CIG BBVA
54 subscribers
397 photos
26 videos
10 files
324 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
Goberne quen goberne, as pensións deféndense!

Vídeo: YouTube
ℹ️ #AsPensionsNonSeTocan
8 motivos para un 8 de marzo combativo
A crise non a imos pagar as traballadoras

www.cigbbva.gal/2023/03/8-motivos-para-un-8-de-marzo-combativo.html

#8M #DíaInternacional #Mulleres #Traballadoras
Este venres 1o de marzo, 𝗗𝗶́𝗮 𝗱𝗮 𝗖𝗹𝗮𝘀𝗲 𝗢𝗯𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗮, mobilízate coa CIG en defensa dos dereitos laborais e das pensións.

Mobilízate!
Asembleas abertas de traballadoras/es de banca

Participa!

www.cigbbva.gal/2023/03/asemblea-aberta-traballadoras-es-Banca.html
Intervención da CIG na Xunta Xeral de Accionistas do BBVA · 2023

www.cigbbva.gal/2023/03/intervencion-da-CIG--xunta-xeral-de-accionistas-BBVA.html

#XXAABBVA
👏1
A CIG chama a mobilizarse contra a regresiva reforma das pensións o 29 de marzo

www.cigbbva.gal/2023/03/reforma-das-pensions.html

#AsPensionsNonSetocan
O Comité Europeo de Dereitos Sociais, dános a razón




A lexislación española permite condicións laborais, habituais no sector de banca, que vulneran a Carta Social Europea

[+Info]

www.cigbbva.gal/2023/04/o-comite-europeo-de-dereitos-sociais.html
Asemblea aberta de traballadoras/es de banca en Compostela e na Coruña

Participa!

www.cigbbva.gal/2023/04/asemblea-aberta-traballadoras-es--de-Banca.html
O Banco preséntanos un Plan Piloto de peches parciais de oficinas
O tempo deunos a razón. Só a CIG se opuxo ao peche de oficinas, sobre todo no rural
www.cigbbva.gal/2023/04/BBVA-presenta-un-plan-de-peches-parciais-de-oficinas.html
Asemblea Santiago: esta loita tamén é polo dereito á nosa saúde mental

Na asemblea aberta de Santiago, púxose sobre a mesa o noso dereito a traballar sen ter que medicarnos. As políticas comerciais e laborais dos bancos afectan a nosa saúde mental.

www.cigbbva.gal/2023/04/asemblea-santiago-esta-loita-tamen-e-polo-dereito-a-nosa-saude-mental.html
Asemblea aberta de traballadoras/es de banca na Coruña

Participa!

www.cigbbva.gal/2023/04/asemblea-aberta-traballadoras-es--de-Banca.html
Mobilizacións do
1º de Maio da CIG

- Vigo: A Dobrada, ás 12h.
- Cangas: Concello, ás 18h.
- A Coruña: Praza de Vigo, ás 12h.
- Cee: Praza Otero Lastres, ás 12h.
- Pontevedra: Praza da Ferrería, ás 12h
- Vilagarcía: Casa do Mar, ás 11:30h.
- A Estrada: Praza do Mercado, ás 12h.
- Ferrol: Local da CIG (avda. Esteiro), ás 12h.
- As Pontes: Praza do Hospital, ás 12h.
- Santiago: Praza Roxa, ás 12h.
- Ribeira: Praza do Mercado, ás 12h.
- Lugo: Edificio Sindical, ás 12h.
- Burela: Local da CIG, ás 12h.
- Ourense: Praza Maior, ás 11:30h.
- Verín: Concello, ás 12h.

#1maio #CIG
Media is too big
VIEW IN TELEGRAM
29 abril: Mártires de Carral
(Vía Galega)
Non ao Plan de «IGUAL-DÁ»
no BBVA


Hoxe estamos na rúa reclamando avances reais na negociación do Plan de Igualdade no BBVA.
O vixente Plan data do ano 2010 e quedou varrido polo avance dos tempos, da lexislación e dos cambios normativos. As mentes e as persoas somos diferentes e queremos un Plan de Igualdade reflexo dese cambio. Que sente as bases da igualdade, a conciliación e a diversidade.

A realidade é ben diferente porque o BBVA, despois de máis de dous anos de «negociación», négase a aportar a información chave para determinar o alcance da fenda salarial no banco. A empresa coñece esa fenda pero, debe ser tan vergoñenta, que non aporta a información.

As mulleres do BBVA, queremos traballar nunha empresa na que a IGUAL TRABALLO, IGUAL SALARIO, pero tanta negativa nos leva a pensar o peor.

Tampouco sabemos recoñecer no Directorio do banco os Postos de Igual Valor. A empresa nega a información e, a maiores, mudou o Organigrama, polo que fai imposíbel recoñecer en que nivel nos atopamos como traballadoras. Poñendo trabas a poder comparar salarios e saber se a nosa retribución é correcta segundo a nosa contribución á empresa.

As mulleres no BBVA queremos chegar ata o máximo das nosas
posibilidades e estamos fartas da trampa da mobilidade como traba para as promocións.

Sen melloras de calado e despois de máis de dous anos de negociación, atopámonos con que o que se asine será papel mollado porque o Banco abusa das cláusulas de compensación e absorción, que fan que a pesar do avance normativo, este Plan quede en nada se a Lei garante melloras por riba do asinado.

As mulleres do BBVA estamos fartas de que a conciliación se conxugue en base a renuncias persoais e profesionais e non a medidas acorde as necesidades do cadro de persoal.