ACÉFALA
402 subscribers
309 photos
6 videos
273 links
Canle pública de Acéfala con novas e actividades da asociación.

Acéfala é un colectivo cultural cun espazo autónomo en Monte Alto (A Coruña)

www.acefala.org

info@acefala.org
Download Telegram
DOMINGO 29: Sesión vermú e xornada de portas abertas ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀
O domingo 29 de Agosto abrimos as portas de Acéfala para que poidades desfrutar e coñecer o espazo. ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀
Estarán pinchando música Willy the Squid e Rompecinturas Selektor, haberá vermú e paella vegana. Dende as 13:00 ata que o corpo aguante! ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀
Non é preciso confirmar asistencia, pero haberá aforo limitado en consonancia coa normativa vixente.
SÁBADO 4 de Setembro: Concerto NÜCA + LEGÍTIMO POLVO

Adianto da programación de Setembro cun novo directo en Acéfala! Desta volta teremos a dous artistxs galegxs.

Por un lado temos a Nüca, un proxecto de live-set instrumental de Pablo Saenz Carballeira. Sintes analóxicos e caixas de ritmos. A súa música oscila entre o ambient, o IDM e o acid-house.


https://instabio.cc/3010317ssqwss

Legítimo Polvo é o novo proxecto de Postpunk electrónico formato one man band de Martín González (Thee Boas, Psychotic Acid Freak, Los Thyssen entre outros...).


https://whitecoastmusic.com/legitimo-polvo/

O aforo será limitado. Reservas a través de reservas@acefala.org
Setembro ven cheo en Acéfala. Imos medrando e mellorando o espazo grazas a axuda de tódolxs socixs visitantes que vos pasades por alí. Grazas!

Recorda que para estar informadx das últimas novas sobre Acéfala podes seguirnos nas nosas redes sociais, así como suscribirte á nosa canle de telegram.

SETEMBRO EN ACÉFALA

>SÁBADO 4: Concerto Nüca + Legítimo Polvo | 19:30h**
>MÉRCORES 8: Clube de lectura | 19:30h*
>SÁBADO 11: Exposición Victoria Lamas + Bigornia Live A/V | 13:00h
>DOMINGO 12: Intercambio de roupa | 13:00h
>MÉRCORES 15: Dragóns e Mazmorras | 18:30h*
>SÁBADO 18: Feirón As Brigantias Roller Derby | 13:00h - 19:00h
>DOMINGO 19: Sesión Delirio V | 19:30h**
>XOVES 23: Sesión de Debuxo | 19h-21h*
>DOMINGO 26: Vermú en Acéfala | 13:00h

*inscrición previa: obradoiros@acefala.org
**inscrición previa : reservas@acefala.org

☀️ + INFO ☀️

Cartaz por Leo Sousa.
ACÉFALA pinned a photo
Seguimos co clube de lectura!!
Esta vez falaremos da lecturas lecturas ‘Las Maravillas’ de Elena Medel e ‘El amante’ de Marguerite Duras.

As xuntanzas son os segundos mércores de cada mes para falar da lectura pasada e decidir a lectura próxima.

*As prazas son moi limitadas posto que nas primeira xuntanzas xa se formou un pequeno grupo. Podes preguntar polo cupo escribindo un correo a obradoiros@acefala.org. Grazas!

Cartaz por @quepasajulia
SÁBADO 11: Exposición VICTORIA LAMAS 13:00h + BIGORNIA Live A/V

Sábado 11 de Setembro
13:00h | De balde
Aforo limitado


Tralo seu paso pola Casa Peixe, esta multidisciplinar equipa presentará un evento que integra unha mistura de diversas artes, en formato de exposición temporal** mais performance audiovisual.

Por un lado está Victoria, unha nómada-trotamundos que atopou a sua mellor ferramenta pra comunicarse co mundo, a pintura. A través da súa obra plasma temáticas cotidianas nun universo psicotrópico libre de estereotipos.

Na outra banda está Bigornia, un proxecto audiovisual que xurde a partir de sintetizadores modulares que, a parte de xerar un ambiente sonoro tamén modifican os vídeos proxectados en tempo real. En resumo, un “live cinema” no que tratamos de revolucionar neste campo coma fixeron os Beastie Boys nos barrios neoiorquinos.
Terémolas en Acéfala, se todo vai ben, o sábado 11 de Setembro. Abriremos as portas ás 13h e haberá música, bebida e comida para desfrutar mentres se visita a exposición de Victoria Lamas.

Non é preciso confirmar asistencia, pero haberá aforo limitado en consonancia coa normativa vixente.

** A exposición de Victoria Lamas poderáse visitar tanto o propio sábado 11 coma o domingo 12 en horario ininterrumpido de 13h a 21h.

Links
Victoria Lamas:
www.victorialamas.com/
Bigornia:
https://youtu.be/qIUXDPs9g2A
DOMINGO 12: INTERCAMBIO DE ROUPA

Primeiro evento de intercambio de roupa en Acéfala! Ven e cambia a camisa que compraches pra sair a aquela disco e nunca máis puxeches, os zapatos que che molaban tantísimo o ano pasado e non volveron pisar chan ou ese cinto que usabas cando che caían os pantalóns e agora xa nin te entran, traeo todo e actualiza o teu armario de balde e da maneira máis sostible. 💚

Domingo 12 a partir das 13:00h en Acéfala!

¿cómo funciona?

-Revisa o armario e escolle a roupa, zapatos ou accesorios que tes sen ver luz natural por meses. Mira que non teñan manchas, roturas e pensa se poderíanlle molar a algúnha das tuas amigas, amigues de amigues, veciñxs, nais, irmáns... e de feito faríache feliz velas vivindo unha nova vida con outra persoa.

-Dalle unha lavada se é precisa e traeo a Acéfala o domingo 12 de setembro. Se tes un saco, podes traelas días previos, contactanos. Anotaremos o número de prendas cas que participas e poderás intercambialas polo que ti queiras.
-Tes algo que arranxar? Molache un tecido dunha prenda que xa non pos e gustaríache transformala en algo novo pero non sabes por onde empezar ou non tes máquina de coser? Tas de sorte! @artz3bra estará con nós para botarche unha man se a precisas e a nosa máquina de coser estará dispoñible pra quen a precise, aproveita!

-Por se fora pouca cousa, haberá pinchada de @lemourh e vermú.

Tamen poderas visitar a obra que Victoria Lamas presenta o día 11 e que estará facendo do noso querido local un lugar ainda máis fermoso.

Non é preciso confirmar asistencia, pero haberá aforo limitado en consonancia coa normativa vixente.

Cartaz feito por Leo Sousa
SÁBADO 18 de Setembro
FEIRÓN AS BRIGANTIAS

As Brigantias Roller Derby estarán en Acefala organizando un feirón con obxetos e roupa que andan a búsqueda dunha segunda vida. Achégate a Acéfala de 13.00h a 19.00h e terás tamén a oportunidade de coñecer mais sobre o Derby de man das propias xogadoras. Non esquezas a oportunidade!
Non é preciso confirmar asistencia, pero haberá aforo limitado en consonancia coa normativa vixente.
Nesta nova Sesión Delirio proxectaremos a Ballroom celebrada en Madrid no ano 2019, festexando o 5º aniversario da escena Ballroom en España “The Ovah Ball V”, rendindo homenaxe a todos os documentais visionados nos anteriores Delirios. Dividida en diferentes categorías tales coma delicia dxs deseñadorxs, bizarrismo, servindo cara, parellas ou desfile vogue feminino.

Degustación de cócteles e DJ Set con Willy The Squid.
XOVES 23: Sesión de Debuxo | 19h*

Este mes voltamos coa Sesión de Debuxo de modelo ao natural en Acéfala.
Terá lugar o Xoves 23 de setembro de 19:00 a 21:00


Algúns meses é complicado conseguir modelo, se estás interesadx en colaborar envía un email a programacion@acefala.org


O prezo é de 5€. Aforo limitado, reserva a túa praza enviando un email a obradoiros@acefala.org

Debuxo do cartaz feito por @leo_sousa_graphic nunha das sesións.
DOMINGO 26: SESIÓN VERMÚ 13:00h

Portas Abertas e Vermú en Acéfala!

O domingo 26 de Setembro abrimos as portas de Acéfala para que poidades desfrutar e coñecer o espazo. Contaremos con varixs DJs, haberá vermú e paella vegana. Desde as 13:00 ata que o corpo aguante!

Non é preciso confirmar asistencia, pero haberá aforo limitado en consonancia coa normativa vixente.
SÁBADO 2: RADIO CONCELLOS 16:00-20:00h

O próximo Sábado 2 de Outubro, dende Acéfala, @concellodecatoira presenta "Radio Concellos", unha retransmisión en directo a través da plataforma twich que misturará programación músical cunha análise teórica do movemento "meme" e da súa evolución na Galiza. Con tal motivo contaremos con importantes figuras do movemento meme tanto a nivel nacional (@universo_gallicia , @memolos_xacobeos ) coma a nivel estatal (@derribosydeconstrucciones ), ademáis dun invitado especial, o profesor de ciencias políticas da USC, Miguel Anxo Bastos, que achegara seu punto de vista sobre as posibilidades desta nova linguaxe dixital.

O evento será a porta pechada. Todo o programa poderá seguirse dende o Twich de Acéfala

🤜 twitch.tv/aacefalaa 🤛
👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾👆🏾

HORARIO:

👉🏾 Ás 16:00 Black Rock Británico: Unha selección musical da nova ola de rock experimental britanico, con bandas coma Black Midi ou Squid.

👉🏾 Ás 17:00 O Meme e a súa evolución na Galiza: Análise teórica e debate en torno a qué é o meme e o seu rol na actualidade en internet. Aparición do "fenómeno concello" e desenvolvemento nova memesfera galega. Neste apartado do directo contaremos coas conexións telemáticas de @derribosydeconstrucciones , @universo_gallicia , @memolos_xacobeos e Miguel Anxo Bastos, que aportarán o seu punto de vista sobre os temas a tratar e axudaran a establecer un debate no que as ointes tamén poderán participar a través de Discord.

👉🏾 Ás 19:00 Música do @concellodecatoira : Sesión musical exclusivamente con temas de artistas referenciados nos memes de conta de @concellodecatoira
Boas!

Chega o outono. Inda que nos últimos meses o peso recaeu en actividades máis trouleiras, non nos esquecemos que parte de esencia do proxecto de Acéfala son os obradoiros. Aquí tes a axenda de Outubro!

>SÁBADO 2: Radio Concellos| 16:00 a 20:00h
>SÁBADO 9: Concerto Palito | 19:30h**
>MÉRCORES 13: Clube de Lectura | 19:30h*
>SÁBADO 16: Concerto Las Cruzes + fotocopia | 19:30h**
>MARTES 19: Sesión de Cine Medioambiente: “CHASING ICE” 19:30*
>XOVES 21: Sesión de Debuxo | 19h-21h*
>DOMINGO 24: PÍLULAS HACKER Cómo protexer os nosos datos | 11:30*
>MÉRCORES 27: OBRADOIRO “UPCYCLING”
>SÁBADO 30: Sesión Delirio Samhaidn | 19:30**
>DOMINGO 31: Sesión Vermú Magosto | 13:00

*inscripción previa: obradoiros@acefala.org
**inscripción previa : reservas@acefala.org

✂️ + INFO ✂️

Cartaz por Leo Sousa.
ACÉFALA pinned a photo
SÁBADO 9 :CONCERTO PALITO 19:30**

Sábado 9 de Outubro
19:30h | 6-10€ doazón artistxs
Aforo limitado
Reserva: reservas@acefala.org


Palito é unha cantautora pontevedresa que comezou nos escenarios a partir do 2006 como baixista en grupos como DobleMorgan, Mr. Magoo ou Linda Guilala. Tivo a Javier Krahe de padriño musical e a Javier López de Guereña de maestro. Desde o 2011 fai actuacións onde presenta as súas cancións entre breves irremediables monólogos e unha discreta guitarra.

https://youtu.be/NEqFL3cPQGU

Palito estará actuando en Acéfala o Sábado 9 de Outubro ás 19:30.
**O aforo será limitado. Reserva a través de reservas@acefala.org