CIG BBVA
54 subscribers
397 photos
26 videos
10 files
324 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
📌 BNG vén de convocar manifestación o día 3 de abril para urxir medidas contra a suba dos prezos

Ana Pontón: «É impresentable que Goberno central e Xunta non activen nin unha soa medida; mentres Feixoo fai o de sempre: botar balóns fóra»
Máis info: https://bit.ly/3ueKjcn

Decálogo de medidas urxentes para axudar aos sectores máis afectados da economía galega e ás familias cada día máis empobrecidas.
👉 https://bit.ly/fagamonosValer

É o momento, #FagámonosValer.

Compárteo!
O Telegram gústanos moito porque, a diferenza doutras apps de mensaxería, pódese configurar en galego.

Tan só debes premer aquí para configurar a túa conta de Telegram.

- A Mesa -
CIG BBVA pinned a photo
28 de ABRIL
Xornada reivindicativa
Se soben os prezos, teñen que subir os salarios!

www.cigbbva.gal/2022/04/28-abril-xornada-reivindicativa.html
1º Maio Día Internacional da Clase Obreira
Contra a pobreza, políticas públicas e salarios dignos

www.cigbbva.gal/2022/04/contra-a-pobreza-politicas-publicas-e-salarios-dignos.html
Intensa xornada reivindicativa da CIG–Banca

Manifestación pola Coruña con numerosas concentracións diante das sucursais bancarias

www.cigbbva.gal/2022/05/manifestacion-en-Coruna-reivindicando-subida-salarios.html
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
En galego agora e sempre.
Por un novo futuro para a lingua!

♥️ QUEREMOS GALEGO ♥️

Maniféstate pola lingua!
Este 17 de maio de 2022, volveremos a encher as rúas de Compostela.

O compormiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación da lingua pode mudar. Contamos contigo!

✍️ ASINA O MANIFESTO



Lembra que podes utilizar o #galego no Telegram, premendo nesta ligazón
Nova xornada reivindicativa da CIG–Banca

Manifestación por Ourense e concentracións diante das sucursais bancarias

www.cigbbva.gal/2022/05/manifestacion-en-Ourense-reivindicando-subida-salarios.html
Compañeira/o,

Vimos de ser informadas/os de que, por agora inicialmente, o Plan de Converxencia de Contigo a CSE afectará nesta DT Noroeste á Zona Asturias.

Serán un total de 20 persoas ás que se incorporarán ao novos centros CSE que se establecerán en Oviedo (Covadonga e Mendizábal), afectando ao persoal de Contigo das 7 CBC,s desa Zona Asturias. Persoal ao que o Banco xa lle está comunicando a posibilidade de que VOLUNTARIAMENTE modifiquen as súas condicións laborais pasando de Contigo a CSE a partir do vindeiro mes de xullo.

En todo o Estado, ademáis da DT Centro onde se iniciara anteriormente este Plan de Converxencia (igual que nas DT Catalunya e Este) incorporándose no mes pasado 2 novas zonas e 2 áreas comerciais de Contigo de Catalunya que darán servizo tamén á DT Centro, afectará agora a un total de 173 traballadoras/es:
- Na DT Canarias: 18 traballadoras/es afectadas/os (1 zona, 4 cbc,s) con nova ubicación en Las Palmas
- Na DT Catalunya: 56 traballadoras/es afectadas/os máis (3 zonas, 19 cbc,s)
- Na DT Este: 30 traballadoras/es afectados máis (2 zonas e 11 cbc,s)
- Na DT Noroeste: 20 traballadoras/es afectadas/os (1 zona, 7 cbc,s) con novas ubicacións en Oviedo
- Na DT Norte: 15 traballadoras/es afectadas/os (1 zona, 7 cbc,s) con nova ubicación en Bilbao
- Na DT Sur: 34 traballadoras/afectadas/os (4 zonas, 11 cbc,s) con novas ubicacións en Sevilla e Málaga

Sen dispoñermos de datos exactos, podemos estimar que a partir do mes de xullo formarán parte dos CSE no conxunto do Estado arredor de 1.000 persoas (varios centos inicialmente nas DT Catalunya, Centro e Este + 523 persoas acordo ERE + 173 persoas a incorporar no vindeiro mes de xullo), arredor do 8% do persoal da rede comercial do Banco.

Ante esta clara aposta do Banco polo traspaso de clientela do modelo Contigo ao modelo CSE e a implicación que para o persoal dos Contigo (agora en dependencia CBC) poida ter pasar a formar parte dos CSE (en dependencia Zonas Contigo) queremos lembrar:
- A posíbel adhesión ás condicións CSE será TOTALMENTE VOLUNTARIA, haxa ou non mobilidade xeográfica. No caso de amortización de posto de Contigo implicará a recolocación noutro posto de traballo dentro do radio de 25 kms (convenio colectivo banca).
- Posibilidade de desestimento en calquera momento das condicións de Contigo, sendo recolocado o traballador/a nun centro de traballo con horario continuado no radio dos 25 kms nun prazo máximo de 3 meses.

Ante calquera dúbida ou consulta, contacta con calquera delegada/o da CIG, Telegram ou correo electrónico. Estamos á túa disposición.
Reunión de traballo sobre a Lei de creación da Autoridade Independente de defensa do cliente financeiro

O 2 de xuño a CIG Banca mantivo unha reunión de traballo cos deputados do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego e Ramón Fernández (no Congreso e no Parlamento Galego, respectivamente), ante o impacto do anteproxecto de lei do Ministerio de Asuntos Económicos.

[Seguir lendo]

www.cigbbva.gal/2022/06/xuntanza-de-traballo-lei-autoridade-independente-defensa-clientela.html
ERE, mentiras e novas contratacións

Cando o BBVA puxo en marcha o ERE, o cadro de persoal apoiou as medidas de presión para evitar os despedimentos e os traslados forzosos. Todos e todas sabiamos que nas oficinas faltaba persoal, que se facían (e fan) horas extras non recoñecidas día si e día tamén ou que a sobrecarga de traballo é un grave problema que afecta a nosa saúde.

[Seguir lendo]

www.cigbbva.gal/2022/06/ERE-mentiras-e-novas-contratacions.html
Afrontamos recortes perpetuos, dado que non se actualizan as táboas salariais

www.cigbbva.gal/2022/06/afrontamos-recortes-perpetuos-por-non-actualizar-salarios.html
Delegadas e delegados da CIG protagonizaron na mañá do mércores 15 de xuño, en Compostela, unha asemblea nacional e unha manifestación que percorreu o centro da cidade para rexeitar as medidas que están aplicando os gobernos de Sánchez e Rueda para enfrontar a carestía da vida e que están provocando un maior empobrecemento da clase traballadora. Unha situación fronte á que, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, exixiu políticas públicas e salarios dignos ante a imparable escalada de prezos dos produtos de primeira necesidade. [Máis info]
Vimos de ser informados de acordo da Comisión de Seguimento do ERE (integrada polos asinantes CCOO-ACB-UGT e o Banco) polo que 83 persoas en todo o Estado afectadas polos traslados obrigatorios do ERE (por peches de oficinas, CSE, Task-Force) poderán optar ao achegamento á súa praza de orixe, 11 delas en Galiza (5 na Zona Norte e 6 na Zona Sur), pola cubertura dos novos postos creados.

Estes 11 novos postos a cubrir de Xestor/a Comercial, Xestor/a Comercial Mixto ou Xestor/a Comercial Apoderado/a en Galiza estarán ubicados nas oficinas de Vilalba, Viveiro, Burela, Cedeira, Ordes, A Estrada, Monforte de Lemos, Baiona, Verín, Cambados e Pontevedra-Guitierréz Mellado.

Dos varios centos de persoas trasladadas forzosamente no Estado e ducias en Galiza só 83 e 11 persoas, respectivamente, terán a opción a achegarse á súa localidade de orixe. E só a esas 11 oficinas concretas

Isto non vén máis que a ratificar novamente que o ERE asinado no Banco foi ademais de inxusto, inxustificado. Con despedimentos e traslados forzoso sen razón de ser. Por parte da CIG seguiremos a loitar para que estas situacións non volvan a acontecer.

A seguir, o texto literal do acordo que nos foi trasladado

.
Se queremos revisión salarial, hai que moverse

Manifestación por Lugo e concentracións diante das sucursais bancarias

www.cigbbva.gal/2022/06/manifestacion-en-Lugo-reivindicando-subida-salarios.html
PLAN IGUALDADE BBVA


Despois das reunións celebradas en datas de 23 de Maio e de hoxe 28 de Xuño, a fase de Diagnose segue sen pechar.

Na anterior xuntanza da Mesa a Empresa e algún Sindicato estatal quixábanse de perda de tempo. O certo é que non hai avance significativo pola ausencia de traslado da información que pedimos desde a parte sindical en relación á cuestión salarial.

Ao respecto da xuntanza de hoxe, o Banco adiantou o pasado xoves un documento coas conclusións da fase de Diagnose para poñer en común na Mesa.

Por parte da CIG manifestamos que non consideramos que a fase de Diagnose se faga cumprindo a normativa vixente ao respecto, especialmente na parte correspondente a POSTOS DE IGUAL VALOR, REXISTRO RETRIBUTIVO E AUDITORIA SALARIAL.



POSTOS DE IGUAL VALOR

Reclamamos a correspondencia co Organigrama da Empresa que non se facilita até o momento. Só quedou clara a existencia dunha rede de araña de 457 postos na REDE (duns aprox. 500 roles que indica a empresa) e a existencia duns 263 conceptos retributivos. Se non se traslada a información, non podemos chegar a conclusión sobre a fenda salarial. Mais o Banco xa moveu ficha cun novo MAPA DE ROLES e un SISTEMA DE REVISIÓN SALARIAL que, nin foi consensuado, nin foi explicado á Representación Sindical.

Se non coñecemos o Mapa de Roles anterior e descoñecemos o novo, non é posible facer un seguimento.



REXISTRO RETRIBUTIVO e AUDITORÍA SALARIAL

Dende CIG seguimos a reclamar a información correspondente a parte de Variable (CP e CVP) entre outras cuestións para poder pechar a Diagnose, ademais de diversas valoracións do documento aportado. SEN REXISTRO RETRIBUTIVO NIN AUDITORÍA SALARIAL NON PODEMOS TER UNHA DIAGNOSE. Se non se traslada a información, non podemos chegar a conclusión sobre a fenda salarial.


A Empresa considera que as dúas conclusións máis importantes son as da infrarrepresentaciónn feminina na empresa e que, das novas contratacións, quedan fixos máis homes que mulleres.

O Banco considera que está cumprindo a normativa en canto a traslado de información pero vai repensar até que punto nos trasladará o solicitado.

Nova xuntanza da Mesa o próximo 5 de Xullo.
Seguiremos informando

#PlanIgualdade
Información Plan de Igualdade

Xuntanza telemática do 05/07/2022

Informámoste de que por desgraza na negociación do Plan de Igualdade, o pasado día 5 a maioría da Representación Sindical deu conformidade ao peche da Fase de Diagnose e así poder avanzar na fase de propostas. Votamos CIG e CCOO en contra de validar unha Diagnose na que o banco non aportou a información económica solicitada pola RLT que permita coñecer o calado e a explicación da Fenda Salarial existente na Empresa.
A Diagnose segue igual nestos momentos… Coxa, sen a parte da Auditoría Retributiva que é parte inseparable e fundamental desta fase; e non a temos nin pechada nin aclarada.

As ansias da empresa e determinados sindicatos de tirar cara diante non deben cegarnos. Non se trata só dunha cuestión de rigor, para poder ter a mellor das Diagnoses posibles, se non tamén de cumprimento da legalidade.

A CIG non podemos aprobar unha Diagnose que non aclare a dimensión da Fenda Salarial. Semella que xa estamos nun contexto preelectoral que nubra os beneficios dun bloqueo sindical, imprescindible e moi beneficioso para os intereses da plantilla, por tirar cara adiante e pechar un novo Plan de Igualdade que o Banco non tivo problema algún en prorrogar dende o 2014.

A votación de cara a pechar a Diagnose foi :

CCOO - NON
ACB – SI
CGT – SI
UGT – SI
SEC – SI
CIG – NON
ELA – SÚMASE AO VOTO DA MAIORÍA (60% DE SI)

Asinar a Diagnose sen pechar a Auditoría Retributiva, que é parte indisoluble da mesma, supón asumir como válido o argumentario da empresa e perder a oportunidade (unha vez máis) de afondar na realidade do BBVA para, cos datos que agora sí está obrigada a facilitar a empresa, poder facer propostas baseadas na fonda problemática existente no BBVA.

Hai unha semana, sindicatos que hoxe asinaron, insistían en seguir pedindo a información. E despois cambian o paso, a cambio de que?

A seguinte xuntanza recuperará a fase de medidas que xa tiñamos desenvolvida nas anteriores negociacións. A intención do banco é que vaia o máis rápido posible porque "despois de Setembro estaremos todos os Sindicatos en precampaña".

Seguirémosvos informado. Saúde.

#PlanIgualdade
Concentracións nas que a CIG chama a participar.
Espállao entre os teus contactos!
Os elfos volverán falar galego grazas ao traballo que leva desenvolvendo A Mesa durante estes dous anos.

📽️ O audiovisual é un piar fundamental para a normalización lingüística, por esta razón dedicamos todos os nosos esforzos para conseguir éxitos como este.

As plataformas de streaming están a dobrar e lexendar os seus contidos ao galego porque a sociedade galega reclamou a través da #IniciativaXabarín termos contidos na nosa lingua. Se asinaches nalgún dos puntos de recollida de sinaturas, este éxito tamén é teu 🥰

Isto non sería posíbel sen os socios e socias da Mesa, que cada ano axudan a esta organización a desenvolver estas campañas. ‼️ Un traballo necesario que fai a sociedade civil ante a falta de iniciativa da Administración.

Fas máis falta que nunca!

ASÓCIATE [+info] ❤️