BNG - Bloque Nacionalista Galego
1.33K subscribers
1.32K photos
159 videos
2 files
1.61K links
Canle oficial do Bloque Nacionalista Galego en Telegram. Para que coñezas o que facemos por Galiza e por ti.
Download Telegram
Ana Pontón: “con Goretti Sanmartín como alcaldesa da capital de Galiza comeza o cambio de ciclo que pide este País
[+ información]

"É moi especial para todas ver a unha muller recoller por primeira vez na historia o bastón de mando de Santiago de Compostela”
Hoxe tomaron posesión do cargo as e os 590 concelleiras e concelleiros do BNG, que abrirán un tempo novo nos gobernos municipais, mais tamén desde a oposición, visibilizando a alternativa do BNG.

Hoxe tamén ampliamos a rede de #ConcellosBNG. Son 32 concellos, aos que o 7 de xullo se incorporarán Corcubión, Mazaricos, Muros e Ribeira.

#ConcelloaConcello estamos construíndo #UnhaNovaGaliza.

Alcaldías do BNG:
👉 https://bit.ly/alcaldiasBNG2023
BNG goberna desde hoxe en 32 concellos á espera de que Corcubión, Ribeira, Muros e Mazaricos formen corporación
[+ información]

Un total de 358.893 galegos e galegas residen en concellos liderados polo Bloque
BNG levará ao Parlamento a transferencia de 35 novas competencias para Galiza tras 14 anos de seca do PP
[+ información]

Ana Pontón denuncia que a falta de impulso do PP fai que Galiza quede atrás e propón abrir un tempo novo deixando atrás “o manual do centralismo”
Máis claro auga, pero aínda hai quen di que a culpa é do BNG.
Ana Pontón: "O BNG este 23X é a garantía da defensa de Galiza e do avance en dereitos e liberdades"
[+ información]

O reto é conseguir un grupo galego forte no Congreso para facer valer os intereses dos galegos e das galegas ante o goberno do Estado
Ana Pontón ten unha mensaxe para ti:

«O 23 de xullo volveremos demostrar que aquí está un BNG imparábel»

📹 https://youtu.be/Cg5ZY_Jz048

#QueGalizaConte #ConMáisForza 💪
Fai a túa achega ao fondo común da campaña #TiPodesParalos, impulsada por ADEGA, para defender o medio ambiente e o rural galego nos tribunais contra o espolio eólico.

Participa!
👉 https://tipodesparalos.helpbysc.com/inicio
Este domingo 25 de xuño participaremos na marcha contra celulosas organizada por Defensa da Ría. Non deixaremos de loitar até ver ría de Pontevedra libre de ENCE.

#ENCEfóraDaRía
ENTREVISTA

Néstor Rego: "Só se consolida un Goberno alternativo se non se fan concesións á dereita"

Ler entrevista
DECÁLOGO DE COMPROMISOS DO BNG
Este é o momento da Galiza. É tempo de que as galegas e galegos teñamos capacidade política para condicionar, en favor dos nosos intereses, un previsíbel escenario sen maiorías absolutas.

Aquí tes o noso decálogo:
👉 https://bit.ly/43PVNng

1️⃣ AP-9 Galega e libre de peaxes.
2️⃣ 200M € para atención á dependencia na Galiza.
3️⃣ Mellora nos transportes públicos e conexións dignas no interior.
4️⃣ Transición enerxética xusta.
5️⃣ Máis medios fronte á violencia machista.
6️⃣ Por unhas vidas dignas.
7️⃣ Defensa dos dereitos e liberdades.
8️⃣ Calendario de transferencia para Galiza.
9️⃣ Incremento do investimento na Galiza até alcanzar os 2.000M € anuais.
🔟 Porto exterior da Coruña libre de débedas.

É o momento!

#QueGalizaConte #ConMáisForza
O sábado 1 de xullo acompáñanos no Encontro Nacional das #Xerais2023, onde presentaremos a candidatura e as principais liñas programáticas que levaremos ao Congreso. Será ás 18h no Auditorio de Galiza en Santiago de Compostela.

#QueGalizaConte #ConMáisForza 💪
Se non vas estar no teu concello o 23, vota por correo! Escoita o que che explica Ana Pontón.
📹 https://youtu.be/bpGLN7CGdcQ

Segue as instrucións:
👉 https://bit.ly/43vVdL6
O sábado 1 de xullo acompáñanos no Encontro Nacional das #Xerais2023, onde presentaremos a candidatura e as principais liñas programáticas que levaremos ao Congreso. Será ás 18h no Auditorio de Galiza en Santiago de Compostela.

#QueGalizaConte #ConMáisForza 💪
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
En 2008, a TVG organizou nas Eleccións Xerais un debate entre os tres líderes galegos para falar dos temas que afectaban a Galiza. Agora, Rueda e o PP néganse ao debate que propuxo Ana Pontón. Tanto medo teñen? #DebateTVG
This media is not supported in your browser
VIEW IN TELEGRAM
Rueda non quere debater, porque preocúpalle que lle pase o mesmo que a Feijóo en 2020; que "leve un repaso" en prime time por parte de Ana Pontón. Por iso non quere o debate que el mesmo propuxo en 2008. 🤷‍♀️
Achegámosche as mobilizacións do Orgullo convocadas polos distintos colectivos LGBT da Galiza previstas para os próximos días.

#Orgullo2023 🌈
Do Estatuto Galego de 1936 ao cambio galego que xa está en marcha hoxe, o nacionalismo galego é quen sempre defende Galiza. Para máis futuro, democracia, benestar e dereitos, queremos decidir nós no noso.

📹 https://youtu.be/uVlzDwalrXc
Fronte a toda discriminación, con orgullo, facemos valer todos os dereitos! #DiaOrgulloLBGTI 🌈

📹 https://youtu.be/-VAPfnBIjh8
Ana Pontón fixa como prioritario defender as infraestruturas que Vigo necesita cun grupo galego forte en Madrid tras o 23X
[+ información]

Pon no centro temas fundamentais para a axenda galega como revitalizar a industria, unha AP-9 libre de peaxes ou a Saída Sur ferroviaria de Vigo