CIG BBVA
54 subscribers
397 photos
26 videos
10 files
324 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
A actitude da patronal é a que nos leva ao conflito. Se alguén tiña dúbidas, xa se disiparon. Lonxe de intentar apagar o lume, aínda botan máis leña cunha proposta que non responde a realidade económica do sector, e obvia o que é de xustiza recoñecendo os sacrificios feitos polo persoal nos últimos convenios.

Non nos equivocamos

Nin podemos nin debemos agardar máis…
O 29 de FEBREIRO iremos TODAS E TODOS Á FOLGA porque é AGORA ou NUNCA!

#Folga #29FEB

www.cigbbva.gal/2024/02/xuntanza-05-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
Compañeira/o,

Como sabes, o 15 de marzo celebrarase a Xunta Xeral de Accionistas do BBVA. Novamente interviremos para trasladar ao presidente, conselleiro delegado e demais membros do consello e accionistas o sentir real e as demandas de todas e todos nós. E para iso a delegación dos votos é fundamental.

Envía a túa papeleta de delegación asinada a favor de María Carmen García González (DNI 34893341-H) á oficina 2200 (O Cantón, A Coruña), entrégalla a calquera outr@ delegad@, ou realiza a delegación a través dos medios electrónicos disponíbeis (App ou Web).

Para que se escoite nitidamente a túa voz na #XXA, sen censuras nin intermediarios, delega o teu voto na CIG

#XXAABBVA #DelegaNaCIG

DNI [_] preme enrriba para velo
Motivos (salariais) para ir a Folga o 29 de Febreiro

#Folga #29FEB

www.cigbbva.gal/2024/02/motivos-salariais-para-ir-a-folga-o-29FEB.html
Detrás desta pancarta cabemos todas as persoas que traballamos nos Bancos—AEB

Traballadoras e traballadores de Bancos AEB en Folga
Pola recuperación do Poder Adquisitivo
Contra a Presión e o Acoso Comercial
Pola redución da Carga de Traballo e Recuperación do Emprego

www.cigbbva.gal/2024/02/detras-desta-pancarta-cabemos-todas-as-persoas-que-traballamos-nos-bancos-AEB.html
Compañeiro/a,

Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que pode surxir arredor das vindeiras convocatorias de folga (parciais e de 24 horas).

1.- Cal é a miña situación laboral no día de folga?
Durante a xornada de folga, o contrato de traballo está suspendido, ficando sen efecto as obrigas recíprocas do traballador/a e a empresa: traballar e pagar o salario. Para os efectos de Seguridade Social, o/a traballador/a permanece nunha situación asimilada á alta.

2.- Canto me poden descontar pola folga?
No día de folga, descóntase a parte proporcional dos conceptos salariais e extrasalariais que correspondan a esa xornada, así como das partes proporcionais das pagas extraordinarias. Ao tratarse de paros parciais, descontarase o tempo do paro: 2 horas do salario diario. O teu dereito ao goce de festivos e vacacións non se ve prexudicado polo feito de secundares a folga.

3.- Teño a obriga de comunicar á empresa que vou á folga?
Non, o dereito á folga faise efectivo unha vez que esta comeza. Non tes a obriga de comunicares á empresa se vas facer folga ou non.

4.- Pódenme despedir ou sancionar por ir á folga?
De ningunha maneira. O dereito á folga é un dereito fundamental. En caso de sanción ou despedimento, sería considerado nulo e o empresario ou empresaria tería que reincorporarte nas mesmas condicións que tiñas.

5.- É delito que a empresa me diga que se non vou traballar o día de folga me ateña ás consecuencias?
Por suposto que o é. A folga é un dereito fundamental, polo que a coacción para evitar o seu exercicio está tipificada como delito. Se a empresaria ou empresario fai iso con testemuñas, debes comunicalo ao sindicato para presentarmos a correspondente denuncia.

6.- Compútase o día de folga para os efectos de cálculo do absentismo laboral?
Non. Está expresamente excluído este suposto para os efectos de cálculo do absentismo laboral.

Calquera dúbida que teñas sobre a convocatoria da folga podes consultala con calquera delegado/a da CIG ou por medio do correo electrónico ou tamén na Parola desta canle

#Folga #29FEB #AgoraOuNunca
O xoves TODAS/OS Á FOLGA e á MANIFESTACIÓN na Coruña, traballadoras/es dos bancos AEB, XUNTAS/OS, detrás dunha pancarta sen logos, sen bandeiras nin protagonismos sindicais:

- Pola actualización e mantemento do noso poder adquisitivo. E a eliminación da cláusula de compensación e absorción
- Contra a ampliación da mobilidade xeográfica forzosa a 50 kms
- Contra a presión e o acoso comercial
- Pola redución da carga de traballo e a dotación de persoal

Só loitando TODAS/OS XUNTAS/OS melloraremos as nosas condicións laborais

AS/OS BANCARI@S TEMOS DIGNIDADE!

É o momento de amosalo

Todxs xuntxs unidxs na folga amais da manifestación

www.cigbbva.gal/2024/02/todxs-xuntxs-unidxs-na-folga-e-manifestacion.html


#Folga #29FEB #AgoraOuNunca
👍1
CIG BBVA
O xoves TODAS/OS Á FOLGA e á MANIFESTACIÓN na Coruña, traballadoras/es dos bancos AEB, XUNTAS/OS, detrás dunha pancarta sen logos, sen bandeiras nin protagonismos sindicais: - Pola actualización e mantemento do noso poder adquisitivo. E a eliminación da cláusula…
🚌 🔊

Autobuses cara a manifestación da Coruña



Lugo

9:30 h.  Sae dende o local da CIG, con parada en Baamonde
10 h.  Baamonde


Ourense

8:45 h. Sae da rotonda do Pavillón dos Remedios, con paradas en Lalín e Santiago de Compostela


Santiago de Compostela

10 h. Na sede sindical da CIG


Pontevedra

9:20 h. Estación de autobuses


Vigo

8:50 h.  Sae da sede nacional da CIG con parada en Pontevedra


A Coruña

A volta será aproximadamente sobre ás13:30 h.

#Folga #29FEB #AgoraOuNunca
Centos de persoas manifestáronse na #Coruña no marco da #folga sectorial convocada pola CIG en #Galiza

Traballadoras e traballadores da banca reclaman un convenio digno acorde cos beneficios millonarios das entidades

Vídeo da noticia no Telexornal Galicia RTVE (min. 6'35"):   play.rtve.es/v/15992186

[1280x720 .mp4 · 130 Mb VO]

◽️

#Folga #29FEB #AgoraOuNunca
Folga na banca en Galiza 29F

O pasado 29 de febreiro, na mesa de convenio, manifestamos que a #folga en si non é un fin, é un medio que temos as traballadoras e traballadores para conseguir os nosos obxectivos.
O apoio á folga en #Galiza foi moi amplo, coa maioría das oficinas do sector pechadas, e centos de compañeiras e compañeiros manifestándonos na Coruña por un convenio xusto.
Sen siglas e sen bandeiras: o protagonismo da folga foi das traballadoras e dos traballadores, e quen convocamos esta folga seguimos apostando por esa unidade, de todas e todos.

www.cigbbva.gal/2024/03/folga-na-banca-en-galiza-29f.html


#Folga #29FEB #AgoraOuNunca
Stop Precariedade.
Traballo digno e igualdade

Polo avance nos dereitos das traballadoras galegas, mobilízate coa CIG

www.cigbbva.gal/2024/03/stop-precariedade-traballo-digno-e-igualdade.html
Organízate para loitar.
Loita para avanzar

Afíliate á 𝗖𝗜𝗚
Confederación Intersindical Galega

A 1ª forza sindical na Galiza

Na CIG centramos a nosa acción tanto na defensa dos dereitos laborais da clase traballadora como na loita pola transformación social desde Galiza.

A nosa fortaleza provén do modelo do sindicalismo nacionalista galego, baseado na solidariedade de clase, a democracia participativa, a combatividade, o autofinanciamento e a total independencia organizativa