Convocatorias Galiza
789 subscribers
6.52K photos
1 video
184 links
Únete para estar ao día de asembleas, concentracións, manifestacións, palestras, etc. en Galiza.

Contacto para informar de convocatorias: @frvgz

Tamén estamos no Twitter, Mastodon, Facebook e Instagram.
Download Telegram
Boa noite! Hai un par de días enviamos unha convocatoria polas pensións en Santiago de Compostela para o “mércores” 24 de xuño. Eliminámola, foi un erro. Malia que está circulando nas redes sociais, a convocatoria é do ano pasado.

* * * * * * * * * * * *

E aproveitamos a ocasión para comunicar que, dada a mellora na situación sanitaria por COVID-19, este é o último mes no que difundimos eventos virtuais. De agora en diante publicaremos exclusivamente convocatorias presenciais, igual ca antes de pandemia.

E máis nada. Coma sempre, todo o que compartades a canle cos vosos contactos, grupos, colectivos ou círculos de militancia para que máis xente saiba da súa existencia agradecémolo un mundo ❤️