CIG BBVA
54 subscribers
397 photos
26 videos
10 files
324 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
Compañeira/o,


Cunha orde do día con 20 puntos, pasamos a resumir o que deu de si esta nova xuntanza do Comité Estatal de Seguridade e Saúde de BBVA en formato híbrido (metade na Vela e metade en telemático).


Novidades: volve a auga ás oficinas e a empresa vainos poñer axuda psicolóxica 24 h.


Despois de que toda a Representación Sindical afease que a empresa quitara a disponibilidade de auga nos Centros de Traballo, agora, o Banco dá un paso atrás e dentro duns meses nas oficinas con menos de 10 persoas haberá bidóns de auga reciclábeis e nas sucursuais con máis persoal, fontes de auga.


Dende Servizos Médicos e PRL, anuncian un piloto dun ano que está en fase de compras. Persoal licenciado en Psicoloxía a nosa disposición 24/7. Algún proveedor oferta dar servizo a familiares e achegado/as. Din que todo totalmente anónimo e fóra do sistema do banco, que non teremos que dar o noso nome e a empresa só terá aceso a datos estadísticos agregados.


O tema da auga foi reclamado por todos os Sindicatos dende que chegaron as famosas botellas de recheo. Benvido o sentido común! E algún xa saíu anunciando a paternidade da solución.


O tema psicolóxico, non digamos, pero a nosa reclama vai de eliminar ou minimizar as problemáticas derivadas de sobrecargas de traballo, carga mental, liderazgos do novecento… De tumbar un sistema que non avalía riscos psicosociais. Non queremos paliativos, queremos prevención.


O banco, din que está moi volcado co benestar do persoal e anuncian Conferencias e Talleres de xestión da ansiedade e hixiene no sono. Máis adiante, serán outros os temas. Comezan co importante.


Do resto da sesión:


Cambiou o protocolo Covid para positivos, pero insisten en mandar en teletraballo como medida. Agora no escrito, só aparece como recomendación e pedimos voltar ao anterior redactado para evitar confusións. Servizos Médicos indica que si se lles chama, eles indican teletraballo (se estás para traballar) por sentido común e responsabilidade cos demais, pero o redactado queda.


Rexistro de persoas conflictivas, Seguridade do banco insiste que ante calquera ameaza, agresión ou personas que xeren conflito, PULSADE A ALARMA. O Rexistro de Persoas Conflictivas está aumentando (1371 casos a setembro vs mil e pouco do 2021). Ante unha conflictividade extrema , o Banco pode mandar persoal de seguridade durante un tempo e valorarán outras medidas.

CSE E CONTIGO: os cascos que non cancelan ruído, son de cancelación de ruído. Así que de momento son os que hai. No folleto di que cancelan ruído, aínda que o persoal de CSE e Contigo di que semella que estean no bar. A empresa fala de que van tentar de eliminar o molesto pitido de entrada de chamada e que o resultado do piloto, deixou 30´´ entre chamada e chamada.

O resto do persoal, poderemos nun futuro non moi lonxano , pedir cascos novos dende aprovisionamento. Tamén un alzador para o portátil. Se non o temos, hai que usar monitor e teclado. Non facelo vainos traer problemas de costas.


Con máis da metade dos temas sin tratar, axendamos outra Xuntanza para o 11 de Novembro.

Carmen García
Delegada da CIG pola Coruña


#CESS
Información 10ª xuntanza Negoción Plan de Igualdade BBVA




Compañeira/o,

Xuntanza telemática na que seguimos a traballar sobre o documento relativo ao Bloque de Flexibilidade, Excedencias, Reducións de Xornada e Traslados.

O Banco non aportou a información relativa ao Diagnóstico Retributivo comentado na xuntanza do 3 de Novembro. Volto a reclamalo.

A Representación Sindical coincide en considerar moi insuficientes as medidas aportadas e con leves matices, os comentarios son en xeral similares.

En concreto, comento que as medidas a proposta da Empresa son maioritariamente recollidas da realidade do Banco ou da Xurisprudencia, polo que botamos en falla máis ambición e avance para un Plan de Igualdade de calado.

Non podemos deixar fora a Adaptación de Xornada, cando debería ser a medida estrela do Plan e asumimos a petición dun Protocolo . Debería estar priorizada como elemento de Flexibilide, evita rebaixas salariais e favorece a carreira profesional. Con flexibilidade na Entrada/Saída vinculada a situacións familiares, de saúde, de coidados…

No mesmo senso da Flexibilidade, non podemos deixar fora o teletraballo dentro das posibilidades de cada Rol, para a formación por exemplo, pero tamén en base a casuísticas de saúde ou coidados,… Si esta organización teletraballa, ten que aparecer no Plan de Igualdade.

Os días de Nadal, recuperados pola CIG nos tribunais, seguimos a insistir en engadir que se aplique ao día laboral anterior no caso de caer en fin de semana.

No relativo ás Reducións de Xornada, pulamos por non limitar o dereito e admitir peticións por % inferiores os mínimos legais e fora da xornada ordinaria. Non ten sentido que a RX sexa un corsé si a persoa traballadora pode organizarse con menos tempo de redución ou con medidas de flexibilidade. A proposta de doce anos, a valoramos como o mínimo do mínimo como mellora cando noutras entidades xa están en 14 anos ou máis. E en ningún caso, podemos limitar o dereito da RX nun mínimo dun mes. Mesmo a petición dun día de RX debería ser posible.

Nas Excedencias, a mellor opción é asimilar a suspensión das recertificacións durante todo o período, xa conseguido para as suspensións para maternidade/paternidade/adopción e acollemento unha vez entre en vigor o Plan. Tamén queremos que se sume todo o cómputo da excedencia para coidados na medida proposta pola Empresa de subida de nivel.

Traslados por causas extraordinarias ate 18 meses: Non podemos asumir un caso por provincia como tope. Hai que levalo como moito a nivel sucursal.

Como únicas novidades:

O Banco fala de que no 1º ano de excedencia por coidado de descendentes, o persoal cobrará igualmente a axuda de crianzas (axuda de libros). Pero o desliga da axuda de discapacidade, cousa que reclamamos.

O Banco está valorando ampliar a posibilidade da xornada partida flexible/singular a outros colectivos inda por definir. Queremos entender que isto vai no senso de poder aplicar a medida de facer xornada continuada de xuño a setembro por parte desos colectivos.
A seguinte xuntanza, queda sin adiar ate xaneiro.


Carmen García
Compoñente da Mesa de Negociación pola CIG


#PlanIgualdade
📢 CAMPAÑA | Os mapas dixitais polo seu nome [+info]

A Mesa lanza a campaña para a restauración da toponimia en navegadores e aplicacións de mapas.

‼️ Os casos máis coñecidos son os de Google Maps ou Apple Mapas.

A deturpación dos nomes de lugar reprodúcese a través de outras aplicacións, redes sociais ou páxinas web, introducindo ao tempo novas deturpacións en nomes de lugar que até o de agora non se viran afectadas polas ondas anteriores.

👉ASINAR CAMPAÑA 👈
Obrigamos á patronal a sentarse, pero o conflito debe continuar se non hai cláusula de revisión ligada ao IPC

www.cigbbva.gal/2022/11/obrigamos-a-patronal-a-sentarse.html
Traballo digno e sen violencias

É o lema baixo o que a secretaría das Mulleres da CIG conmemora este 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Unha campaña a través da que se pretende denunciar a actitude de permisividade da patronal ante as situacións de acoso que padecen moitas mulleres nas súas empresas, chegando mesmo a ser utilizadas como mecanismo coercitivo coas traballadoras.

www.cigbbva.gal/2022/11/25N-traballo-digno-e-sen-violencias.html
Actos da CIG convocados para o 25N

10:30 h. Décimo Encontro Nacional de Mulleres da CIG, no salón de actos do edificio de sindicatos da Coruña (Avda. Alfonso Molina, 90). Este encontro, no que participarán delegadas e afiliadas de todo o país, é unha ferramenta de concienciación feminista e para a organización da acción sindical desde esta perspectiva. Na busca dunha maior proximidade coas compañeiras das diferentes comarcas, este ano a secretaría decidiu descentralizar a convocatoria nacional do Encontro, que até agora sempre se veu celebrando en Compostela.

Ás 12 h, Manifestación dende o edificio de sindicatos até a sede da Confederación de Empresarios/as na Praza de Luís Seoane na Coruña.
A marcha discorrerá por Matogrande e a Av. Salvador de Madariaga.

Facemos un chamamento tamén para participar tamén nos actos que o movemento feminista galego, nomeadamente a Marcha Mundial das Mulleres, ten convocados por toda Galiza na tarde do 25 de novembro.

A Coruña, 20 h no Obelisco.

A Estrada, 20:30 h Praza do Concello

As Pontes, 19:30 h Praza do Hospital

Betanzos, 20:30 h detrás do palco da música

Carnota, 19:30 h Praza da Pedra

Cee, 20 h na Praza 8 de marzo

Compostela, 20 h Praza 8 de marzo

Lalín, 20:30 h Praza da Igrexa

Lugo, 20 h diante da Subdelegación do Goberno

Narón, 19:30 h Praza da Gándara

Noia, 20:30 h diante do Concello

O Porriño, 20 h Praza do Concello

Ordes, 20:30 h Alameda

Ourense, 20 h Castañeira

Ponteceso, 20 h Praza do Recheo

Pontevedra, 20 h Audiencia Provincial

Ribadavia, 20 h Praza Maior

Val Miñor, 20 h no Cruce da Ramallosa

Vigo, 20 h Vía Norte

Vilagarcía, 20:30 h Praza de Galiza

Vilalba, 20:30 h na Praza da Constitución
👍1
É necesario incrementar as mobilizacións!
A perda salarial chega ao 12,5 %

www.cigbbva.gal/2022/11/e-necesario-incrementar-as-mobilizacions.html
Revisión salarial Convenio
Seguiremos coas mobilizacións!

www.cigbbva.gal/2022/12/seguiremos-coas-mobilizacions.html
Desexámosvos un Bo 2023

...E unha xornada sen excesos, revisión salarial, máis persoal, igualdade real, mellora do clima laboral, suba axudas custo, remate das presións, prexubilacións e uns obxectivos xustos

www.cigbbva.gal/2022/12/desexamosvos-un-bo-2023.html
Compañeira/o,

O vindeiro día 5 todo o persoal do banco desfrutaremos dunha xornada reducida de 5 horas de traballo efectivo:
- Persoal con xornada continuada na REDE: entrada ás 8:00hs e saída da oficina ás 13:00hs.
- Persoal de Contigo ou CSE: entrada ás 8:00hs e saída ás 13:00hs.
- Persoal con outras xornadas: 5 horas de traballo efectivo a realizar dentro da xornada habitual

Lembrámosche que este dereito foi recuperado pola CIG tras demanda estimada no TSXG, despois de que o banco trala implantación do rexistro de xornada "fake" pretendese usurpárnolo.
A CIG foi o único sindicato que loitou e demandou a continuidade das xornadas reducidas nos días de nadal (24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro) e CCOO-ACB-UGT nin sequera se adheriron a esa demanda, debíalles parecer moi ben que trala implantación do rexistro de xornada "fake" perdésemos un dereito histórico na banca. Tentamos chegar a acordo co banco, que sempre se negou, non deixándonos outro camiño que a demanda xudicial, coa que tras a súa estimación no TSXG conseguimos recuperar un dereito aplicado en todo o estado.

Na CIG nunca nos rendimos na defensa dos nosos dereitos. Dialogamos e buscamos chegar a acordos, pero cando isto non é posíbel non nos quedamos aí (como fan outros) e continuamos onde faga falta (nas rúas e nos xulgados) para evitar seguir perdendo máis e máis dereitos.
Nova xornada de loita
o 23 de xaneiro en #Pontevedra

Se soben os prezos, teñen que subir os salarios

www.cigbbva.gal/2023/01/seguiremos-coas-mobilizacions.html
Dende o pasado abril, 6 manifestacións e 99 concentracións para reclamar a suba salarial

Xornada de loita en Pontevedra

www.cigbbva.gal/2023/01/mobilizacion-en-Pontevedra-reivindicando-suba-real-de-salarios.html
Volveron facelo e volvemos perder Poder Adquisitivo

[Seguir lendo]

www.cigbbva.gal/2023/01/volveron-facelo-e-volvemos-perder-poder-adquisitivo.html
Voceiro_eleccions_2023_bbva.pdf
5.9 MB
Balance Sindical 2019-2022

www.cigbbva.gal/2023/01/balance-sindical-2019-2022.html
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
Non pode ser que as urxencias estean saturadas e sen persoal.

NON á sanidade como negocio.
SI á sanidade como dereito.

O #12F defendamos a sanidade pública galega. Mobilízate!