CIG BBVA
54 subscribers
396 photos
26 videos
10 files
323 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
Detrás desta pancarta cabemos todas as persoas que traballamos nos Bancos—AEB

Traballadoras e traballadores de Bancos AEB en Folga
Pola recuperación do Poder Adquisitivo
Contra a Presión e o Acoso Comercial
Pola redución da Carga de Traballo e Recuperación do Emprego

www.cigbbva.gal/2024/02/detras-desta-pancarta-cabemos-todas-as-persoas-que-traballamos-nos-bancos-AEB.html
Compañeiro/a,

Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que pode surxir arredor das vindeiras convocatorias de folga (parciais e de 24 horas).

1.- Cal é a miña situación laboral no día de folga?
Durante a xornada de folga, o contrato de traballo está suspendido, ficando sen efecto as obrigas recíprocas do traballador/a e a empresa: traballar e pagar o salario. Para os efectos de Seguridade Social, o/a traballador/a permanece nunha situación asimilada á alta.

2.- Canto me poden descontar pola folga?
No día de folga, descóntase a parte proporcional dos conceptos salariais e extrasalariais que correspondan a esa xornada, así como das partes proporcionais das pagas extraordinarias. Ao tratarse de paros parciais, descontarase o tempo do paro: 2 horas do salario diario. O teu dereito ao goce de festivos e vacacións non se ve prexudicado polo feito de secundares a folga.

3.- Teño a obriga de comunicar á empresa que vou á folga?
Non, o dereito á folga faise efectivo unha vez que esta comeza. Non tes a obriga de comunicares á empresa se vas facer folga ou non.

4.- Pódenme despedir ou sancionar por ir á folga?
De ningunha maneira. O dereito á folga é un dereito fundamental. En caso de sanción ou despedimento, sería considerado nulo e o empresario ou empresaria tería que reincorporarte nas mesmas condicións que tiñas.

5.- É delito que a empresa me diga que se non vou traballar o día de folga me ateña ás consecuencias?
Por suposto que o é. A folga é un dereito fundamental, polo que a coacción para evitar o seu exercicio está tipificada como delito. Se a empresaria ou empresario fai iso con testemuñas, debes comunicalo ao sindicato para presentarmos a correspondente denuncia.

6.- Compútase o día de folga para os efectos de cálculo do absentismo laboral?
Non. Está expresamente excluído este suposto para os efectos de cálculo do absentismo laboral.

Calquera dúbida que teñas sobre a convocatoria da folga podes consultala con calquera delegado/a da CIG ou por medio do correo electrónico ou tamén na Parola desta canle

#Folga #29FEB #AgoraOuNunca
O xoves TODAS/OS Á FOLGA e á MANIFESTACIÓN na Coruña, traballadoras/es dos bancos AEB, XUNTAS/OS, detrás dunha pancarta sen logos, sen bandeiras nin protagonismos sindicais:

- Pola actualización e mantemento do noso poder adquisitivo. E a eliminación da cláusula de compensación e absorción
- Contra a ampliación da mobilidade xeográfica forzosa a 50 kms
- Contra a presión e o acoso comercial
- Pola redución da carga de traballo e a dotación de persoal

Só loitando TODAS/OS XUNTAS/OS melloraremos as nosas condicións laborais

AS/OS BANCARI@S TEMOS DIGNIDADE!

É o momento de amosalo

Todxs xuntxs unidxs na folga amais da manifestación

www.cigbbva.gal/2024/02/todxs-xuntxs-unidxs-na-folga-e-manifestacion.html


#Folga #29FEB #AgoraOuNunca
👍1
CIG BBVA
O xoves TODAS/OS Á FOLGA e á MANIFESTACIÓN na Coruña, traballadoras/es dos bancos AEB, XUNTAS/OS, detrás dunha pancarta sen logos, sen bandeiras nin protagonismos sindicais: - Pola actualización e mantemento do noso poder adquisitivo. E a eliminación da cláusula…
🚌 🔊

Autobuses cara a manifestación da Coruña



Lugo

9:30 h.  Sae dende o local da CIG, con parada en Baamonde
10 h.  Baamonde


Ourense

8:45 h. Sae da rotonda do Pavillón dos Remedios, con paradas en Lalín e Santiago de Compostela


Santiago de Compostela

10 h. Na sede sindical da CIG


Pontevedra

9:20 h. Estación de autobuses


Vigo

8:50 h.  Sae da sede nacional da CIG con parada en Pontevedra


A Coruña

A volta será aproximadamente sobre ás13:30 h.

#Folga #29FEB #AgoraOuNunca
Centos de persoas manifestáronse na #Coruña no marco da #folga sectorial convocada pola CIG en #Galiza

Traballadoras e traballadores da banca reclaman un convenio digno acorde cos beneficios millonarios das entidades

Vídeo da noticia no Telexornal Galicia RTVE (min. 6'35"):   play.rtve.es/v/15992186

[1280x720 .mp4 · 130 Mb VO]

◽️

#Folga #29FEB #AgoraOuNunca
Folga na banca en Galiza 29F

O pasado 29 de febreiro, na mesa de convenio, manifestamos que a #folga en si non é un fin, é un medio que temos as traballadoras e traballadores para conseguir os nosos obxectivos.
O apoio á folga en #Galiza foi moi amplo, coa maioría das oficinas do sector pechadas, e centos de compañeiras e compañeiros manifestándonos na Coruña por un convenio xusto.
Sen siglas e sen bandeiras: o protagonismo da folga foi das traballadoras e dos traballadores, e quen convocamos esta folga seguimos apostando por esa unidade, de todas e todos.

www.cigbbva.gal/2024/03/folga-na-banca-en-galiza-29f.html


#Folga #29FEB #AgoraOuNunca
Stop Precariedade.
Traballo digno e igualdade

Polo avance nos dereitos das traballadoras galegas, mobilízate coa CIG

www.cigbbva.gal/2024/03/stop-precariedade-traballo-digno-e-igualdade.html
Organízate para loitar.
Loita para avanzar

Afíliate á 𝗖𝗜𝗚
Confederación Intersindical Galega

A 1ª forza sindical na Galiza

Na CIG centramos a nosa acción tanto na defensa dos dereitos laborais da clase traballadora como na loita pola transformación social desde Galiza.

A nosa fortaleza provén do modelo do sindicalismo nacionalista galego, baseado na solidariedade de clase, a democracia participativa, a combatividade, o autofinanciamento e a total independencia organizativa
AEB lonxe de acadar melloras reais de convenio

AEB fixo unha nova proposta salarial, mantendo a súa argumentación inicial; é dicir, apoiándose no Acordo Estatal de Negociación Colectiva (AENC) subscrito entre CC.OO, UGT e a patronal CEOE.
E novamente, sen contemplar cláusula de garantía salarial para a vixencia do convenio, e sen ter en conta a perda de poder adquisitivo dos últimos anos.

www.cigbbva.gal/2024/03/xuntanza-07-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
Intervención da CIG
Xunta xeral de accionistas 2024


Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada Xunta xeral de accionistas do BBVA · 2024

www.cigbbva.gal/2024/03/intervencion-da-CIG--xunta-xeral-de-accionistas-BBVA.html

#XXAABBVA