Eva Solla Fernández
71 subscribers
790 photos
61 videos
6 files
732 links
Comité Central PCE.
Feminista.Enfermeira.
Download Telegram
Forwarded from Esquerda Unida
📌 Eva Solla mantivo esta tarde unha xuntanza coa Marea de Pontevedra para falar sobre os Orzamentos da Xunta de Galicia para 2018 e como afectan á veciñanza de Pontevedra e as súas necesidades. https://goo.gl/AoaSQ2

✊️Hoxe celebramos o 107 aniversario do nacemento de #MiguelHernandez, Poeta do Pobo. Sempre lembraremos a súa pinga de pura valentía fronte a un océano covarde! https://goo.gl/JmSzQY
Fai unhas semanas preguntaba novamente á Xunta polos datos das listas de espera "non estructural".
Aqueles onde figuran as persoas que se negaron a ir a unha privada ou que agardan por segundas e sucesivas consultas de especialidade (as listas oficiais só contan a primeira consulta).
Cinco anos levo xa solicitando sen éxito estes datos, o que constitúe unha opacidade absoluta do Executivo.
O incumprimento dos tempos máximos de espera, os traslados á privada e a non cobertura dos permisos do persoal público constitúen o marco xeral da nosa sanidade.
Hoxe estivemos en Pontecaldelas visitando as zonas queimadas. 6 núcleos de poboación desaloxados. Campos, fincas, tractores e dúas casas calcinadas.
E a Xunta non se encarga aínda a estas alturas nin de dispor palla nos montes....
Fai algunhas semanas preguntei á Xunta pola situación de deterioro da residencia de maiores de Caranza en Ferrol. Tres anos dúas prantas pechadas para realizar obras, mentres siguen engordando as residencias privadas.
O deterioro do edificio avanza, pero a Xunta non pon nin un céntimo para reparalo nos orzamentos de 2018!!!
Aquí vos deixo a miña intervención fai unhas semanas preguntando por esta situación:
https://youtu.be/Dtu7cAnpb4k
Forwarded from Esquerda Unida
📌Unha delegación de Esquerda Unida, encabezada pola coordinadora nacional, Eva Solla, vén de reunirse en Vigo con Sogaps e a Delegación Saharauí de Galicia. Un dos obxectivos é esixir un compromiso firme, dende a Xunta e os concellos, co Programa Vacacións en Paz. Máis en: https://goo.gl/wVvNUy

🌱Rubén Pérez participa nas Xornadas sobre o cumprimento da Directiva Marco da Auga, en Bruxelas. https://goo.gl/U5wg7k

⚾️ A concelleira de Mocidade e Deportes, Noa Morales, e o presidente da Federación Galega de Squash, Carlos Noya, presentaron a campaña “Coñece o Squash”. Ler máis en: https://goo.gl/KriU2m
Fai 100 anos tal día coma hoxe rompíanse as cadeas, nacía un mundo novo. Tal día coma hoxe campesiños e obreiros loitaban e vencían xuntos polo pan, o traballo e a liberdade.
Feliz aniversario da revolución rusa!
✊🏼


O TODOS O NINGUNO
(Bertolt Brecht)

Esclavo, ¿quién te liberará?
Los que están en la sima más honda
te verán, compañero,
tus gritos oirán.
Los esclavos te liberarán.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Uno sólo no puede salvarse.
O los fusiles o las cadenas.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Hambriento, ¿quién te alimentará?
Si tú quieres pan, ven con nosotros,
los que no lo tenemos.
Déjanos enseñarte el camino.
Los hambrientos te alimentarán.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Uno sólo no puede salvarse.
O los fusiles o las cadenas.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Vencido, ¿quién te puede vengar?
Tú que padeces heridas,
únete a los heridos.
Nosotros, compañero, aunque débiles,
nosotros te podemos vengar.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Uno sólo no puede salvarse.
O los fusiles o las cadenas.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Hombre perdido, ¿quién se arriesgará?
Aquel que ya no pueda soportar
su miseria, que se una a los que luchan
porque su día sea el de hoy
y no algún día que ha de llegar.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Uno sólo no puede salvarse.
O los fusiles o las cadenas.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Hoxe mesmo rexistramos dende o grupo parlamentar de En Marea as nosas emendas á totalidade dos orzamentos da Xunta para o ano 2018.
En materia sanitaria, o incremento de partidas adicadas aos concertos privados, a non execución das partidas de infraestructuras e a ausencia de incremento de persoal público son os piares que nos fan rexeitalos.
Se queredes saber que outras cousas consideramos non son atendidas nos orzamentos, déixovos aquí a miña intervención na comparecencia do Conselleiro de Sanidade.
Esta semana preguntei no pleno polas obras de reforma e reparación para o centro de saúde de Mugardos que levamos solicitando dende 2013.
A Consellería comprométese agora, despois de moito insistir, en facelas parcialmente.
Aquí está a miña pregunta e a resposta do Conselleiro.
https://youtu.be/2DrxOkhGbQE
Hoxe botamos a andar en Esquerda Unida o novo traballo das Responsabilidades de Comunicación e Estratexias para o Conflito.
Moi orgullosa das compañeiras e compañeiros que avanzan por unha EU máis fortalecida!
Onte as deputadas de En Marea estivemos no Porriño escoitando as demandas dos concellos da zona interior da comarca de Vigo (Porriño, Salceda, Mos, Ponteareas).
Quedan uns días para o debate de totalidade dos orzamentos.
Seguimos!!