CIG BBVA
54 subscribers
397 photos
26 videos
10 files
324 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
Delegadas e delegados da CIG concentráronse o pasado martes 26/09 diante das catro delegacións provinciais da Inspección de Traballo para denunciar ás empresas, como o BBVA, que non entregaron o rexistro retributivo de 2022 e exixir do Organismo que as obrigue a cumprir coa lexislación en materia de igualdade.
As mobilizacións
realizáronse coincidindo coa presentación de máis de 90 denuncias referidas a outras tantas empresas e administracións públicas que non entregaron o rexistro salarial, evidenciando a súa falta de compromiso coa igualdade retributiva entre mulleres e homes.

#ImosRematarCoaFendaSalarial
Constituída a mesa de negociación do convenio colectivo de banca

www.cigbbva.gal/2023/10/constitucion-da-mesa-negociadora-do-convenio-colectivo.html
Compañeira/o:

Ante as informacións recibidas de persoas afectadas por este novo Plan do Banco referentes a ampliacións da súa xornada de traballo, nomeadamente Xestoras/es de Banca Persoal que pasarían de Xornada SFP a Xornada Partida e Flexíbel (aumento da xornada en 15 minutos diarios de luns a xoves durante o período de inverno), sinalamos:

- Temos solicitado información a T&C ao respecto deste e outros aspectos de importancia sen recibir ningún tipo de contestación. Cónstanos que outros sindicatos están na mesma situación. Nova mostra da falta de respeto de BBVA co seu persoal, cando omite información relevante á súa representación legal.

- Calquera tipo de horario distinto ao continuado establecido no convenio colectivo (art. 26.2) require voluntariedade por parte da persoa traballadora, xa sexa por acordo colectivo (SFP...) ou individual (xornada partida e flexíbel...). Coa posibilidade de renuncia ao mesmo en calquera momento e, por tanto, paso á xornada continuada de convenio, de estares adscrita/o.

- Ante calquera dúbida por un cambio nas túas condicións laborais, non asines o documento de adhesión que o banco che envíe. No caso actual, de serche enviado documento de adhesión á xornada partida e flexíbel tendo xornada SFP, recomendamos a non sinatura do mesmo, o que imposibilitaría calquera tio de reclamación posterior.



Amais lembra que...

O banco ten establecido as tardes dos xoves para a realización dos cursos de formación (certificacións, recertificacións...). O que nos ten comunicado formalmente á RLPT en diversas ocasións.
Como ben sabedes, é unha obriga legal a realización da formación dentro da xornada laboral.

Igualmente, lembramos non esquecer grabar as Horas de Formación en Vacacións e Ausencias, por mor da non penalización no cómputo de produtividade do tempo empregado en realizar esa formación.


Non dubides en poñerte en contacto cun delegado/a da CIG ante calquera dúbida ou cuestión referente ás túas condicións laborais.
Non asines ningún tipo de documento se non estás plenamente convencida/o.
Elabora as propostas sindicais cara a negociación do Convenio
Proceso participativo: ti traballas, ti decides!

www.cigbbva.gal/2023/10/proceso-participativo-Ti-traballas-Ti-decides.html

i.gal/EnquisaCIG

#enquisa #convenio
Proxectos Converxencia, Pemes e Banca Persoal:
MOITO OLLO, NON A XOGUES!

ᴄᴏᴍᴘᴀñᴇɪʀᴏ/ᴀ

Levamos días asistindo a un conxunto de despropósitos absolutamente inxustificables nesta empresa (que din «Great Place to Work») que é BBVA.

Se ben xa houbo importantes erros no proceso de comunicación inicial, a iso hai que engadir nalgúns casos ocultacións de informacións, presións... e incluso ameazas, con tal de conseguir as aceptacións do proposto.
Tomamos boa nota deses casos que estudaremos o seu encaixe no recentemente asinado Protocolo de Acoso Laboral.

Despois de pasados varios días, a situación non é para nada mellor. Chégannos informacións e versións de todo tipo: que se che din que non vas ter perda económica pero non che din como se vai articular (iso de que che "pasan complementos a fixo" pero sen indicar como é non dicir nada), que "terás un cambio de horario e traballarás 15 minutos máis diario" pero sen indicarche outras condicións (posibilidade futura de desestimento...) é dicir moi pouco e nada bon. E todo de palabra, por escrito nada.

Por outro lado, o Banco ante a reiterada solicitude de información que temos feita a RLPT (Sindicatos) continúa a facer caso omiso, a calada por resposta. E cando non contestan...

O obxectivo do Banco é seguir individualizando as condicións laborais de cada vez máis persoal. Horarios e salarios á súa medida, obviando o convenio colectivo e outros acordos asinados. Traballar máis tempo a xornada partida por menos salario.
Non nos enganemos, esta individualización das relacións laborais unicamente beneficia ao banco, prexudícanos a todo o persoal no conxunto, máis tamén a quen chega a acordos individuais co banco. A nosa forza como clase traballadora é colectiva, nunca individual.

Diante desta situación de grande oscurantismo, con versións moi diferentes transmitidas ao persoal, ausencia de envío da información solicitada por parte da RLT ao Banco... se vos envían algún documento para que asinedes para modificar as vosas condicións laborais (xornada, salario...) NON O ASINEDES. Poñédevos en contacto cunha delegada/o da CIG ou a través deste correo e facédenolo saber antes de asinar.

Que repercusión che tería asinar voluntariamente a adhesión a unha xornada partida que amplía a túa actual e pode que sen posibilidade de desestimento no futuro?
Que repercusión che tería asinar voluntariamente que parte do teu salario fixo pase a un complemento compensable e absorvible coas futuras subas de convenio? A conxelación salarial durante anos.

No caso de que che envíen calquera escrito para que asines cunha modificación voluntaria das túas condicións de traballo actuais, fainolo saber canto antes e non o asines.
De ser asinada a modificación proposta, iso eliminaría ou limitaría moitísimo calquera posíbel reclamación individual ou colectiva futura.


Cos teus dereitos, non a xogues. Contáctanos!
AEB: Suprimir/conxelar a antigüidade e ampliar a mobilidade xeográfica
2º xuntanza da mesa negociadora do convenio colectivo

www.cigbbva.gal/2023/11/xuntanza-02-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
👏1
25N: Non hai violencia que nos pare na conquista da igualdade!

www.cigbbva.gal/2023/11/non-hai-violencia-que-nos-pare-na-conquista-da-igualdade.html

Info sobre mobilizacións: feminismo.info
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
A CIG consolida o dereito á redución horaria nos días de Nadal no BBVA: o Supremo rexeita o recurso do banco

Vídeo: Noticia no «Telediario» e no Telexornal 02:24
[1920x1080 .mp4 · 746 Mb VO]

No «Telediario de TVE» das 15 h. (Titular 3:13' e noticia 30:03' ) e no Telexornal de TVE en Galicia (Titular 1:01' e noticia 10:46') de hoxe, 13 de decembro, fan referencia á sentenza do Supremo ratificando a demanda presentanda pola CIG no ano 2020.

Lembremos que o dereito ao horario reducido nos días sinalados do Nadal, conquístanse coa loita e dese froito podemos agora gozar deles, e non foi nin a Dirección (por iniciativa propia como deixou entrever no seu comunicado interno) nin outro éxito dos «vendedores de fume» (CC.OO, sindicato ao que lle solicitamos unha rectificación sen ter ningunha contestación).

Vídeo: YouTube
Información con máis detalle no blogue (e modelo de cartaz horario)

www.cigbbva.gal/2023/12/a-CIG-consolida-o-dereito-reducion-horaria-no-nadal-en-BBVA.html
📢

Hoxe venres (15/12/2023), estivémonos a manifestar polas principais sucursais bancarias da #Coruña, para reclamar a recuperación do poder adquisitivo dos nosos salarios, xa abonda e chegou a hora de plasmar no vindeiro convenio colectivo, unha clásula de revisión salarial ligada ao IPC e unha suba que compense a perda padecida todos estes anos, amais despois dos extraordinarios beneficios obtidos polo conxunto da Banca Española neste exercicio.

Súmate a CIG, precisamos do teu apoio e considera a túa afiliación.
Sempre estaremos ao teu carón e se necesitas máis información, podes contactar connosco por medio do noso blogue, polo correo electrónico ou por Telegram


Información sobre a 3ª xuntanza da mesa negociadora no noso blogue www.cigbbva.gal/2023/12/xuntanza-03-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html


Vídeo da noticia no Telexornal Galicia RTVE (min. 4'58"):   play.rtve.es/v/7036806

[1280x720 .mp4 · 39 Mb VO]

◽️
ℹ️ 👁‍🗨

Na última publicación no blogue, tedes un resumo da proposta presentada pola #AEB na 3ª #xuntanza da mesa de negociación do #convenio colectivo de banca, que co enunciado «Non hai perda de poder adquisitivo» xa che da unha idea do mundo paralelo no que viven, porén ademais teiman en suprimir a antigüidade, mobilidade xeográfica até 50 Km. e os salarios sen clásula de revisión ligada ao IPC.

Insistir unha vez máis, que neste ano de extraordinarios beneficios, é hora de recuperar o que perdemos, amais de non seguir perdendo dereitos

www.cigbbva.gal/2023/12/xuntanza-03-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html
A folga en Abanca é a nosa folga

As reivindicacións da folga en Abanca buscan dar resposta a unha problemática que é específica dese banco, pero que en moitos aspectos é común ao que sufrimos no resto dos bancos.

www.cigbbva.gal/2023/12/a-folga-en-Abanca-e-a-nosa-folga.html

#Folga #Abanca
Desexámosvos un Bo 2024

Desexámosvos un Bo 2024 e actualización do salario, máis persoal, igualdade real, un convenio digno, que rematen as presións, mellora do clima laboral, unha xornada sen excesos, prexubilacións e uns obxectivos xustos
(...)

www.cigbbva.gal/2023/12/desexamosvos-un-bo-2024.html
🗓️ Calendario Laboral 2024

Festas locais e nacionais, de carácter obrigatorio e non recuperábel

www.cigbbva.gal/2024/01/calendario-laboral-2024.html


#CalendarioLaboral
Compañeira/o,

Sinalar que este venres, día 5, todo o persoal do banco desfrutaremos dunha xornada reducida de 5 horas de traballo efectivo:
- Persoal con xornada continuada de Rede: entrada ás 8:00hs e saída da oficina ás 13:00hs (con flexibilidade de até 15 minutos).
O horario de atención ao público nas oficinas será de 8:30 a 12:30hs.
- Persoal con outras xornadas: 5 horas de traballo efectivo desde o inicio da xornada.

Lembrar que este dereito (horario reducido nos días de nadal -24 e 31 decembro e 5 de xaneiro-) foi recuperado pola CIG por sentenza favorábel do TSXG e recentemente ratificada polo Supremo (tras recurso do banco que seguiu teimando con sacalo novamente).
ℹ️ 👁‍🗨

Na última publicación no blogue, a AEB teima en seguir coa súa proposta, sen mudar nin siquera unha coma, a pesares do rexeitamento de tódalas forzas sindicais presentes na mesa.

A CIG manifestámoslle que non poden seguir instalados na súa pretensión de recorte salarial e de dereitos. O conxunto das persoas que traballan no sector teñen que ser partícipes dos bos resultados conseguidos e dos que están por chegar, do mesmo xeito que soportaron os efectos da crise e os EREs.

Salientamos que o malestar e descontento do sector son un clamor e lembrámoslle á patronal AEB, que os compañeiros e compañeiras de #Abanca irán a folga o xoves 11 de xaneiro de 2024.

www.cigbbva.gal/2024/01/xuntanza-04-mesa-negociacion-convenio-de-banca.html

#Folga #Abanca