CIG-Autonómica
568 subscribers
112 photos
1 video
29 files
1.35K links
🌐 Todo en https://autonomica.cigadmon.gal
📢 Contactar e recibir información por correo escribe a xunta@cigadmon.gal
📢 Canle Telegram https://t.me/cigautonomica - @CIGAutonomica
📢 Canle WhatsApp https://i.gal/wasapcigaut
Download Telegram
RPT de Emprego e Igualdade. 13/07/2021
Remata a negociación coa Consellaría sen que a Xunta aceptara nengunha alegación agás correccións de erros de trascrición. Unha vez máis, demostran que non ten intención de negociación e só quere cumprir o trámite. http://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/4346
Educación vai negociar si ou si as condicións do persoal itinerante e as ratios do persoal de limpeza e comedor
http://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/4349
TSXG declara ilegal carreira profesional do acordo concertación de Xunta-CCOO-UGT. Acúsannos de que imos deixar de cobrala. Realidade é outra: sentenza anula un “acordo sindical” non anula a “Orde pola que foi convocado o grao extraordinario”.
Estado dos concursos de traslados (corpos xerais, veterinarios/as, finanzas e resto). Facemos un repaso á situación e espectativas dos concursos. Contámosche a información que temos de cada un deles. http://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/4376
Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Incendios (21/07/2021). Dimos conta das grandes eivas de riscos laborais no SPIF. http://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/4373
A Xunta aforra 13 millóns de euros en gastos de persoal coa funcionarización. Que vai facer con eles? Reclamamos a apertura dunha mesa de negociación na que se procure o investimento en beneficio de todo o persoal deses 13 millóns de euros que, ben empregados, poden dar para moito. autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/4350
Carreira profesional: CCOO e UGT difundiron un panfleto no que aseguran que a sentenza gañada pola CIG tumba a carreira profesional. O director de Función Pública xa lles aclarou na Comisión de Persoal 27/07/21 que iso non é certo. Meten medo no corpo http://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/4386
Listas de contratación: disposición transitoria segunda do Decreto 37/2006
Información da Orde que desenvolve a disposición transitoria segunda do Decreto 37/2006, que regula as listas de substitucións. Esta Orde regula as listas como consecuencia dos procesos de funcionarización. http://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/4385
TSXG obriga á Xunta a dar máscaras FFP2 en escolas infantís e centros de maiores. Da a razón á CIG.
A sentenza chega un ano e medio despois do inicio da pandemia e de numerosas denuncias da CIG http://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/4387
Resumo de moitos asuntos e xuntanzas: En vésperas de agosto Función Pública apreta o acelerador con varias mesas de negociación concentradas en tres días (23, 26 e 27 de xullo) con varias RPTs, dúas mesas sectoriais de funcionarios/as, dúas mesas xerais de negociación e unha Comisión de Persoal. En rogos e preguntas tocáronse múltiples asuntos que poden ser do teu interese. http://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/4384
RPT Amtega, Integración EPOSH, funcionarización SPIF e información variada (MX e CP 5 e 6 de agosto) En rogos e preguntas: carreira profesional, procesos selectivos, concursos, adscricións do persoal temporal, plan de igualdade, oficinas agrarias https://i.gal/PsnYh
A CIG esixe a modificación do tribunal de veterinarios/as por falta de paridade. Función Pública incumpre de novo as instruccións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección como xa fixera co tribunal do anterior proceso selectivo de 2018. Desta volta, o incumprimento vén dado pola falta de paridade entre homes e mulleres. https://i.gal/mQDJI
Xunta resístese a regular o traballo no Parque Nacional das Illas Atlánticas. 25 persoas que prestan servizo 365 días ao ano nas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada en loita pola regulación das condicións laborais, nun limbo dende a transferencia no 2008. https://i.gal/idWIx
Listas provisionais para desempeño transitorio de prazas de persoal funcionario e laboral temporal
Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. https://i.gal/5KMMc
Creación a dedo das Unidades de Investigación de Incendios Forestais
Cheira a emprego de medios públicos con interese partidista e esperemos que non usen aos axentes e logo deixen esmorecer as UIFO como fixeron coas brigadas de investigación de incendios forestais pola falta de medios persoais e materiais e pola deriva dos expedientes aos corpos e forzas de seguridade do estado. https://i.gal/T3JqN
Xunta é incapaz de negociar o I Plan de Igualdade de Oportunidades para o seu persoal. Última reunión foi para constituír a Comisión Negociadora o 23 de decembro de 2020. Sen datos, método ou prazo para a diagnose https://i.gal/Rd1fD
Novo episodio do culebrón das adscricións temporais en Medio Rural
Dende a CIG seguimos sen entender por que non se fixo en tempo e forma un concurso de traslados do persoal laboral en troques de estender esta fórmula de adscricións masivas. https://i.gal/v4kZ8
Promoción interna ao corpo auxiliar administrativo (C2): misión imposible
O pasado venres 17 de setembro publicáronse as notas finais da PI de C2 e só foron quen de aprobar 13 persoas de 52 prazas convocadas (39 prazas vacantes, case un 75% do total). Esto debe ser un récord mundial de prazas desertas, e non concorda con un espírito de promoción profesional do persoal público. https://i.gal/TvyYN
A Área Pública da CIG chama a mobilizarse contra o peche da oficina de MUFACE de Santiago
MUFACE ten anunciado o peche da oficina que ten en Santiago o vindeiro 30 de setembro, deixando sen atención directa a todos os mutualistas do sur da provincia da Coruña. Son milleiros de persoas as que veñen sendo atendidas na oficina de Compostela para realizar persoalmente diversos trámites. Por iso a Área Pública da CIG convoca concentracións para os días 21 e 27 de setembro. https://i.gal/ibba2