CIG BBVA
54 subscribers
397 photos
26 videos
10 files
324 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
Recorda MOBILIZACIÓNS POLA PAZ
Participa nas mobilizacións organizadas pola plataforma #GalizaPolaPaz contra a guerra en Ucraína. Evitemos máis perdas de vidas humanas.

Móvete pola negociación e pola paz. Móvete contra a guerra.
Xunta xeral de Accionistas BBVA
Intervención da CIG

www.cigbbva.gal/2022/03/Intervencion-da-CIG-Xunta-xeral-de-accionistas-2022.html
OS PREZOS SOBEN, OS TEUS CARTOS BAIXAN
👉 https://bit.ly/fagamonosValer

A vida está cada día máis cara. Notámolo na compra, nas facturas da luz, na auga e no gas, cando pagamos o aluguer da vivenda, cando imos á gasolineira ou pagamos as peaxes da autoestrada. Todo sobe, agás o noso diñeiro, que mingua.

O salario medio ou a pensión media en Galiza fan imposíbel enfrontar esta situación. A suba de prezos deteriora gravemente as condicións de vida. No entanto, asistimos a beneficios históricos das eléctricas, en conivencia cos poderes e a política centralista.

A suba do salario mínimo é necesario, pero insuficiente. Nin sequera dá para facer fronte á suba do prezo dos alimentos, dos carburantes, da luz ou do gas. Todo sobe, menos os nosos salarios e pensións. Os gobernos deben actuar con firmeza en favor da sociedade á que se deben.

A situación en Galiza é sangrante. Producimos e exportamos enerxía e non sacamos proveito, enriquécense as empresas de fóra.

Temos que facernos valer:
👉 Tarifa Eléctrica galega,
👉 banca pública,
👉 empresa galega de enerxía.

Os partidos fan pinza contra as propostas do BNG. O centralismo oponse. Dixeron NON á derrogación real da reforma laboral do PP, a unha #TarifaEléctricaGalega ou a un novo sistema de financiamento. Non queren trocar o statu quo nin as políticas neoliberais.

#FagámonosValer
📌 BNG vén de convocar manifestación o día 3 de abril para urxir medidas contra a suba dos prezos

Ana Pontón: «É impresentable que Goberno central e Xunta non activen nin unha soa medida; mentres Feixoo fai o de sempre: botar balóns fóra»
Máis info: https://bit.ly/3ueKjcn

Decálogo de medidas urxentes para axudar aos sectores máis afectados da economía galega e ás familias cada día máis empobrecidas.
👉 https://bit.ly/fagamonosValer

É o momento, #FagámonosValer.

Compárteo!
O Telegram gústanos moito porque, a diferenza doutras apps de mensaxería, pódese configurar en galego.

Tan só debes premer aquí para configurar a túa conta de Telegram.

- A Mesa -
CIG BBVA pinned a photo
28 de ABRIL
Xornada reivindicativa
Se soben os prezos, teñen que subir os salarios!

www.cigbbva.gal/2022/04/28-abril-xornada-reivindicativa.html
1º Maio Día Internacional da Clase Obreira
Contra a pobreza, políticas públicas e salarios dignos

www.cigbbva.gal/2022/04/contra-a-pobreza-politicas-publicas-e-salarios-dignos.html
Intensa xornada reivindicativa da CIG–Banca

Manifestación pola Coruña con numerosas concentracións diante das sucursais bancarias

www.cigbbva.gal/2022/05/manifestacion-en-Coruna-reivindicando-subida-salarios.html
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
En galego agora e sempre.
Por un novo futuro para a lingua!

♥️ QUEREMOS GALEGO ♥️

Maniféstate pola lingua!
Este 17 de maio de 2022, volveremos a encher as rúas de Compostela.

O compormiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación da lingua pode mudar. Contamos contigo!

✍️ ASINA O MANIFESTO



Lembra que podes utilizar o #galego no Telegram, premendo nesta ligazón
Nova xornada reivindicativa da CIG–Banca

Manifestación por Ourense e concentracións diante das sucursais bancarias

www.cigbbva.gal/2022/05/manifestacion-en-Ourense-reivindicando-subida-salarios.html
Compañeira/o,

Vimos de ser informadas/os de que, por agora inicialmente, o Plan de Converxencia de Contigo a CSE afectará nesta DT Noroeste á Zona Asturias.

Serán un total de 20 persoas ás que se incorporarán ao novos centros CSE que se establecerán en Oviedo (Covadonga e Mendizábal), afectando ao persoal de Contigo das 7 CBC,s desa Zona Asturias. Persoal ao que o Banco xa lle está comunicando a posibilidade de que VOLUNTARIAMENTE modifiquen as súas condicións laborais pasando de Contigo a CSE a partir do vindeiro mes de xullo.

En todo o Estado, ademáis da DT Centro onde se iniciara anteriormente este Plan de Converxencia (igual que nas DT Catalunya e Este) incorporándose no mes pasado 2 novas zonas e 2 áreas comerciais de Contigo de Catalunya que darán servizo tamén á DT Centro, afectará agora a un total de 173 traballadoras/es:
- Na DT Canarias: 18 traballadoras/es afectadas/os (1 zona, 4 cbc,s) con nova ubicación en Las Palmas
- Na DT Catalunya: 56 traballadoras/es afectadas/os máis (3 zonas, 19 cbc,s)
- Na DT Este: 30 traballadoras/es afectados máis (2 zonas e 11 cbc,s)
- Na DT Noroeste: 20 traballadoras/es afectadas/os (1 zona, 7 cbc,s) con novas ubicacións en Oviedo
- Na DT Norte: 15 traballadoras/es afectadas/os (1 zona, 7 cbc,s) con nova ubicación en Bilbao
- Na DT Sur: 34 traballadoras/afectadas/os (4 zonas, 11 cbc,s) con novas ubicacións en Sevilla e Málaga

Sen dispoñermos de datos exactos, podemos estimar que a partir do mes de xullo formarán parte dos CSE no conxunto do Estado arredor de 1.000 persoas (varios centos inicialmente nas DT Catalunya, Centro e Este + 523 persoas acordo ERE + 173 persoas a incorporar no vindeiro mes de xullo), arredor do 8% do persoal da rede comercial do Banco.

Ante esta clara aposta do Banco polo traspaso de clientela do modelo Contigo ao modelo CSE e a implicación que para o persoal dos Contigo (agora en dependencia CBC) poida ter pasar a formar parte dos CSE (en dependencia Zonas Contigo) queremos lembrar:
- A posíbel adhesión ás condicións CSE será TOTALMENTE VOLUNTARIA, haxa ou non mobilidade xeográfica. No caso de amortización de posto de Contigo implicará a recolocación noutro posto de traballo dentro do radio de 25 kms (convenio colectivo banca).
- Posibilidade de desestimento en calquera momento das condicións de Contigo, sendo recolocado o traballador/a nun centro de traballo con horario continuado no radio dos 25 kms nun prazo máximo de 3 meses.

Ante calquera dúbida ou consulta, contacta con calquera delegada/o da CIG, Telegram ou correo electrónico. Estamos á túa disposición.
Reunión de traballo sobre a Lei de creación da Autoridade Independente de defensa do cliente financeiro

O 2 de xuño a CIG Banca mantivo unha reunión de traballo cos deputados do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego e Ramón Fernández (no Congreso e no Parlamento Galego, respectivamente), ante o impacto do anteproxecto de lei do Ministerio de Asuntos Económicos.

[Seguir lendo]

www.cigbbva.gal/2022/06/xuntanza-de-traballo-lei-autoridade-independente-defensa-clientela.html
ERE, mentiras e novas contratacións

Cando o BBVA puxo en marcha o ERE, o cadro de persoal apoiou as medidas de presión para evitar os despedimentos e os traslados forzosos. Todos e todas sabiamos que nas oficinas faltaba persoal, que se facían (e fan) horas extras non recoñecidas día si e día tamén ou que a sobrecarga de traballo é un grave problema que afecta a nosa saúde.

[Seguir lendo]

www.cigbbva.gal/2022/06/ERE-mentiras-e-novas-contratacions.html
Afrontamos recortes perpetuos, dado que non se actualizan as táboas salariais

www.cigbbva.gal/2022/06/afrontamos-recortes-perpetuos-por-non-actualizar-salarios.html
Delegadas e delegados da CIG protagonizaron na mañá do mércores 15 de xuño, en Compostela, unha asemblea nacional e unha manifestación que percorreu o centro da cidade para rexeitar as medidas que están aplicando os gobernos de Sánchez e Rueda para enfrontar a carestía da vida e que están provocando un maior empobrecemento da clase traballadora. Unha situación fronte á que, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, exixiu políticas públicas e salarios dignos ante a imparable escalada de prezos dos produtos de primeira necesidade. [Máis info]
Vimos de ser informados de acordo da Comisión de Seguimento do ERE (integrada polos asinantes CCOO-ACB-UGT e o Banco) polo que 83 persoas en todo o Estado afectadas polos traslados obrigatorios do ERE (por peches de oficinas, CSE, Task-Force) poderán optar ao achegamento á súa praza de orixe, 11 delas en Galiza (5 na Zona Norte e 6 na Zona Sur), pola cubertura dos novos postos creados.

Estes 11 novos postos a cubrir de Xestor/a Comercial, Xestor/a Comercial Mixto ou Xestor/a Comercial Apoderado/a en Galiza estarán ubicados nas oficinas de Vilalba, Viveiro, Burela, Cedeira, Ordes, A Estrada, Monforte de Lemos, Baiona, Verín, Cambados e Pontevedra-Guitierréz Mellado.

Dos varios centos de persoas trasladadas forzosamente no Estado e ducias en Galiza só 83 e 11 persoas, respectivamente, terán a opción a achegarse á súa localidade de orixe. E só a esas 11 oficinas concretas

Isto non vén máis que a ratificar novamente que o ERE asinado no Banco foi ademais de inxusto, inxustificado. Con despedimentos e traslados forzoso sen razón de ser. Por parte da CIG seguiremos a loitar para que estas situacións non volvan a acontecer.

A seguir, o texto literal do acordo que nos foi trasladado

.
Se queremos revisión salarial, hai que moverse

Manifestación por Lugo e concentracións diante das sucursais bancarias

www.cigbbva.gal/2022/06/manifestacion-en-Lugo-reivindicando-subida-salarios.html
PLAN IGUALDADE BBVA


Despois das reunións celebradas en datas de 23 de Maio e de hoxe 28 de Xuño, a fase de Diagnose segue sen pechar.

Na anterior xuntanza da Mesa a Empresa e algún Sindicato estatal quixábanse de perda de tempo. O certo é que non hai avance significativo pola ausencia de traslado da información que pedimos desde a parte sindical en relación á cuestión salarial.

Ao respecto da xuntanza de hoxe, o Banco adiantou o pasado xoves un documento coas conclusións da fase de Diagnose para poñer en común na Mesa.

Por parte da CIG manifestamos que non consideramos que a fase de Diagnose se faga cumprindo a normativa vixente ao respecto, especialmente na parte correspondente a POSTOS DE IGUAL VALOR, REXISTRO RETRIBUTIVO E AUDITORIA SALARIAL.



POSTOS DE IGUAL VALOR

Reclamamos a correspondencia co Organigrama da Empresa que non se facilita até o momento. Só quedou clara a existencia dunha rede de araña de 457 postos na REDE (duns aprox. 500 roles que indica a empresa) e a existencia duns 263 conceptos retributivos. Se non se traslada a información, non podemos chegar a conclusión sobre a fenda salarial. Mais o Banco xa moveu ficha cun novo MAPA DE ROLES e un SISTEMA DE REVISIÓN SALARIAL que, nin foi consensuado, nin foi explicado á Representación Sindical.

Se non coñecemos o Mapa de Roles anterior e descoñecemos o novo, non é posible facer un seguimento.



REXISTRO RETRIBUTIVO e AUDITORÍA SALARIAL

Dende CIG seguimos a reclamar a información correspondente a parte de Variable (CP e CVP) entre outras cuestións para poder pechar a Diagnose, ademais de diversas valoracións do documento aportado. SEN REXISTRO RETRIBUTIVO NIN AUDITORÍA SALARIAL NON PODEMOS TER UNHA DIAGNOSE. Se non se traslada a información, non podemos chegar a conclusión sobre a fenda salarial.


A Empresa considera que as dúas conclusións máis importantes son as da infrarrepresentaciónn feminina na empresa e que, das novas contratacións, quedan fixos máis homes que mulleres.

O Banco considera que está cumprindo a normativa en canto a traslado de información pero vai repensar até que punto nos trasladará o solicitado.

Nova xuntanza da Mesa o próximo 5 de Xullo.
Seguiremos informando

#PlanIgualdade