CIG BBVA
54 subscribers
397 photos
26 videos
10 files
324 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
Desexámosvos un Bo 2023

...E unha xornada sen excesos, revisión salarial, máis persoal, igualdade real, mellora do clima laboral, suba axudas custo, remate das presións, prexubilacións e uns obxectivos xustos

www.cigbbva.gal/2022/12/desexamosvos-un-bo-2023.html
Compañeira/o,

O vindeiro día 5 todo o persoal do banco desfrutaremos dunha xornada reducida de 5 horas de traballo efectivo:
- Persoal con xornada continuada na REDE: entrada ás 8:00hs e saída da oficina ás 13:00hs.
- Persoal de Contigo ou CSE: entrada ás 8:00hs e saída ás 13:00hs.
- Persoal con outras xornadas: 5 horas de traballo efectivo a realizar dentro da xornada habitual

Lembrámosche que este dereito foi recuperado pola CIG tras demanda estimada no TSXG, despois de que o banco trala implantación do rexistro de xornada "fake" pretendese usurpárnolo.
A CIG foi o único sindicato que loitou e demandou a continuidade das xornadas reducidas nos días de nadal (24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro) e CCOO-ACB-UGT nin sequera se adheriron a esa demanda, debíalles parecer moi ben que trala implantación do rexistro de xornada "fake" perdésemos un dereito histórico na banca. Tentamos chegar a acordo co banco, que sempre se negou, non deixándonos outro camiño que a demanda xudicial, coa que tras a súa estimación no TSXG conseguimos recuperar un dereito aplicado en todo o estado.

Na CIG nunca nos rendimos na defensa dos nosos dereitos. Dialogamos e buscamos chegar a acordos, pero cando isto non é posíbel non nos quedamos aí (como fan outros) e continuamos onde faga falta (nas rúas e nos xulgados) para evitar seguir perdendo máis e máis dereitos.
Nova xornada de loita
o 23 de xaneiro en #Pontevedra

Se soben os prezos, teñen que subir os salarios

www.cigbbva.gal/2023/01/seguiremos-coas-mobilizacions.html
Dende o pasado abril, 6 manifestacións e 99 concentracións para reclamar a suba salarial

Xornada de loita en Pontevedra

www.cigbbva.gal/2023/01/mobilizacion-en-Pontevedra-reivindicando-suba-real-de-salarios.html
Volveron facelo e volvemos perder Poder Adquisitivo

[Seguir lendo]

www.cigbbva.gal/2023/01/volveron-facelo-e-volvemos-perder-poder-adquisitivo.html
Voceiro_eleccions_2023_bbva.pdf
5.9 MB
Balance Sindical 2019-2022

www.cigbbva.gal/2023/01/balance-sindical-2019-2022.html
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
Non pode ser que as urxencias estean saturadas e sen persoal.

NON á sanidade como negocio.
SI á sanidade como dereito.

O #12F defendamos a sanidade pública galega. Mobilízate!
Vota polo sindicalismo necesario, combativo, honesto, incasábel, insubornábel e o máis útil, vota pola CIG! A Forza para avanzar

www.cigbbva.gal/2023/02/vota-pola-CIG-a-forza-para-avanzar.html
Eleccións Sindicais BBVA 2023: Resultados

Subliñar que a CIG obtivo 265 votos, sendo a primeira forza sindical en Galiza no BBVA. Estes resultados van garantir a nosa presenza na mesa negociadora do convenio de banca.

Se apoiaches a nosa candidatura co teu voto, queremos darte as máis sinceras grazas pola confianza que depositaches en nós, e asegurarte que imos traballar para facernos merecedoras dela.
Cremos nun sindicato activo, polo que esperamos que a túa participación non remate co acto da votación e nos fagas chegar as túas aportacións, suxerencias e críticas, que nos axudarán a mellorar.

www.cigbbva.gal/2023/02/eleccions-sindicais-BBVA-2023-resultados.html
A CIG sigue a ser a primeira forza na Galiza, aumentando a súa representatividade, dándovos as grazas, unha vez máis, polo apoio obtido nas Eleccións Sindicais (2023)

www.cigbbva.gal/2023/02/a-CIG-sigue-a-ser-a-1ra-forza-na-galiza.html
Compañeiras/os

Como sabedes, o vindeiro 17 de marzo celebrarase a Xunta Xeral de Accionistas (XXA) do BBVA. Novamente interviremos para trasladar ao presidente, conselleiro delegado e demais membros do consello e accionistas o sentir real e as demandas de todas e todos nós. E para iso a delegación dos votos é fundamental. 

Envía a túa papeleta de delegación asinada a favor de María Carmen García González (D.I. 34893341H) á oficina 2200 (A Coruña-Cantón), entrégalla a calquera outr@ delegad@, ou realiza a delegación a través dos medios electrónicos disponíbeis (aplicación ou sitio web). 

Para que se escoite nitidamente a túa voz na
#XXA #BBVA, sen censuras nin intermediarios, delega o teu voto na #CIG