CIG BBVA
54 subscribers
397 photos
26 videos
10 files
324 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
Centos de persoas manifestáronse na #Coruña no marco da #folga sectorial convocada pola CIG en #Galiza

Traballadoras e traballadores da banca reclaman un convenio digno acorde cos beneficios millonarios das entidades

Vídeo da noticia no Telexornal Galicia RTVE (min. 6'35"):   play.rtve.es/v/15992186

[1280x720 .mp4 · 130 Mb VO]

◽️

#Folga #29FEB #AgoraOuNunca
Folga na banca en Galiza 29F

O pasado 29 de febreiro, na mesa de convenio, manifestamos que a #folga en si non é un fin, é un medio que temos as traballadoras e traballadores para conseguir os nosos obxectivos.
O apoio á folga en #Galiza foi moi amplo, coa maioría das oficinas do sector pechadas, e centos de compañeiras e compañeiros manifestándonos na Coruña por un convenio xusto.
Sen siglas e sen bandeiras: o protagonismo da folga foi das traballadoras e dos traballadores, e quen convocamos esta folga seguimos apostando por esa unidade, de todas e todos.

www.cigbbva.gal/2024/03/folga-na-banca-en-galiza-29f.html


#Folga #29FEB #AgoraOuNunca
Stop Precariedade.
Traballo digno e igualdade

Polo avance nos dereitos das traballadoras galegas, mobilízate coa CIG

www.cigbbva.gal/2024/03/stop-precariedade-traballo-digno-e-igualdade.html
Organízate para loitar.
Loita para avanzar

Afíliate á 𝗖𝗜𝗚
Confederación Intersindical Galega

A 1ª forza sindical na Galiza

Na CIG centramos a nosa acción tanto na defensa dos dereitos laborais da clase traballadora como na loita pola transformación social desde Galiza.

A nosa fortaleza provén do modelo do sindicalismo nacionalista galego, baseado na solidariedade de clase, a democracia participativa, a combatividade, o autofinanciamento e a total independencia organizativa
AEB lonxe de acadar melloras reais de convenio

AEB fixo unha nova proposta salarial, mantendo a súa argumentación inicial; é dicir, apoiándose no Acordo Estatal de Negociación Colectiva (AENC) subscrito entre CC.OO, UGT e a patronal CEOE.
E novamente, sen contemplar cláusula de garantía salarial para a vixencia do convenio, e sen ter en conta a perda de poder adquisitivo dos últimos anos.

www.cigbbva.gal/2024/03/xuntanza-07-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
Intervención da CIG
Xunta xeral de accionistas 2024


Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2024

www.cigbbva.gal/2024/03/intervencion-da-CIG--xunta-xeral-de-accionistas-BBVA.html

#XXAABBVA
Na reunión do martes 19, a patronal non concretou ningunha proposta. Pero comprometeuse a presentar unha oferta o próximo xoves que inclúa elevar a proposta salarial, buscar unha fórmula de preservar nalgunha medida as repercusións do IPC, e estudar unha variación na aplicación da cláusula de compensación para algún colectivo; en definitiva, un esquema similar ao acordado en CECA a semana pasada

Ou negocian ou convocaremos novas xornadas de Folga

Loitamos por un convenio xusto, para recuperar e manter o poder adquisitivo, para acabar coa presión e acoso comercial e para reducir a carga de traballo

www.cigbbva.gal/2024/03/xuntanza-08-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
Hoxe (xoves 21/03) a patronal AEB presentouse na mesa de convenio cunha nova proposta de mínimos. Falando dunha suba salarial en catro anos do 10 %. E cunha cláusula de garantía salarial referenciada ao IPC para aplicar ao final da vixencia do convenio, e topada no 2 %. Sen valorar outras materias de convenio.

A Patronal INCUMPRE a súa palabra

Ante este pulso da patronal, ás portas dunha xornada de folga, ás traballadoras e traballadores de sector non nos queda outra que responder a este envite. Dixémolo desde un principio, a CIG estaremos en todas as mobilizacións que se convoquen para defender os dereitos das traballadoras e traballadores do sector, tamén na folga do 22 de marzo.

Loitamos por un convenio xusto, para recuperar e manter o poder adquisitivo, para acabar coa presión e acoso comercial e para reducir a carga de traballo.

www.cigbbva.gal/2024/03/xuntanza-09-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html