cigbbva.gal/2024/03/intervencion-da-CIG--xunta-xeral-de-accionistas-BBVA.html

#XXAABBVA
Na reunión do martes 19, a patronal non concretou ningunha proposta. Pero comprometeuse a presentar unha oferta o próximo xoves que inclúa elevar a proposta salarial, buscar unha fórmula de preservar nalgunha medida as repercusións do IPC, e estudar unha variación na aplicación da cláusula de compensación para algún colectivo; en definitiva, un esquema similar ao acordado en CECA a semana pasada

Ou negocian ou convocaremos novas xornadas de Folga

Loitamos por un convenio xusto, para recuperar e manter o poder adquisitivo, para acabar coa presión e acoso comercial e para reducir a carga de traballo

www.cigbbva.gal/2024/03/xuntanza-08-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
Hoxe (xoves 21/03) a patronal AEB presentouse na mesa de convenio cunha nova proposta de mínimos. Falando dunha suba salarial en catro anos do 10 %. E cunha cláusula de garantía salarial referenciada ao IPC para aplicar ao final da vixencia do convenio, e topada no 2 %. Sen valorar outras materias de convenio.

A Patronal INCUMPRE a súa palabra

Ante este pulso da patronal, ás portas dunha xornada de folga, ás traballadoras e traballadores de sector non nos queda outra que responder a este envite. Dixémolo desde un principio, a CIG estaremos en todas as mobilizacións que se convoquen para defender os dereitos das traballadoras e traballadores do sector, tamén na folga do 22 de marzo.

Loitamos por un convenio xusto, para recuperar e manter o poder adquisitivo, para acabar coa presión e acoso comercial e para reducir a carga de traballo.

www.cigbbva.gal/2024/03/xuntanza-09-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
22 de marzo: seguimento masivo da FOLGA nos Bancos AEB en Galiza

Unha vez máis as traballadoras e traballadores dos bancos en Galiza demos unha lección de dignidade secundando masivamente a xornada de folga en defensa dun convenio xusto, sendo un dos territorios do Estado (xunto con Euskadi e Levante), nos que a FOLGA foi secundada por máis dun 80 % do persoal.

Loitamos por un convenio xusto, para recuperar e manter o poder adquisitivo, para acabar coa presión e acoso comercial e para reducir a carga de traballo

www.cigbbva.gal/2024/03/folga-na-banca-en-galiza-22mar.html

#Folga #22MAR #AgoraOuNunca
A loita por un CONVENIO XUSTO continúa!!

O conxunto das traballadoras e traballadores dos bancos fomos quen de amosar que a nosa disposición á loita para mellorar as nosas condicións de traballo é inequívoca. O éxito das folgas dos días 26 e 29 de febreiro e da folga do 22 de marzo, dan testemuño desa determinación.


www.cigbbva.gal/2024/04/a-loita-por-un-convenio-xusto-continua.html
Campaña Renda 2023

Se es afiliado ou afiliada da CIG, podes utilizar a Oficina Virtual para recibir o asesoramento que a central sindical pon a túa disposición

#Renda #CIG
Con 26.335 millóns de beneficios queren seguir recortando salarios

Nova proposta salarial da CIG sobre a mesa de negociación do XXV convenio colectivo da banca

www.cigbbva.gal/2024/04/nova-proposta-salarial-da-CIG-na-negociacion-XXV-convenio-banca.html
1° de Maio (ás 11:30, 12 e 18 h)
Día Internacional da Clase Obreira
ᴛʀᴀʙᴀʟʟᴏ  ᴅɪɢɴᴏ

📣 Mobilízate coa CIG
i.gal/1maioCIG24


🕦 Ás 11:30 h.

📍Ourense - desde a Praza Maior
📍Pontevedra - desde a Praza da Ferrería
📍Vilagarcía - desde a Casa do Mar


🕛 Ás 12 h.

📍A Coruña - desde a Praza de Vigo
📍Cee - Praza de Otero Lastres
📍Ferrol - desde o Local Sindical
📍As Pontes - Praza do Carme
📍Ribeira - Praza do Peixe
📍Santiago de Compostela - desde a Praza Roxa
📍Lugo - desde o Edificio Sindical
📍RibadeoEdificio Sindical
📍O Barco de Valdeorras - diante do Concello
📍Verín - Praza do Concello
📍A Estrada - Praza do Mercado
📍Vigo - desde A Dobrada


🕕 Ás 18 h.

📍Cangas - Praza do Concello


#ACoruña #Cee #Ferrol #AsPontes #Ribeira #Santiago #Compostela #Lugo #Ribadeo #Ourense #OBarco #Valdeorras #Verín #Pontevedra #Cangas #AEstrada #Vigo #Vilagarcía #1Maio #CIG #DíaInternacional #ClaseObreira #Mobilización
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM
Please open Telegram to view this post
VIEW IN TELEGRAM