Ceesg #EducaciónSocial
110 subscribers
445 photos
14 videos
6 files
443 links
Canle oficial do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
Download Telegram
🗳️ O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) celebrará as eleccións á súa Xunta de Goberno o sábado 14 de marzo de 2026.

👉 Participa, infórmate e implícate nas decisións de futuro do CEESG!

🔗 Máis info en: ceesg.gal/eleccions2026
A Educación Social está de loito pola perda dun referente, de quen foi un motor da profesión, de alguén imprescindible que fixo da súa profesión un compromiso ético, humano e transformador.

Alberto Fernández de Samanmed Santos deixa unha pegada fonda nas persoas que o coñecimos e na propia Educación Social, que hoxe lamenta a súa perda e agradece o seu legado 🖤
💔4
Moitas grazas polas innumerables mostras de cariño de todos os Colexios profesionais e Educación Social, que están amosando en redes o recoñecemento á súa persoa.
1
🔷 Defensa activa da Educación Social
4º trimestre 2025

Dende o CEESG mantemos o noso compromiso coa defensa e o fortalecemento da profesión, apostando polo seu recoñecemento e unha presenza adecuada. Compartimos as accións máis salientables levadas a cabo neste sentido nas últimas semanas.

👉 Accede á nova completa
-Contido exclusivo para persoas colexiadas- 🔐

https://portelounico.ceesg.gal/es/novas/1968
Recordamos que o día 31 de xaneiro remata o prazo para presentar propostas de contribución ao IX Congreso Estatal de Educación Social, que se celebrará en Cartagena os días 21, 22 e 23 de maio.

Posibilidade de comunicacións en diferentes formatos: poster, comunicación escrita, audio-experiencia ou video-experiencia.

O lema do congreso é: 'La autonomía y la cultura profesional en la acción socioeducativa'

Bases detalladas aquí 👇
https://congresoeducacionsocial.org/9congreso/contribuciones-al-ix-congreso-estatal/
Como se constrúe e se mantén a cultura profesional da Educación Social? Canta autonomía temos na nosa práctica diaria?

O 22 de xaneiro, o CEESC e a UOC organizan a xornada "Cultura profesional e autonomía: reforzando a identidade da Educación Social". Unha xornada que combina debate, reflexión e experiencia profesional.

Será presencial e poderá seguirse en streaming.

Participa e contribúe a fortalecer a identidade da nosa profesión!

info: https://www.ceesc.cat/agenda/ceesc/cgcees-ix-congreso-estatal-jornada-ceesc#CASTELLANO
Este ano, vir á Asemblea Xeral do Ceesg pode levarte ao Congreso Estatal

Entre as persoas participantes (asistentes ou con voto delegado) sortearanse 2 inscricións gratuítas para o IX Congreso Estatal de Educación Social, que se celebrará en maio de 2026, en Cartagena.

Participa na Asemblea.
Participa no sorteo.
Participa no Congreso.

📑 Bases do sorteo en https://portelounico.ceesg.gal/es/novas/1971

#AsembleaCEESG
📗 Xa está dispoñible o E-book “Transferencia para as boas prácticas en Educación Social”, a través do cal podemos coñecer experiencias, reflexións e boas prácticas do ámbito socioeducativo.

Esta publicación recolle as comunicacións presentadas no IV Seminario Internacional de Educación Social celebrado do 26 ao 28 de setembro de 2025 en Lobios, no marco da Convivencia profesional e interuniversitaria de Educación Social do Xurés.

Podes descargala dende a web www.ceesg.gal, sección Publicacións.
Enlace directo: https://ceesg.gal/wp-content/uploads/2026/01/EBOOK_DEFINITIVO.pdf

👉 Aproveitamos para animarvos a gardar na axenda os días 25, 26 e 27 de setembro de 2026, cando celebraremos a próxima edición da convivencia Xurés, con máis contidos e intercambio profesional.

#educaciónsocialgal #xures2026
Hoxe celebramos 25 anos do Colexio de Educación Social de Galicia
Un cuarto de século construíndo profesión, presenza e compromiso coa Educación Social en Galicia.

Neste día tan especial, lembramos inevitablemente, con gratitude e emoción, a Alberto Fernández-Sanmamed, o primeiro presidente do Colexio, quen foi motor fundamental na súa creación e quen puxo os alicerces dunha institución que hoxe continúa poñendo en valor a nosa profesión. Recentemente despedímonos del, pero o seu legado permanece.

Celebramos o camiño percorrido, mirando cara o pasado con orgullo e cara o futuro con determinación, conscientes dos retos que temos por diante e dispostas a afrontalos co compromiso e profesionalidade que nos define.
4
🏆 Estes son os traballos premiados no 12º Concurso TFG.eduso.

Parabéns ás autoras polo bo traballo, e moitas grazas a todas as participantes.

#EducaciónSocialGal
👉 Se traballas como Educador/a social nun servizo de Educación e Apoio Familiar de Galicia, dende o CEESG convidámoste a formar parte dun proxecto colaborativo e grupal de supervisión e coordinación no que compartir coñecemento e xerar un espazo seguro de acompañamento.

Toda a info en www.ceesg.gal
👏1
Coñeces #PedagoxíasDoIncómodo?

Un espazo sonoro que nos interpela como profesionais da acción socioeducativa e como parte da comunidade educativa galega.

“Pedagoxías do incómodo. Voces de cristal e resistencia” é un podcast creado por estudantes de Educación Social da Universidade da Coruña, no que se amplifican voces e realidades que supoñen retos para a xustiza social e a transformación colectiva.
👉 A través de conversas, testemuños e análise crítica, trátanse temas como:
📌 Pobreza e desigualdades en familias monomarentais
📌 Vulneración de dereitos en distintos colectivos
📌 Migración e acceso á vivenda digna
📌 O papel da Educación Social como práctica de resistencia e cambio
… desde unha mirada comprometida.

Este proxecto desenvólvese en colaboración co CEESG.

🎧 Non perdas os episodios! Escoita, reflexiona e comparte.

https://www.ivoox.com/podcast-pedagoxias-do-incomodo_sq_f12574808_2.html
2
Os sindicatos CIG-Ensino, CCOO, UGT, USO, CUT e SNEP acordan intensificar as mobilizacións nos sectores de Discapacidade, Menores e Infantil 0-3 polo silencio da Consellería de Política Social e a actitude pasiva das patronais. Denuncian a precariedade laboral e o abandono de servizos esenciais, e anuncian un “febreiro negro” con protestas nas rúas e nos centros de traballo para forzar negociacións.

Hoxe 3 de febreiro realizarase unha caravana reivindicativa rodeando San Caetano e haberá concentracións todos os mércores, xunto cunha campaña de concienciación mediante vídeos.
📌 A importancia dunha correcta definición das prazas públicas

É fundamental que as convocatorias de emprego conten cunha denominación clara dos postos e unha definición precisa dos requisitos de titulación.
Unha redacción ambigua ou pouco concreta pode xerar interpretacións contraditorias, expectativas lexítimas nas persoas aspirantes e, finalmente, situacións de exclusión que supoñen prexuízos innecesarios.

👉 O último exemplo témolo coas bases da praza de Técnico/a de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, nas que o requisito de titulación se formula de maneira imprecisa, ao facer referencia a titulacións equivalentes da rama de ciencias sociais ou xurídicas sen unha delimitación expresa das mesmas, o que deu lugar a interpretacións dispares e confusión entre as persoas aspirantes.

A claridade nas bases garante a seguridade xurídica e reforza os principios de igualdade, transparencia, mérito e capacidade no acceso ao emprego público, evitando confusións e agravios comparativos.

📑 O CEESG xa tiña recurrido este posto en relación ás titulacións de acceso en convocatorias anteriores. Na actual, á vista da confusión xerada, solicitamos á Deputación da Coruña que clarifique de xeito inequívoco cales son as titulacións admitidas no proceso selectivo e que tome medidas para evitar este tipo de confusións.

https://dacoruna.convoca.online/processDetail.html?id=8e303e6d-005b-4327-c075-08de1d0ba053&type=0
Este 2026, participar na Asemblea é tamén investir na túa formación. Poderás participar nun curso sobre TEA, pensado para ofrecer ferramentas útiles e aplicables á práctica profesional.

O curso «Falemos de Autismo desde o paradigma da neurodiversidade» parte dun enfoque participativo e práctico, combinando exemplos reais, dinámicas interactivas e espazos de intercambio de experiencias.

Impartida por Noemí Noya Barrio, educadora social especialista en neurodiversidade, con ampla experiencia en acompañamento e recursos educativos para o autismo.

Desde o CEESG apostamos por asembleas vivas, que vaian máis alá do encontro formal e propicien tamén en espazos de aprendizaxe, encontro e recoñecemento profesional. E, como outros anos, a Asemblea non acolle unha soa proposta: haberá máis contidos e espazos pensados para este encontro, que iremos compartindo pouco a pouco 😉

Detalles e inscrición aquí 👇
https://ceesg.gal/formacion_tea/

#asembleaceesg #formacionceesg