CIG BBVA
54 subscribers
397 photos
26 videos
10 files
324 links
Sección Sindical da CIG no BBVA
www.cigbbva.gal
Download Telegram
ℹ️ Telegram comezou a integrar mensaxes de publicidade nos canles públicos, como é o caso de CIGBBVA.

As mensaxes publicitarias aparecen coa lenda de «patrocinado»

Subliñar que non dependen de nós, nin decidimos o seu contido nin percibimos ningunha contraprestación por eles.
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
Compañeira/o,

Como sabes, o 18 de marzo celebrarase a Xunta Xeral de Accionistas do BBVA. Novamente interviremos para trasladar ao presidente, conselleiro delegado e demais membros do consello e accionistas o sentir real e as demandas de todas e todos nós. E para iso a delegación dos votos é fundamental.

Envía a túa papeleta de delegación asinada a favor de María Carmen García González (D.I. 34893341-H) á oficina 1420 (O Burgo), entrégalla a calquera outr@ delegad@, ou realiza a delegación a través dos medios electrónicos disponíbeis (App ou Web).

Para que se escoite nitidamente a túa voz na #XXA, sen censuras nin intermediarios, delega o teu voto na CIG

#XXAABBVA #DelegaNaCIG

_DNI (preme enrriba para velo)

34893341H

_Apelido 1 (preme enrriba para. Copiar)

García

_Apelido 2 (preme enrriba para. Copiar)

González

_Nome (preme enrriba para. Copiar)

Carmen

_

• Lembra que si o fas pola App/Web de enviar o resgardo asinado a Carmen García González
A CIG conmemora o 50 aniversario das loitas obreiras do 72 reivindicando a súa plena vixencia cunha gran manifestación nacional en Ferrol

www.cigbbva.gal/2022/03/10M-Dia-da-Clase-Obreira-Galega.html

#Ferrol #Manifestación #10M #DíaClaseObreiraGalega
#8M #DíaInternacionalDaMullerTraballadora #Mobilización

ℹ️ Info

www.cigbbva.gal/2022/03/mulleres-traballadoras-precarizadas-polos-gobernos.html
Vivimos unha situación excepcional que require medidas laborais por parte do Banco

www.cigbbva.gal/2022/03/situacion-excepcional-require-medidas-do-BBVA.html

#sostenibilidade #crise #enerxía #IPC
Recorda MOBILIZACIÓNS POLA PAZ
Participa nas mobilizacións organizadas pola plataforma #GalizaPolaPaz contra a guerra en Ucraína. Evitemos máis perdas de vidas humanas.

Móvete pola negociación e pola paz. Móvete contra a guerra.
Xunta xeral de Accionistas BBVA
Intervención da CIG

www.cigbbva.gal/2022/03/Intervencion-da-CIG-Xunta-xeral-de-accionistas-2022.html
OS PREZOS SOBEN, OS TEUS CARTOS BAIXAN
👉 https://bit.ly/fagamonosValer

A vida está cada día máis cara. Notámolo na compra, nas facturas da luz, na auga e no gas, cando pagamos o aluguer da vivenda, cando imos á gasolineira ou pagamos as peaxes da autoestrada. Todo sobe, agás o noso diñeiro, que mingua.

O salario medio ou a pensión media en Galiza fan imposíbel enfrontar esta situación. A suba de prezos deteriora gravemente as condicións de vida. No entanto, asistimos a beneficios históricos das eléctricas, en conivencia cos poderes e a política centralista.

A suba do salario mínimo é necesario, pero insuficiente. Nin sequera dá para facer fronte á suba do prezo dos alimentos, dos carburantes, da luz ou do gas. Todo sobe, menos os nosos salarios e pensións. Os gobernos deben actuar con firmeza en favor da sociedade á que se deben.

A situación en Galiza é sangrante. Producimos e exportamos enerxía e non sacamos proveito, enriquécense as empresas de fóra.

Temos que facernos valer:
👉 Tarifa Eléctrica galega,
👉 banca pública,
👉 empresa galega de enerxía.

Os partidos fan pinza contra as propostas do BNG. O centralismo oponse. Dixeron NON á derrogación real da reforma laboral do PP, a unha #TarifaEléctricaGalega ou a un novo sistema de financiamento. Non queren trocar o statu quo nin as políticas neoliberais.

#FagámonosValer
📌 BNG vén de convocar manifestación o día 3 de abril para urxir medidas contra a suba dos prezos

Ana Pontón: «É impresentable que Goberno central e Xunta non activen nin unha soa medida; mentres Feixoo fai o de sempre: botar balóns fóra»
Máis info: https://bit.ly/3ueKjcn

Decálogo de medidas urxentes para axudar aos sectores máis afectados da economía galega e ás familias cada día máis empobrecidas.
👉 https://bit.ly/fagamonosValer

É o momento, #FagámonosValer.

Compárteo!
O Telegram gústanos moito porque, a diferenza doutras apps de mensaxería, pódese configurar en galego.

Tan só debes premer aquí para configurar a túa conta de Telegram.

- A Mesa -
CIG BBVA pinned a photo
28 de ABRIL
Xornada reivindicativa
Se soben os prezos, teñen que subir os salarios!

www.cigbbva.gal/2022/04/28-abril-xornada-reivindicativa.html
1º Maio Día Internacional da Clase Obreira
Contra a pobreza, políticas públicas e salarios dignos

www.cigbbva.gal/2022/04/contra-a-pobreza-politicas-publicas-e-salarios-dignos.html
Intensa xornada reivindicativa da CIG–Banca

Manifestación pola Coruña con numerosas concentracións diante das sucursais bancarias

www.cigbbva.gal/2022/05/manifestacion-en-Coruna-reivindicando-subida-salarios.html
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
En galego agora e sempre.
Por un novo futuro para a lingua!

♥️ QUEREMOS GALEGO ♥️

Maniféstate pola lingua!
Este 17 de maio de 2022, volveremos a encher as rúas de Compostela.

O compormiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación da lingua pode mudar. Contamos contigo!

✍️ ASINA O MANIFESTO



Lembra que podes utilizar o #galego no Telegram, premendo nesta ligazón
Nova xornada reivindicativa da CIG–Banca

Manifestación por Ourense e concentracións diante das sucursais bancarias

www.cigbbva.gal/2022/05/manifestacion-en-Ourense-reivindicando-subida-salarios.html
Compañeira/o,

Vimos de ser informadas/os de que, por agora inicialmente, o Plan de Converxencia de Contigo a CSE afectará nesta DT Noroeste á Zona Asturias.

Serán un total de 20 persoas ás que se incorporarán ao novos centros CSE que se establecerán en Oviedo (Covadonga e Mendizábal), afectando ao persoal de Contigo das 7 CBC,s desa Zona Asturias. Persoal ao que o Banco xa lle está comunicando a posibilidade de que VOLUNTARIAMENTE modifiquen as súas condicións laborais pasando de Contigo a CSE a partir do vindeiro mes de xullo.

En todo o Estado, ademáis da DT Centro onde se iniciara anteriormente este Plan de Converxencia (igual que nas DT Catalunya e Este) incorporándose no mes pasado 2 novas zonas e 2 áreas comerciais de Contigo de Catalunya que darán servizo tamén á DT Centro, afectará agora a un total de 173 traballadoras/es:
- Na DT Canarias: 18 traballadoras/es afectadas/os (1 zona, 4 cbc,s) con nova ubicación en Las Palmas
- Na DT Catalunya: 56 traballadoras/es afectadas/os máis (3 zonas, 19 cbc,s)
- Na DT Este: 30 traballadoras/es afectados máis (2 zonas e 11 cbc,s)
- Na DT Noroeste: 20 traballadoras/es afectadas/os (1 zona, 7 cbc,s) con novas ubicacións en Oviedo
- Na DT Norte: 15 traballadoras/es afectadas/os (1 zona, 7 cbc,s) con nova ubicación en Bilbao
- Na DT Sur: 34 traballadoras/afectadas/os (4 zonas, 11 cbc,s) con novas ubicacións en Sevilla e Málaga

Sen dispoñermos de datos exactos, podemos estimar que a partir do mes de xullo formarán parte dos CSE no conxunto do Estado arredor de 1.000 persoas (varios centos inicialmente nas DT Catalunya, Centro e Este + 523 persoas acordo ERE + 173 persoas a incorporar no vindeiro mes de xullo), arredor do 8% do persoal da rede comercial do Banco.

Ante esta clara aposta do Banco polo traspaso de clientela do modelo Contigo ao modelo CSE e a implicación que para o persoal dos Contigo (agora en dependencia CBC) poida ter pasar a formar parte dos CSE (en dependencia Zonas Contigo) queremos lembrar:
- A posíbel adhesión ás condicións CSE será TOTALMENTE VOLUNTARIA, haxa ou non mobilidade xeográfica. No caso de amortización de posto de Contigo implicará a recolocación noutro posto de traballo dentro do radio de 25 kms (convenio colectivo banca).
- Posibilidade de desestimento en calquera momento das condicións de Contigo, sendo recolocado o traballador/a nun centro de traballo con horario continuado no radio dos 25 kms nun prazo máximo de 3 meses.

Ante calquera dúbida ou consulta, contacta con calquera delegada/o da CIG, Telegram ou correo electrónico. Estamos á túa disposición.
Reunión de traballo sobre a Lei de creación da Autoridade Independente de defensa do cliente financeiro

O 2 de xuño a CIG Banca mantivo unha reunión de traballo cos deputados do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego e Ramón Fernández (no Congreso e no Parlamento Galego, respectivamente), ante o impacto do anteproxecto de lei do Ministerio de Asuntos Económicos.

[Seguir lendo]

www.cigbbva.gal/2022/06/xuntanza-de-traballo-lei-autoridade-independente-defensa-clientela.html
ERE, mentiras e novas contratacións

Cando o BBVA puxo en marcha o ERE, o cadro de persoal apoiou as medidas de presión para evitar os despedimentos e os traslados forzosos. Todos e todas sabiamos que nas oficinas faltaba persoal, que se facían (e fan) horas extras non recoñecidas día si e día tamén ou que a sobrecarga de traballo é un grave problema que afecta a nosa saúde.

[Seguir lendo]

www.cigbbva.gal/2022/06/ERE-mentiras-e-novas-contratacions.html