Eva Solla Fernández
71 subscribers
790 photos
61 videos
6 files
732 links
Comité Central PCE.
Feminista.Enfermeira.
Download Telegram
Veño de reunirme co alcalde e con representantes dos grupos municipais de Cuntis.
Demandan xa o mínimo esixible: que a Xunta cubra as baixas e permisos do persoal médico do seu centro de saúde.
O abandono da atención primaria en Galicia é total.
Como fixemos con outros concellos, levaremos este asunto á Comisión de Sanidade.
Fai uns días RadioVoz entrevistábame para coñecer a nosa opinión sobre os terribles efectos para a saúde e o mediombiente do lindano que ameaza á veciñanza de Porriño.
http://esquerdaunida.org/eva-solla-fala-sobre-os-efectos-do-lindano-en-radio-voz/
Onte o Partido Comunista de España celebramos o noso XX Congreso. No marco dun relevante debate interno no que o noso partido recupera, entre moitas outras cousas, o seu Comité Central; discutimos a posición perante a situación política en España e a nivel internacional.
Neste novo período que entra terei a responsabilidade unha vez máis de pertencer ao máximo órgano do PCE.
Forwarded from En Marea
🗣 Bo día! mentres se reanuda o pleno do Parlamento de Galicia, seguide a intervención de Eva Solla denunciando o abandono que a Xunta de Galicia fai en Porriño coa contaminación por lindano, un cancerixeno tipo 1

👉A Xunta non sabe que facer co lindano
👉Non informa ás veciñas
👉Non informou ás sanitarias en como atender as afeccións por lindano

https://youtu.be/nvl2_FpW3pQ
Bo día dende o Sáhara! Esta mañá estivemos visitando a "Asociación de Familiares de Presos y Desaparecidos Saharauis" onde poidemos escoitar os testimonios que denuncian as décadas de impunidade ante os asasinatos e desaparicións que incluén a existencia de centenas de persoas enterradas en fosas comúns.
Visitamos despois o Museo da Resistencia con decenas de pezas de artillería, fusís, minas antipersoa e tanquetas de orixe países OTAN incautados ás forzas ocupantes marroquinas.
Posteriormente entrevistámonos co Secretario Xeral do Ministerio de Información que nos acompañou ata as dependencias da RASD TV.
Esta tarde seguimos co traballo da delegación galega nos campamentos saharauis.
Visitamos a "Media Luna Roja" onde nos trasladaron a crúa realidade de carencias nutricionais e dificultades de acceso á auga de grande parte da poboación saharaui.
Estas circunstancias vense agravadas polo recorte nas partidas dos países da UE adicadas a solidaridade, poñendo en evidencia que esta é só un parche se non existe unha solución política que permita ao pobo do Sahara voltar á súa terra.

Esta tarde tamén tivemos a inmensa sorte de conversar con Suelma Beiruk, vicepresidenta do Parlamento Africano, coa que tratamos o imprescindible papel das mulleres saharauis dende o 75 ata os nosos días.
Seguimos co traballo dende o #Sáhara nos campamentos de #Tinduf
Esta mañá visitamos o Parlamento Saharaui en Tifariti . Puidemos asistir a unha das súas sesións e posteriormente a nosa delegación foi recibida polo Presidente do Parlamento, Jatri Adduh .
Durante a tarde visitamos a Casa Sanitaria de Galicia e o Hospital de Bojador que durante estes días ten recibido a visita e traballo solidario de persoal médico e enfermeiro provinte de varios puntos de España.
Hoxe houbo oportunidade de seguir coñecendo o Sahara.
Pola mañá estivemos no featival cultural de Bojador.
Despois voltamos á nosa casa de acollida, onde mantivemos unha xuntanza co Presidente do Parlamento Jatri Adduh.
Al mediodía estivemos visitando a distintas familias saharauis.

Pola tarde desplazámonos á apertura do IX Congreso do UJSARIO, xuventude do Frentre Polisario onde interviron, entre outros Brahim Gali, presidente da RASD e onde o UJSARIO escollerá á súa novs dirección.